Severiano Casalderrey

@sr_spinalzo

Film Critic: @cinema_nas_ondas | @temposdixital 🎬 Film Academic: @academiadecine | @premiosferoz | @academiagalegaa 🎞️ Film Festival Curator📽️ Teaching🎹
Followers
1,277
Following
1,393
Account Insight
Score
26.48%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
1:1
Weeks posts
✍️ 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐨𝐬 𝐍𝐨𝐯𝐨𝐬 #𝟑𝟒𝟖 (𝐦𝐚𝐢𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟔) | 𝑶 𝑰𝑽 𝑪𝒐𝒏𝒆𝒄𝒕𝒂 𝑳𝒂𝒃: 𝒄𝒓𝒆𝒂𝒏𝒅𝒐 𝒄𝒊𝒏𝒆𝒎𝒂 𝒅𝒆𝒏𝒅𝒆 𝒐 𝒑𝒂𝒓𝒂𝒊́𝒔𝒐 [crónica] Despois dun par de meses caladiño, volvo a revista 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐨𝐬 𝐍𝐨𝐯𝐨𝐬 cun novo escrito dunha relevancia destacada por varios motivos. O centro de atención é o 𝐂𝐨𝐧𝐞𝐜𝐭𝐚 𝐋𝐚𝐛, o laboratorio de cinema que organiza 𝗖𝗥𝗘𝗔, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización. Debo confesar que vivir a experiencia foi xenial, tanto por coñecer de primeira man o traballo realizado neste encontro, como por compartir vivencias nun lugar único como é a illa de San Simón. Todos estes aspectos forman parte do meu texto, mais aínda existe un elemento máis polo que todo o mundo debe achegarse a el: elaboro unha análise profunda sobre a realidade dos 𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗶𝗻𝗲𝗺𝗮 en Galicia e o seu futuro incerto. Así, hai parte de crónica, a que corresponde directamente ao Conecta Lab; e hai parte de artigo de investigación, a que funciona como radiografía dos laboratorios na súa colectividade. É moi posible que sexa unha realidade nova para moitos, mais considero que cómpre dala a coñecer, especialmente neste momento de incertidume. Coma sempre, aquí só atoparedes o arranque do mesmo, polo que non dubidedes consultar o artigo completo na propia revista ou ben na web de 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐨𝐬 𝐃𝐢𝐱𝐢𝐭𝐚𝐥 en calidade de subscriptores. Para a mención bibliográfica, estamos no número 348 (maio, 2026, pp. 72-75). Máis ca nunca, será fantástico coñecer os vosos comentarios ao respecto 🗣️ @temposdixital @galiciacrea @industriasculturais
12 0
5 days ago
Esta é a magnífica instantánea que deixou o encontro de onte en Marín, onde foi presentado o xurado da V edición do 𝐌𝐀𝐂 𝐌𝐀𝐑𝐈́𝐍. Dende logo, é toda unha honra facer parte deste xurado, o 25º da miña traxectoria, no que ademais acompaño a dúas figuras tan relevantes como Adolfo Caamaño e Uxía Blanco. Moitas grazas a Dani e o resto de compañeiros do MACM por esta oportunidade. Vémonos por Marín 🌊 @_macmarin_ @antelodani
16 0
7 days ago
Hoxe, presentación en Marín do xurado do próximo MAC Marín. Obrigado. @_macmarin_ @abailonagastrobar @uxia.blanco_actriz
3 0
8 days ago
