este venres 25 ás 20h nos Cines Cantones da Coruña proxéctase Delincuente dentro da sección Galicia 2 do @interseccionfestival 💔
unha curta dirixida por @adxmgzs que hibrida palabra falada coa música experimental de @oli_morlitam e o material de arquivo en Supr-8 cedido por Manoel da Costa 🫂
á mesma hora eu estarei formando parte do @festivalvenanascinco no Museo Provincial de Pontevedra co corasón dividido 🔪
mirámonos a un tempo nas dúas provincias que me compoñen 🍀
#palabrahablada #palabrafalada
#poesíaengalego #poesíaescénica #spokenword #poesíaoral #delincuente #intersección
a pescantina imaxinada 🐟
un recordo do cuquísimo que quedou o @murmarxinal_ coa axuda de @josegaioso en marzo 💫
tiven a sorte de contar con @ainewee detrás da cámara 💖 que documentou a actuación 🍀
moitísimas grazas ao @cim_ourense polo convite e por arriscarse coa poesía 🌟 e por suposto a toooooodaa as persoas que escollestes pasar o serán ao meu carón!
para todo o demais
xa sabedes que nos próximos 29 días estamos coa campaña de micromecenado de delincuente aberta en vkm.is/delincuente 🤓
o enlace está na miña biografía
graaaaachias
desde que Simún saíu do prelo recibín de vós cousas xeniais 👽💛 entre elaa estas fotos de @mjperez.music 😭 estou moi agradecida de que acollades así este bebé dourado de interior flúor e de que viaxedes canda min 🙈 sobre todo de que me compartades o que vós ledes en Simún
podo seguir dicindo que nunca tiven o obxectivo de publicar un libro OOOOOU diciiiiir que É UN LIBRO PRECIOOOOOSOOOOO e son unha privilexiada por deixar de ser inédita así 💘
onte mentres Merche me cortaba o pelo preguntábame se tardei moito en atopar unha editorial que me publicase e isto é algo no que penso moito: no enorme privilexio de que a editorial me abrise as portas sen ter nada escrito, de facer o que me petase e non poñer un puto euro para que o libro que algunhes de vós tedes entre mans exista
moitas das poetas que eu considero poetas e teño como referentes non escriben libros, non os publican e non se consideran poetas
agora xa co libro vendido e posto nos escaparates das librarías non me ten moito mérito repetilo, pero: que lle dean ao concepto hexemónico da poesía intocable, da poesía dos libros, das poetas, en xeral
eu incluída, claro, que son moi intensa cando me poño intensa
a ver se desfruto do privilexio agora que teño o estatus de editada
agora ben... eu penso que o que me fixo poeta foi sacarlle o corte de manga ao concello e comezar a pagarme as facturas 😈 e non finalmente ter esta bonitura en formato escrito que por suposto non vai ser a última
lédeme nos muros que aínda hai pintadas 👽
xa caaaaloooooooooo muaaaaaa
#Simún #olibromáisbonitodouniverso #nuriavil #pesada
Aló polo 2015, cando estudaba na FFT de Vigo, despois de moitas casualidades, descubrín que apenas coñecía obras de autoras. Pese a estudar filoloxía e logo escoller o itinerario de literatura, que o currículo mudase dependía tan só da vontade dalgunhas profesoras e profesores. Recordo especialmente as aulas de Beatriz Suárez Briones e María Xesús Fariña, do Feminario da UVigo. Hai moitas outras a quen lles debo a curiosidade, perdón por non vos nomear 🫣.
Fariña impartía unha optativa (e non che vos lembro o nome) que xa nos chegaba en 2017 cando estabamos para rematar os estudos baseada unicamente en coñecer AUTORAS. Eramos 4 ou 5. E penso que unha das miñas compañeiras de clase aínda se atrevía a discutir que non estaba tan mal o tema das autoras. Lembro con moito cariño a María Xesús Fariña a dicirnos que ela depositaba en nós esperanza; que agardaba que algunha das súas palabras impactasen en nós para nos facer conscientes das eivas que atravesa o exercicio literario das mulleres ao longo da historia.
