✨✨ Hoxe fai unha semana estreamos NINGUÉN TIRA FOTOS NOS ENTERROS.
✨ Un día hai xa tempo atopeime con Carlota, que me preguntou se algunha vez fixera cianotipia en escena. Eu díxenlle que non, pero que me encantaría. De feito levaba un tempo fantaseando con iso. Ela dixo “xa falaremos”
E chamou, e falamos. E comezamos a xogar con como contar a súa historia. Unha historia pequena, chulísima, que fala de cousas grandes.
✨ Foi un proceso divertidísimo. Eu nunca me puxera enriba dun escenario e non imaxino mellor maneira. Xogando a ser a luz, falando de fotografía. E non imaxino mellor compañeira 💙
Foi como cando xogaba cos meus primos a facer obras de teatro e logo as representabamos diante dos nosos pais e avoa. Pero no Teatro Rosalía de Castro case cheo. Se o chego a saber cando era nena fliparía. Moi contenta de darlle a ela esta satisfacción.
✨ Gracias
@carlota_mosquera por esta peza tan preciosa e por liarme para isto.
✨ E grazas a
@neicherman por acompañar tan bonito, e ao persoal do
@teatrorosaliacastro que tanto nos axudou, á xente do
@concello_outes que nos acolleu na residencia, a
@martaalonsotejada (dirección de movemento) a
@juanaress (escenografía),
@nemequitte (Vestiario) e a
@sabelaeiriz porque as fotos que nos fixo son espectaculares. Fáiseme difícil verme en fotos, pero nestas non. Grazas 💕
✨ Bueno, vaia chapa. Pero é que foi moi guay. E agora… haberá que distribuir para que a vexades polo país adiante!!
.
#teatro #teatrogalego #cianotipia #fotografia #carlotaecompañía