Aquí vai este vídeo que mostra un dos momentos máis emocionantes do recital do martes, no que 𝗙𝗲𝗹𝗶𝗽𝗲 𝗝𝗮𝗿 demostrou as súas habilidades ao fagot, secundado por un servidor ao piano. Concretamente, este fragmento recolle todo o primeiro movemento da 𝑺𝒐𝒏𝒂𝒕𝒂 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒇𝒂𝒈𝒐𝒕 (1938) do compositor alemán 𝗣𝗮𝘂𝗹 𝗛𝗶𝗻𝗱𝗲𝗺𝗶𝘁𝗵. Coido que o recital estivo caracterizado por unha certa maxia, algo que non sempre se logra e se sente cando se sube a un escenario. Son estas experiencias as que quedan para o recordo. Moitos parabéns a Felipe por este recital de graduación. Agardo que vos guste a todos 🎶 @cmuslalin #Curso2025_2026 @bandademusicadesilleda
36 1
9 days ago
🎞️ 𝐏𝐥𝐚𝐲-𝐃𝐨𝐜 𝟐𝟎𝟐𝟔 (Tui, 22ª ed.) [mini-crónica] Hai xusto unha semana arrancaba o 𝐏𝐥𝐚𝐲-𝐃𝐨𝐜 (Tui), a cita máis importante de Galicia enfocada a pór en valor o rico e variado campo do documental. Este ano acometeu a súa 22ª edición, tan cheo de vida coma sempre. Acudir á chamada do festival tudense é case obriga. Aí estivemos durante toda a parte final do mesmo, na fin de semana, gozando de moitos grandes momentos, tendo en conta que se fixo imposible atender a toda a programación. Entre os destaques, é ben coñecida a importancia que os organizadores conceden ás retrospectivas. Este ano tivemos a dous grandes nomes propios: 𝐄𝐝𝐮𝐚𝐫𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐮𝐭𝐢𝐧𝐡𝐨 e 𝐕𝐢𝐨𝐥𝐚 𝐒𝐭𝐞𝐩𝐡𝐚𝐧, aos que habería que sumar dous novos homenaxeados noutras seccións próximas en intención, como foron 𝐌𝐚𝐮𝐫𝐞𝐞𝐧 𝐅𝐚𝐳𝐞𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 ―en 𝗖𝗶𝗻𝗲𝗮𝘀𝘁𝗮 𝗲𝗻 𝗳𝗼𝗰𝗼, para recoñecer aqueles talentos máis actuais― e 𝐑𝐚𝐟𝐚𝐞𝐥 𝐋𝐮𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐞𝐧𝐚 ―en 𝗦𝗼𝗺𝗯𝗿𝗮𝘀, o espazo para rememorar os pioneiros do cinema galego―. Foron pois catro novas personalidades que amplían o arquivo de mestres recoñecidos en Tui. Polo demais, tivemos moitas actividades paralelas, dende encontros de industria (Conversa CREA, Coming Soon…) até o laboratorio Ventura; deslumbrou unha vez máis a aposta proposta polo 𝗖𝗶𝗻𝗲𝗺𝗮 𝗽𝗲𝗿𝗰𝗼𝗿𝗿𝗶𝗱𝗼𝘀, con Xisela Franco á fronte; pero tamén resaltou a selección a competición, perfectamente equilibrada entre a Internacional e Galicia. Dende logo, a cousa estivo moi complicada para o xurado neste último marco, xa que había grandes apostas merecedoras do premio principal. Finalmente, este recaeu 𝘦𝘹-𝘢𝘦𝘲𝘶𝘰 para 𝑪𝒓𝒊́𝒂𝒔 (2026) de 𝐗𝐢𝐚𝐧𝐚 𝐝𝐨 𝐓𝐞𝐢𝐱𝐞𝐢𝐫𝐨 e 𝑭𝒖𝒓𝒂𝒅𝒂 𝒏𝒆𝒈𝒓𝒂 (2025) de 𝐁𝐞𝐫𝐢𝐨 𝐌𝐨𝐥𝐢𝐧𝐚. En resumo, non asistir ao Play-Doc é sempre o maior erro que se pode cometer no que respecta ao calendario de festivais de cinema galegos. Por iso, aí estaremos para vivilo o próximo ano. A pola vinte e tres 💪 @playdocfest 📸 persoais | @tamara___delafuente | @pablonunesphoto
42 1
11 days ago