Descubrín a existencia da Sega ao celebrar a Queizán en Vigo no 16 e desde ese intre desexei silenciosamente facer parte do aquelarre. Eran autoras ás que eu lía e admiraba desde a miña inocencia (coma hoxe, vaia...). A finais de 2018 Arancha Nogueira amadriñoume. Eu lía moito e tiña moita gana de falar de literatura comparada, pero a inicios de 2019 atravesei un episodio moi violento na USC que provocou que apenas conseguise ler nin escribir nin recensionar tantas obras como eu sempre desexara.
Non me convertín na crítica literaria disciplinada soñada e non volvín ser a lectora áxil que de antes de abrir un proceso de denuncia na universidade de antes dunha pandemia dunha crise económica e cultural e de vivenda. E menos mal. Aprendéronme a valorar outras cousas.
Xa ides perdoar as tripas todas aquí por fóra... Pero para min A Sega e a Lila convertéronse en espazos de seguridade. E a literatura, as escritoras, as poetas, a cultura... Necesitamos de confianza e seguridade.
Faime fondamente feliz saberme parte, da maneira que sexa, desta rede de mulleres sabias 🐟.
Grazas por acollerme, nunca se me deu ben encaixar 🫂.
á escoita da terrea
⛰️⛰️⛰️
na serra da carba con @ir.silvosa
sendo turmalina e xistra
na procura da abaladoira
supoño que lle preghuntaba ao lique o mesmo que calquera reel de autoaxuda: que farías de non ter que centrarte só en sobrevivir?
o último @alguenquerespira 🌬️⛰️
un agasallo compartir escenario con poetas de memoria e facer un pouco de cadro nos camerinos, cadaquén coa súa teima
nunca subín a un escenario con tantas poetas que escollamos o camiño da memoria, grazas, Antón, por nos reunir 🫂 @pompa_e_boato@isaacxubin@silvia_penas_estevez@lucialdao@i_sabelmartin@ametencias e falta de @estevocreus 🔮
para min foi un día intenso por iso e por outras cousas.
debíalle á Nuria de 2019 erguer un pouco o peso do seu propio corpo e dun imaxinario que se me fixo moi pequeniño durante moito tempo. a nuria do festival respira de 2019 non me coñece a min, pero eu si perfectamente a ela. quedou/quedei feliz de resitar o deserto exactamente 7 anos despois de empezar a pensalo de forma recorrente. oxalá dentro doutros 7 anos poida descoñecerme por completo e a poesía siga no meu camiño ✨
calquera día
vou espertar
como este Simún
🌵☀️
e tamén quedei feliz de resitar desobebiensia antes de que se publique en maio ⛰️
mírasme
e somos unha manda de bestas tranquilas nun furado da serra móvennos unicamente a fame e a ghana de trotar o cadramón valadouro xistral
médrannos pesuños resistentes e traemos os sendeiros esquesidos da montaña
📸 @pixelinphoto
Aquí está la nueva web de @vil.nuria ✨
Qué alegría formar parte de proyectos de personas tan creativas y potentes.
Pronto habrá novedades en la web, ¡pero ya podéis pasar a visitarla! 💖
Si tienes algo en mente, como una web, un proyecto… o un atraco a un banco 😏, escríbeme 📞
_____________
Voici le nouveau site de @vil.nuria ✨
Quel plaisir de participer à des projets de personnes si créatives et inspirantes.
Bientôt, de nouvelles actualités sur le site, mais vous pouvez déjà le découvrir ! 💖
Si vous avez quelque chose en tête, comme un site, un projet… ou un braquage de banque 😏, écrivez-moi 📞
Delincuente formará parte da sección oficial do Festival @maldelcap de Ibiza ✨.
Este venres 20 ás 20h a nosa peza proxéctase no Centro C19 Vila Jove de Eivissa 😳.
Tamén viaxará a Blanes, en Girona, no mes de maio 🤞.
Somos finalistas a mellor curtametraxe de temática social no Premio Sebas Parras e a min non pode facerme máis ilusión.
Moitísimas grazas 🥹.
Nunca pensei que unha idea tan híbrida e persoal, coa poesía resitada colocada no centro mesmo, puidera ter este impacto... pero estou segure de que todo isto é grazas ao traballo incríbel que fixo a equipa 🙏.
