Se algo agradezo como creativo é ter a sorte de colaborar con persoas e iniciativas que realmente marcan a diferenza. Neste caso,
@ensaia 💧: unha organización que aposta por transformar Galicia potenciando o talento e as propostas con impacto social.
Tiven o privilexio de retratar a
@adrian_pereiro_luthier , beneficiario da Bolsa ensaia 2023. Recoñézolle non só a súa mestría como luthier, senón tamén o compromiso por dignificar un oficio con raíces e futuro.
Se tedes un momento, recoméndovos escoitar o episodio 2 do podcast As Follas Novas, onde fala do seu proceso.