🌿🎹🧺✨CARMELA é a nova incorporación ao catálogo musical de Urdime. +1 artista que nos encanta no noso equipo ❤️🩹
🪷 Carmela é a visión musical que a luguesa @carme_lf ten da tradición oral. Un proxecto musical baseado no traballo das informantes e nos arquivos musicais, cunha visión propia e actual, que vai das percusións ata as referencias electrónicas.
🪷 ‘Vinde Todas’ é o seu novo traballo, un álbum editado en novembro de 2024 pola discográfica catalana @segell_microscopi e que ten como piares fundamentais a perspectiva de xénero e a investigación etnográfica.
🫂✨Sumámonos a este equipo en colaboración con @carme_lf e @numeproducions
Música e arranxos: Carme López e Lucas Martínez
Produción: Carme López e Arturo Vaquero
Gravación e master: Arturo Vaquero @arturo_abrigueiro
Deseño e foto: Eva Pombo
Músicas directo: Camille Hedouin aka @mounqup e Sara Méndez
Booking: Urdime
NOVOS TRABALLOS ✨✨⚡️están sendo meses moi intensos e de moito traballo pero tamén de moitas alegrías. Aquí van algunhas!! Os proxectos musicais de 4 mulleres coas que se nos cae a baba.. 🤤
🎧 Escoitaches todos?
1. Arredor da mesa 🍰🌸 o novo videoclip de @abril.wav en colaboración con @fotomatong@petraporterr e amigas.
2. Cāldo 🥣🔥o novo disco de @catuxasalom que esta semana presentamos en Xixón grazas a @cultura.gijon e no festival @comarea_ do @camping_lagomar
3. @lucialdao e @somospava presentan ‘O himno da lesión’, ❤️🩹✨adianto do seu próximo traballo PAVA3 que verá a luz XA!
🫂✍️ En todo o curro de promo para Catuxa e PAVA contamos coas mellores. Grazas @theofficecomunicacion
📸 1. Miguel Méndez 2. @aigiboga 3. Antón López Bazarra.
NOVA INCORPORACIÓN ✨✨🎷
Abrimos a casiña para @lideira_trad 🪟🧶
Un gusto sumarnos a este proxecto tan lindo e que nos gusta tanto 🫠
Lideira ameniza os torreiros co pezas bailables interpretando as músicas de tradición oral cun son persoal a través da mestura de instrumentos de vento, percusión de man, voz e outras fantasías.
LIDEIRA son:
@gabi_reboredo@pradolois@sara.mendez.a_@iago_ramilo
Estade atentas porque veñen novas músicas coa primavera 🌸🌷
📸 @newbronte
Temos unha cita en xuño! Unha cita ‘NUNHA SALA’ para ver a unha das voces máis prometedoras do panorama pop galego, @its.marianmusic
‘Esperta Muller Salvaxe’ é a esperada ópera prima de Marián, unha artista que irrompe na escena galega coma un faro: luminosa e necesaria. O seu álbum debut conta coa produción de @iago_pico e coa colaboración de @guadigalego . Dezanove cancións propias e un directo que promete seducir e conmover.
🎟️ Entradas dispoñibles en Entradium.com
🤝 @industriasculturais
🏠 @sala.urania
🖌️ @leroileroi
👩🏼🔧 @urdime
Booom! Que despegamos!!! 😃 Traemos novas con #VOO que nos fan moooooita ilusión e que aínda non contamos por aquí!!!👇
💙 Estamos seleccionadas na Feira das Artes Escénicas #GaliciaEscenaPro2026 🥳
👉 Vémonos o 27 de maio no Auditorio A Banca, ás 11h. Non faltedes!
💙 Somos uns dos espectáculos recomendados do 2026 de @escenanorte 🤩, xunto coas compañías galegas @artika.cia@teatrodeningures e @ibuprofenoteatro
Xa nos están saíndo as ás de tanta boa nova...!