Onte, mércores, poñiamos fin ao ciclo 𝐀 𝐥𝐢𝐧𝐠𝐮𝐚 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐧𝐨 𝐜𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚, que afrontou a súa terceira edición con grande éxito de público. Unha vez máis, fun o encargado de moderar o coloquio deste pase final, o dedicado ás curtametraxes. Nesta ocasión, os asistentes coñeceron cinco novos títulos representativos do noso territorio, marcados todos eles pola importancia da memoria como fío condutor. Existía pois unha coherencia temática moi interesante entre todos estes traballos, se ben todos eles o facían dende ópticas totalmente diferentes, e incluso dende distintos formatos, coma a ficción, o documental e a animación. En canto á presenza dos directores e directoras, foi igualmente moi enriquecedora, especialmente pola conversa que se xerou con todos eles. Unha mágoa non poder contar con 𝗕𝗲𝗮 𝗟𝗲𝗺𝗮, directora de 𝙊 𝙘𝙤𝙧𝙥𝙤 𝙙𝙚 𝘾𝙧𝙞𝙨𝙩𝙤 (2025), cuxa ausencia se fixo notar tendo en conta o notable interese que o público mostrou polo seu traballo tras a sesión. Por sorte, estiveron connosco 𝗫𝗮𝗶𝗺𝗲 𝗠𝗶𝗿𝗮𝗻𝗱𝗮 —𝙃𝙞𝙥𝙥𝙤𝙘𝙖𝙢𝙥𝙪𝙨 (2025)—, 𝗙𝗿𝗮𝗻 𝗥𝗼𝗱𝗿í𝗴𝘂𝗲𝘇 𝗖𝗮𝘀𝗮𝗹 —𝙋𝙖𝙩𝙞𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙡𝙪𝙯 (2024)—, 𝗡𝘂𝗿𝗶𝗮 𝗩𝗶𝗹𝗮́𝗻 —𝘿𝙚𝙡𝙞𝙣𝙘𝙪𝙚𝙣𝙩𝙚 (2024)— e 𝗙𝗲𝗿𝗻𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗧𝗮𝘁𝗼 —𝘼𝙙𝙚𝙪𝙨, 𝘽𝙚𝙧𝙩𝙖 (2025)—. A charla permitiu que os asistentes coñecesen máis a fondo as motivacións dos seus respectivos traballos e a forma de abordarlos: dende a concepción da trama no caso de Miranda, ata o traballo coa lingua e co acento na proposta de Tato. Sen dúbida, unha oportunidade única que este ciclo fai posible para Vigo. Así, reitero o meu agradecemento a 𝗦𝗶𝗺𝗼𝗻𝗲 𝗦𝗮𝗶𝗯𝗲𝗻𝗲, coordinador do ciclo, por contar comigo unha edición máis para organizar a parte correspondente ás curtas; e tamén a 𝗦𝘂𝘀𝗮𝗻𝗮 𝗥𝗲𝗯𝗼𝗿𝗲𝗱𝗮, que o fai posible como vicereitora da UVigo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Suman xa tres edicións que confirman que este ciclo ten un oco moi merecido no panorama cultural da cidade de Vigo. Que nos vexamos en moitas edicións máis 🤗 @universidadedevigo @anl.uvigo @deputacionpontevedra @simone_saibene @xaime.miranda @franrodriguezcasal @vil.nuria @fernandotato14
53 0
17 days ago
Mañá remata unha nova edición, a 3ª xa, do ciclo 𝐀 𝐥𝐢𝐧𝐠𝐮𝐚 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐧𝐨 𝐜𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚, en Vigo. Tendes unha cita ineludible con esta última sesión, na que seguimos visibilizando as curtametraxes máis representativas do cinema galego actual. Coma de costume, será no Edificio Cambón (Rúa da Oliva, 3), ás 19:00. Vémonos polo casco vello de Vigo!! @universidadedevigo @anl.uvigo @deputacionpontevedra @simone_saibene #noveolasproducciones @xaime.miranda @franrodriguezcasal @bea.lema @adxmgzs @vil.nuria @fernandotato14
40 1
19 days ago
