Home ensaiaPosts

ensaia.

@ensaia

Somos unha comunidade de persoas (pingas), que cada ano doa cartos para crear iniciativas que impacten na seguinte xeración • Seica vai chover 💧
Followers
2,939
Following
268
Account Insight
Score
29.76%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
11:1
Weeks posts
Explicando ensaia, terceira entrega.
36 0
7 months ago
Explicando ensaia, segunda entrega.
36 0
8 months ago
Explicando ensaia, primeira entrega.
51 2
8 months ago
Como entrenar a creatividade segundo a artista @montsepinheiro
98 4
17 days ago
Afondamos con Montse Piñeiro na súa fascinación polo analóxico e a importancia de recuperar a ollada curiosa sobre o funcionamento físico do mundo. Unha aposta pola técnica artesá que foxe da sobreestimulación dixital para reivindicar o aburrimento, a observación da natureza e a introspección como as fases necesarias onde realmente quenta o motor da creatividade. A artista tamén comparte a súa visión sobre a democratización da cultura co seu proxecto Lanterna Máxica, unha iniciativa que busca levar a cultura a calquera recuncho fóra das grandes cidades. Monste defende unha arte accesible, capaz de facerse sen grandes medios técnicos pero con moito impacto emocional. Unha conversa inspiradora que podes saborear aquí e desfrutar completa na túa plataforma favorita. 📸 @_rlede
219 7
18 days ago
Entrevistamos a Montse Piñeiro (@montsepinheiro ), artista plástica e creadora escénica. Unha conversa que nos ensina que a arte é unha ferramenta fundamental para facer do mundo un lugar un pouco máis amable. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2024 polo seu talento e capacidade investigadora, fálanos sobre a importancia de habitar o aburrimento para cultivar a creatividade. Xa dispoñible 💧 🎤 @cintiasalido_ 📸 @_rlede
76 0
19 days ago
Quen protagoniza unha novela mariñeira? Nerea Pallares comparte o punto de vista das que tecen rede, comunidade, coidados e son sostén na sua premiada obra «Punto de araña». Escoita a conversa completa no noso podcast «As follas novas».
25 0
1 month ago
Adestrar a mirada para descubrir a fascinación no que nos rodea. Esta proposta de Nerea Pallares quédanos gravada. Exploramos a épica do invisible e a importancia de soster o relato das mulleres dende a cotidianidade coa autora da exitosa novela «Punto de araña», que invita a manter vivo o tecido social da nosa costa. Xa podes escoitar a conversa completa nas plataformas e desfrutar deste resumo visual grazas ao traballo do gran Ricardo Lede. | Agradecemento especial a @librerialibrouro
94 0
1 month ago
Unha sorte escoitar a unha das voces máis xenuínas e potentes da narrativa galega actual: @nerea_pallares A través da súa obra, convídanos a desacostumar a mirada para descubrir o misterio e a fascinación que se agochan no que damos por feito. Coa sorte de coñecela por ter sido finalista da «Bolsa ensaia» en 2023 polo seu talento investigador e literario, fala da épica do invisible. Premio García Barros en 2025 coa obra «Punto de araña» que está a traducirse a cinco idiomas, invítanos a entender a escrita como un acto de amor destinado a impactar positivamente no mundo. Corenta minutos de agasallo que xa podes desfrutar na nosa bio💧 | Entrevista: @cintiasalido_ | Foto: @_rlede | Agradecemento: @librerialibrouro
111 6
1 month ago
Que convirte a unha xoia en xoia? Desfruta desta conversa completa con María Candamo en «As follas novas», o podcast de ensaia.
36 2
2 months ago
Unha deseñadora que, máis alá das xoias, representa unha declaración de intencións dignificando cada residuo rescatado para devolverlle o seu valor como parte da nosa historia colectiva. Nesta reportaxe descubrimos a unha deseñadora e artesá que entende que a verdadeira innovación nace de respectar a memoria mariñeira e o impacto directo que cada peza ten no medio que habitamos. A través da súa mirada fuximos da negatividade para abrazar un activismo que celebra a capacidade de atopar tesouros onde outros ven abandono. Unha lección de orgullo e de pertenza que nos lembra a importancia de crear desde a identidade e desde a casa. Xa podes mergullarte nesta viaxe desfrutando da conversa completa na ligazón do noso perfil. 📷 @_rlede 🎤 @cintiasalido_ 💎 @lixo.atelier@mariadedina
243 10
2 months ago
O lixo non existe cando a mirada é a de María Candamo. Hoxe en «As follas novas» visítanos unha das deseñadoras máis xenuinas da terra que, co seu taller de Louro deseña pezas únicas que, por riba de todo, teñen a capacidade de transformar o residuo en tesouro, demostrando que unha rede abandonada pode conter toda a alma do noso océano e a memoria da nosa cultura mariñeira. Nesta conversa descubrimos unha filosofía que racha cos esquemas tradicionais e afondamos no seu xeito de entender o deseño como unha ferramenta para darlle un propósito as pezas. Un encontro sobre o orgullo de pertencer a unha terra e a maxia de converter o que o mar bota fóra nunha linguaxe artística que preserva a nosa cultura. Xa podes escoitar o novo episodio na ligazón que tes no noso comentario e mergullarte nesta lección de deseño, de activismo e de vida tan ben retratada pola nosa presentadora Cintia Salido e polo noso fotógrafo Ricardo Lede.
126 1
2 months ago