Vémonos nos teatros! 😊
#voo #teatroocubo #novoespectáculo @urdime@escenagalega@industriasculturais@uxia_algarra@robmourinho@espineirasofia
O vindeiro domingo teremos un concerto moi especial na Pousada, UNTO VELLO 💙
🗓️ Día: Domingo 10 de Maio; apertura de portas ás 20:00🕗
🎟 ENTRADAS ONLINE: 10€ en entradium.com
🎟️ ENTRADAS FÍSICAS: 10€ en Baldani Concept Store e na Pousada (en efectivo)
Un proxecto que nace das recollidas de música tradicional galega que fan os seus integrantes: Bieito Pereira e Xabi Gómez. O resultado é un espectáculo dedicado ao baile que tece comunidade en cada actuación.
No seu ano de traxectoria, o dúo recibiu nomeamentos a premios como os Youtubeiras 2025 e os Martín Códax na categoría de música tradicional e ofreceu máis de 25 concertos en lugares como a Sala Capitol ou o Ponte Farruca.
“Unto Vello débese a todas as cantareiras que nos deron os seus saberes, tanto vitais como musicais e que pretendemos respectar á hora de montar as nosas pezas. Sen elas isto non sería posible.”
52-BLAU • NÚCLEO. 07/05/2026.
GAL:
O vindeiro xoves ás 18:00 vémonos en Escenas do Cambio. Somos a obra que abre o festival e por iso estreamos a nosa versión núcleo. Desexando intervir a Cidade da Cultura.
EUS:
Datorren ostegunean, 18:00etan, Escenas do Cambion ikusiko gara. Jaialdia irekitzen duen lana gara, eta horregatik gure nukleo bertsioa estreinatzen dugu. Gogotsu gaude Cidade da Cultura esku hartzeko.
CAST:
El próximo jueves a las 18:00 nos vemos en Escenas do Cambio. Somos la obra que abre el festival y por ello estrenamos nuestra versión núcleo. Deseando intervenir la Cidade da Cultura.
Toda unha fin de semana para BenQuerer(nos) ‼️
Darredor do Día Internacional da Danza teremos 3 funcións moi especiais…
📍24.04 | 20:30h | Pazo da Cultura de Narón (🎫 https://padroadodecultura.es)
📍 25.04 | 20:00h | Auditorio Municipal de Vigo (ENTRADAS ESGOTADAS)
📍26.04 | 20:00h | Pazo da Cultura de Carballo (🎫 https://billeteira.carballo.gal)
BenQuerer, o novo espectáculo do bailador Fran Sieira, un só de danza acompañado en directo polo dúo galego Caamaño&Ameixeiras, convida a reflexionar sobre a importancia do autocoidado emocional, o amor propio e o respecto a unha mesma.
Un momento para BenQuerer(nos)
BenQuerer non finaliza despois dos saúdos, ao remate da obra teremos un momento para todas nós. Farémosvos partícipes dunha pequena posfunción na que nos achegaremos ao traballo das artistas e abriremos un espazo de diálogo para compartir reflexións arredor do autocoidado.
Ademais…
📣📣BenQuerer será máis accesible📣📣
Grazas á posibilidade de reservar butacas preferentes (prazas limitadas) e as seguintes medidas:
- Mochilas vibratorias.
- Intérprete de LSE no faladoiro posfunción.
- Paseo táctil (con intérprete LSE).
- Folleto en braille e folleto coas letras das cancións.
Contáctanos a través do Servizo de Accesibilidade de @madaproducion :
- [email protected]
- Whatsapp 622.122.898
BenQuerer somos…
Intérpretes: @caamano_ameixeiras (Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño) e @francisco_sieira_gonzalez
Dirección artística: @francisco_sieira_gonzalez e @vacaburra_ (Gena Baamonde e Andrea Quintana)
Coreografía: @francisco_sieira_gonzalez e Andrea Quintana
Música: @caamano_ameixeiras
Iluminación: @filevazquez
Vestiario: @ericaoubinha
Espazo sonoro: @isaacxoubinha
Dinámica posfunción: @nancy.silvaperez e @thais_thais
Fotografía: @aigiboga
Video: @beabesada_estudios
Folleto: @sol____alvarez
Distribución: @urdime
#diainternacionaldadanza #primaveraendanza2026 #padroadodaculturanarón #vigocultura #culturacarballo