🎬 𝑵𝒐𝒖𝒗𝒆𝒍𝒍𝒆 𝑽𝒂𝒈𝒖𝒆 | 𝐌𝐞𝐬𝐚 𝐫𝐞𝐝𝐨𝐧𝐝𝐚 (Café Uf, Vigo) Pocas cosas hay tan estimulantes como sentarse a hablar de cine con aquellos que lo aman. Y eso fue exactamente lo que ocurrió ayer en una mesa redonda, en la que tuve el placer de participar en mi faceta de crítico y programador de cine. El pretexto: 𝑵𝒐𝒖𝒗𝒆𝒍𝒍𝒆 𝑽𝒂𝒈𝒖𝒆 (2025), la película de Richard Linklater. Este original homenaje se convirtió en la excusa perfecta para viajar hasta finales de los años 50 y principios de los 60, con la idea de revisitar uno de los movimientos cinematográficos más revolucionarios de la historia del cine. En el ojo del huracán, no podía faltar Godard y compañeros suyos como Truffaut, Chabrol, Rohmer, Rivette…, nombres que cambiaron para siempre la manera de entender el cine y que, décadas después, siguen siendo una referencia ineludible para cualquiera que quiera entender el lenguaje de la pantalla. Lo bonito de este tipo de encuentros es que el debate fluye solo. Linklater, con su mirada siempre libre y curiosa, hace un homenaje tan sentido como inteligente a aquella generación de cineastas que transgredieron todas las reglas. Y hablar de eso, ponerlo en contexto, conectar pasado y presente… es de los regalos que te da este oficio. Vaya mi agradecimiento a Iago, responsable de la actividad, así como a Joel y a Gala por acompañarme en esta conversación tan interesante. Igualmente, quiero enviar también mis felicitaciones al 𝗖𝗮𝗳𝗲́ 𝗨𝗳, fundamental por crear espacios donde el cine se piensa, se comparte y se celebra. Por muchos más encuentros de este tipo 🙏🎞️ @iago_ssesto @jowy546 @cafeufnegrasombra
39 11
20 days ago
🎻 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 𝐑𝐄𝐒𝐈𝐒 | 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐢𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐢𝐧𝐚𝐮𝐠𝐮𝐫𝐚𝐥 (IX edición) [crítica] El pasado jueves vivimos el concierto inaugural de la IX edición del 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 𝐑𝐄𝐒𝐈𝐒, la cita imprescindible con la música contemporánea de A Coruña. Como es habitual, 𝗛𝘂𝗴𝗼 𝗚𝗼́𝗺𝗲𝘇-𝗖𝗵𝗮𝗼, su director artístico, presentó la edición de este año, cuyas palabras sirvieron de antesala al programa que vino a continuación, tejido como un diálogo entre la tradición más antigua y las búsquedas sonoras del presente. La música de 𝗗𝗶𝗲𝘁𝗿𝗶𝗰𝗵 𝗕𝘂𝘅𝘁𝗲𝗵𝘂𝗱𝗲, conectada con el Barroco medio, sirvió de esqueleto a la propuesta, existiendo un interesante contrapunto entre sus principios estilísticos y los nuevos lenguajes contemporáneos que se intercalaron a lo largo del concierto. Además de dos piezas corales de 𝗗𝗮𝘃𝗶𝗱 𝗔𝘇𝘂𝗿𝘇𝗮 y del esperado estreno absoluto de 𝑯𝒂𝒆𝒓𝒆𝒊𝒔 (2026), obra poliestilística de la compositora gallega 𝗖𝗮𝗿𝗺𝗲 𝗥𝗼𝗱𝗿í𝗴𝘂𝗲𝘇, el clímax de la noche perteneció al compositor homenajeado, 𝗠𝗼𝗿𝘁𝗼𝗻 𝗙𝗲𝗹𝗱𝗺𝗮𝗻, de quien se celebra este año su centenario. 𝑹𝒐𝒕𝒉𝒌𝒐 𝑪𝒉𝒂𝒑𝒆𝒍 (1971) convirtió el Teatro Rosalía de Castro en una particular capilla laica, gracias también a la puesta en escena ideada por Gómez-Chao y ejecutada por 𝗟𝗮𝘂𝗿𝗮 𝗥. 