Delincuente segue inédito, aínda non pasou ao rexistro escrito. Moitas pedídesme que o edite, que o envíe a unha editorial, dicídesme con moito cariño que debe estar publicado. Eu agradézovolo 🫂. Delincuente naceu para que se vexa e para que se escoite... A miña idea de poesía é a de diálogo con distintas artes. No intre en que naza algún desexo ou teña sentido para min rexistralo na escrita, tede claro que así o farei 💝. O único que me impulsa agora mesmo a editalo é buscar o recoñecemento de quen nunca mo dará, de quen nunca entenderá que fóra da poesía escrita tamén avanzamos e facemos medrar o noso imaxinario e o noso universo poético.
Feliz e agradecide 💌.
Nunca imaxinei esta boa acollida a unha peza tan estraña.
Grazas sempre a @adxmgzs por dirixir, montar, guionizar... 🎥
Grazas a @xianaquintas polas 📸.
E a @ir.silvosa por acompañar esta idea desde antes mesmo de existir ⛰️.
Distribúe: @_lamachina 🌬️
E grazas infindas a @vitrasaoficial que nos permitiu gravar no Cometa en xullo de 2023 🍀.
muaaaaaaa
#delincuente
a semana pasada empezamos a gravar o audiolibro do Simún na miña vozzss en @garaxeland con Chan da Pólvora 🌵✨
a min ler non se me dá demasiado ben, pero a ver que vos parese cando saia 🤞
eu felicísima
non me pode faser máis ilusión que este bebé vaia existir nunha dimensión acústica 🎙️
tamén vos digho que desidimos non respectar moitas das cousas que escribín porque fun cambiando os poemas, ao resitalos, nestes últimos sinco anos 🫠
grazasgrazas Antón e Luísa por este agasalliño
#simún #chandapólvora #audiolibro
normalmente non digo moito, pero despois de todo o percorrido Delincuente desde 2022... apeteceume compartir algunhas ideas 🤞
grazas @ensaia por facerme un oco na gala 💧💧💧
podedes vela completa no YouTube
unha sorte
🍀
grazas por este acompañamento, @ensaia 💧💧💧
é sempre unha alegría estar convosco 🫂
onte convidáronme a presentar a dúas das finalistas (Helena Constenla @heconstela e Cora Novoa @intel_cora ) e eu entreguei a Ensaia este recordo delincuente, físico e palpábel, do meu proxecto 🎞️
de non ser por ensaia
delincuente nunca sairía dun disco duro, dun desexo recorrente... sen ese pulo primeiro de confianza, eu non lanzaría unha campaña de micromecenado nin tería a enerxía para atender todo o que necesitou despois. seguiría a dicir que ese poema tan longho que resito ten algo de visual, que igual un día...
en fin
grazas infindas, ensaia 🍀
é lindo ver como medrades
✨ o deseño do cartel e de toda a identidade grafica do proxecto é de @sayre.dominguez e @merez.xax ✨
Unha máis de percorrido delincuente 🔥
Equipa técnica 🚨
🎞️ Cesión de arquivo en Super-8 Manoel da Costa
🎥 Dirección, dirección de fotografía e montaxe @adxmgzs
🙌 Axudante de dirección @rexistro.mundano
🤞 Axudante de cámara @aaron_vilarinho
🙏 Gaffer @nahuial
🫰 DIT @ir.silvosa
🧚♀️ Dirección de arte @tonita.carreira
🙂↕️ Vestiario @cuple_vintage@vanessaglemsel
📸 FOTO FIXAAA @xianaquintas
Servizos de produción en rodaxe CRU PROD
Auxiliar de produción: Bea Villar
Auxiliares de produción en set: Verónica Erba + Ana Muñoz
Maquillaxe: Nuria Rozados @nuriarodacao + Ceibe Proupin
Bordado: Lúa Mosquetera @mosquetera_
Deseño de unllas: Nails Out @nails__out
Camiseta Nadie es ilegal en tierra de colonos: Somática Visceral
Posprodución de cor: Leticia T. Blanco @leticiatblanco
BSO: MorlitaM @oli_morlitam
Gravación e posprodución de son: Pedro Iglesias @petrowskibeats
Identidade gráfica: Sayre Domínguez + Max Xavier Pérez
Grazasgrazasgrazas 🍀
#deli