Actividade 🍸
Mañá, sábado día 9 ás 12.15h en sesión vermú
🔰Presentación oficial do xurado V MAC Marín
🔰Charla - Coloquio produción galega en galego
Aberto ao público xeral
Lugar: A Bailona Gastrobar @abailonagastrobar
Paseo Marítimo Alcalde Blanco
36900 Marín, Pontevedra
#macmarin
#marin
#marindecine
Ángel Santos ✨
Despois de "Las Altas Presiones" e as curtas "Así Llegó la Noche" e "Alicia Fai Cousas", o director marinense preséntase cun novo título: "Así Chegou a Noite".
A madurez cinematográfica do autor e a súa relación íntima coa paisaxe á hora de construir a historia, reflíctense neste filme. Unha maneira de narrar repousada que convida ao espectador a conectarse
emocionalmente coas personaxes, cos silencios e cos espazos que envolven as escenas.
Este verán agardamos a túa proxección dentro da sección Filmes Atlánticos, Ángel! 🎬
#marindecine
#macmarin
#marin
Carlos Blanco ✨
Conversamos co actor e humorista ao seu paso por Marín: dous premios nunha semana... que barbaridade!
Marín non é un lugar alleo para el. Son varias as anécdotas vividas na nosa vila e no Morrazo; lugares impregnados de historias e xente de carácter, como toda a costa galega.
Vémonos de novo este verán, amigo 😜
#marin
#macmarin
#marindecine
Uxía Blanco ✨
Premio de honra no 2024
Compartimos este anaquiño da conversa que tivemos fai uns días cunha das maiores referentes do noso audiovisual: falamos de Sempre Xonxa, da evolución da produción cinematográfica en Galicia e un montón de cousas máis.
Xa formas parte da familia.
Querémoste!
#marin
#macmarin
#marindecine
Formación 🎥
Noa e Joel, estudantes do CIFP Audiovisual de Vigo, están a facer unha grande labor dentro do equipo de produción da MAC MARÍN.
Podédelos ver nesta imaxe xunto á actriz e directora Uxía Blanco, quen falou para o espazo Cinema Clips nunha entrevista a semana pasada.
#marin
#macmarin
#marindecine
Cinema Clips ▶️
Laura López Montoto (A Habana, Cuba)
Xornalista e realizadora
Premio Talento Emerxente na 4° edición da MACM
"Golpes de Click" Formato: curta documental
#marin
#macmarin
#marindecine
WEBSERIES 👾
Mañá, mércores día 11, ás 16h, na Aula de Cine da Facultade de Comunicación de Pontevedra
👉 Pase das series galegas:
🔰Delirio Sketchs
Bea.Saiáns
@delirio_sketchs
🔰Dúas Señoras
Uxía Soutullo & Luján Monteiro
@duas.senoras.webserie
🔰E Logo, Quen Foi?
Teresa Barberena
@barberenateresa
👉 Pase da coprodución hispano-arxentina:
🔰Venus en Juego
Paula Moneta
@paulamoneta
Organizan: Marín de Cine e Fac. Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo
#webseries #macmarin #marindecine #cinemaxove
Cinema clips 🎬
Adrián Porima - Director
Premio do Público na 4° edición da MAC MARÍN
"Nas Ondas do Tempo" Formato: curta
Moi pronto a entrevista completa!
#marín
#macmarin
#marindecine
Convocatoria aberta 🎉
Preparados de novo para recibir producións de Galicia e tódalas partes do Mundo 🎬
🔰 Filmes Atlánticos
🔰 Outras Miradas
🔰 Cinema Xove
🔰 Novos Medios
No 2026 sumarémonos ademais ao circuito internacional de ficción sonora 🎙️🎧
Vémonos en agosto! 🏖️
#macmarin #marindecine #audiovisual
#webseriesworldcup #audiofictionworldcup
Ala, xa está feito! 🎉
Desde agora, inscricións abertas para tódalas categorías participantes.
Moi pronto o estarán tamén as categorias de ficción sonora, actual play - video e actual play - podcast.
Benvid@s a unha nova edición da MAC Marín.
Preparad@s e a traballar!
#macmarin #marindecine #marin 🎬🌀
🌊 O MAC Marín presenta a súa nova imaxe! Unha identidade renovada que afonda nas súas raíces atlánticas e quere comunicar mellor todo o que representa este evento de cine e audiovisual. 🎬
✨ Nesta nova edición chegan novidades como novas narrativas e ficción sonora, que se suman ás habituais curtas, webseries e longametraxes.
📽️ Na última edición participaron 17 longametraxes, 334 curtas, 42 webseries e 7 traballos de escolas de cinema.
🧜♀️ A nova imaxe ten como símbolo unha serea.
#marin #unxeitodeser #cultura #cinema #audiovisual
Presentación 5° edición
MAC Marín 2026 🎬
Nesta edición tan especial para o Club Audiovisual "Marín de Cine", quixemos inspirar a nosa imaxe nunha figura mitolóxica do imaxinario popular galego:
~ A SEREA ~ 🐙
Un cambio de imaxe que fará da Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín un espazo máis atractivo de cara ao exterior, acollendo produccións de tódolos recunchos do mundo.
Este martes, día 4 de novembro, o clube adiantará, de maneira oficial, algunhas das novidades que trae a competencia do vindeiro verán: entre elas, a inclusión da ficción sonora dentro do certame.
#marin
#galicia
#macmarin
#marindecine
#festivaldecinema
#webseriesworldcup
#audiofictionworldcup