𝗜𝘁𝘂𝗿𝗿𝗮𝗹𝗱𝗲, consistente en un juego de iluminación y efectos de humo que generaron por momentos una dimensión casi litúrgica. Salvo algunos problemas puntuales en las cuerdas, asistimos a grandes momentos interpretativos a lo largo de todo el concierto, especialmente los ejecutados por la voz de la soprano Irene Fraile, la precisión de Noè Rodrigo en la percusión y las del conjunto barroco Gallaecia Ensemble Barroco, muy acertado en sus decisiones historicistas. El notable éxito de público —tratándose de un repertorio alejado del canon— confirma que RESIS se consolida edición tras edición. El festival continuará hasta el 30 de mayo en A Coruña y otras localidades. Acercarse en directo a estas músicas es un lujo que nadie debe desaprovechar. 📸 (1, 3, 5, 8, 10, 11): @xurxo_gomez_chao @resisfestival @hugo.gomezchao @iirenefs @noerodrigogisbert
26 4
21 days ago
As grandes visitas precisan do seu propio espazo e, dende logo, a realizada á Illa de San Simón entra dentro desa categoría con maiúsculas. Para dar constancia diso, aquí vai este “fotobook” coas mellores instantáneas que realicei durante os días que estiven no 𝐂𝐨𝐧𝐞𝐜𝐭𝐚 𝐋𝐚𝐛. Unha vez máis, grazas mil a 𝗖𝗿𝗲𝗮 por permitirme vivir a experiencia. Ogallá poidamos repetila no futuro en máis dunha ocasión 🙏🏼
24 1
23 days ago
🌊 𝐈𝐕 𝐂𝐨𝐧𝐞𝐜𝐭𝐚 𝐋𝐚𝐛 (illa de San Simón) [crónica] Hai experiencias difíciles de esquecer e, sen dúbida, pasar unha semana na illa de San Simón é unha delas. Este foi o plan proposto pola asociación 𝗖𝗥𝗘𝗔 no seu laboratorio de creación: o 𝐂𝐨𝐧𝐞𝐜𝐭𝐚 𝐋𝐚𝐛, que cumpría este ano a súa cuarta convocatoria. Desenvolveuse entre o 14 e o 20 de abril, nun encontro que aglutinou seis proxectos, que foron os elexidos a vivir esta oportunidade única: 🔹 𝑰𝒔𝒍𝒂𝒏𝒅𝒊𝒂, de Alfonso Zarauza e Ledicia Sola 🔸 𝑩𝒂𝒓𝒄𝒆𝒍𝒐𝒏𝒆𝒕𝒂 𝑭𝒓𝒆𝒆 𝑻𝒐𝒖𝒓, de Alba Sueiro 🔹 𝑺𝒉𝒊𝒅𝒐, de Anita Pico 🔸 𝑬𝒍 𝒑𝒂𝒓𝒑𝒂𝒅𝒆𝒐, de Ariel F. Verba 🔹 𝑭𝒖𝒍𝒈𝒐𝒓, de Carlos Martínez Peñalver 🔸 𝒁𝒐𝒐𝒔, de Luis Avilés e Ángela Andrada Como non, o feito de participar neste foro tamén supón un agasallo indiscutible, sobre todo cando estás na parte externa, coma no meu caso, motivado por coñecer este encontro dende unha visión xornalística. A posibilidade de coñecer a illa, a unión que se crea cos compañeiros de vivencia ou a tranquilidade que che dan estes días nun entorno envexable son recordos imperecedeiros. Se é así para o foráneo, como será para estes participantes, cuxos proxectos pudieron medrar e cuestionarse xunto a grandes mentores nalgúns dos procesos de traballo máis alucinantes. As imaxes falan por si soas. Sobre San Simón, pouco queda por engadir: lazareto, prisión, campo de concentración franquista… Cantos séculos de historia acumula esta illa. Con só poñer o pé no peirao, unha auréola de respecto traspasa ao visitante. E segundo pasan as horas, xorde ese sentimento de acompañamento e de irmandade con todo ese pasado. O vento constante da tarde ben pode exemplificar o alento conxunto de todos eses moradores pretéritos, con quen nos fundimos neste paso. Así, o Conecta é moito máis que unha incubadora de cinema: é crecemento, camaradería, autocoñecemento…, de aí que poidamos consideralo como unha das citas máis representativas, se non a principal, dentro do panorama de laboratorios de cinema en Galicia. Fico moi agradecido por formar parte da vivencia. Agardamos que o futuro poida acoller máis edicións deste encontro irrepetible 🏝️ @galiciacrea
45 3
24 days ago
🎭 𝐇𝐀𝐌𝐋𝐄𝐓 | 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐃𝐫𝐚𝐦𝐚́𝐭𝐢𝐜𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 [crítica] 𝑆𝑒𝑟 𝑜𝑢 𝑛𝑜𝑛 𝑠𝑒𝑟… espectador desta función. Esa é a cuestión. Sen dúbida, a resposta é un si rotundo. O 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗗𝗿𝗮𝗺𝗮́𝘁𝗶𝗰𝗼 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 (CDG) apostou este ano pola representación de 𝑯𝒂𝒎𝒍𝒆𝒕 (1603), a mítica traxedia de William Shakespeare. Entre o 19 de marzo e o 3 de maio, esta aposta pretende deslumbrar ao público compostelán na súa sede oficial: o Salón Teatro. Así o demostrou a función de onte, cun patio de butacas ateigado que se sentiu recompensado co que viría a continuación. Despois de veinte anos, o CDG retoma o clásico de Shakespeare cunha produción sen complexos nin medo a nada: nin ao Bardo inglés, nin ao público máis novo, nin á modernidade. Tito Asorey é o asinante desta posta en escena posmoderna e valente, nunha adaptación do texto aos nosos días que consegue o máis difícil: facer que Shakespeare soe máis actual que nunca. Destaca polo seu equilibrio entre drama, espectáculo, humor e, sobre todo, moita paixón enriba das táboas. Sen dúbida, enfrontarse a estes versos é un regalo, e aquí soubérono aproveitar moi ben. Destaca tamén o enorme despregue técnico, incluído algún intercalado musical de altura —para o recordo quedan as intervencións de Adrián Ríos na batería—. En canto ao elenco, Alejandro Jato como Hamlet e Cristina Andrade como Ofelia levaron o peso coa solvencia que se lles supón, mais hai que facer mención especial a Machi Salgado nun Claudio excepcional, a César Goldi como Polonio e ao máis novo Sergio Abelaira, facendo un Laertes que fixo botar en falta unha maior presenza súa en escena. Como última peza fundamental, o galego foi o outro dos protagonistas desta aposta teatral. Certamente, é unha adaptación lingüística que busca reivindicar a versatilidade do noso idioma, logrado aquí cun resultado fermoso. Velaí estivo o excelente traballo de asesoría de Rosa Moledo, recentemente homenaxeada nos Premios Mestre Mateo pola súa traxectoria no cinema. En definitiva, vimos un 𝙃𝙖𝙢𝙡𝙚𝙩 que engancha, capaz de emocionar e sorprender a partes iguais. Teatro galego ao máis alto nivel. @cdg_salonteatro @titoasorey #HamletCDG
73 9
1 month ago