Hoxe presentamosvos a @mooom.atlantica co seu disco. Un proxecto de investigación cheo que fusiona música tradicional con electrónica.
Xa podedes atopala na nosa web!
#Musicatrad #mooom #musicagalega #numeproducions
Cantas veces che explicaron as cousas dun xeito e despois non foron así? Ou, directamente, cando non chas explicaron?
Traballes con nós habitualmente ou non, en NUME a primeira opción sempre será resolver dúbidas!
Así que, se non sabes... PREGUNTA!
#musica #danza #teatro #cultura #xestióncultural
Seguimos coa info sobre o relacionado coa facturación de artistas. Tedes claro como funcionan os impostos? Hoxe tócalle o turno ao IRPF
#formación #nume
As nosas redes sociais. Será verdade que desaparecemos? Ou so estábamos de parranda?
O certo é que tiñamos axuda de Raquel, de @redeiras.nett sen dúbida unha empresa 100% de confianza para as redes e moitas máis cousas de comunicación.
#musica #autonomos #rrss #xestióncultural
Se es artista, seguro que algunha vez te preguntaches: “Doume de alta por libre ou fago o bolo con Nume?” Pois aquí vai unha comparativa rápida e sen rodeos.
Se traballas con Nume, esqueces os papeis: facémoste a alta na Seguridade Social como músico/a, enviamos a factura, cubrímoste cos seguros obrigatorios (RC e prevención de riscos), e ademais enviámosche os informes de retencións cando os precises. Ti só te centras en facer o teu traballo artístico.
Se es autónomo/a, tes que facelo todo pola túa conta: alta, facturas, pagos de seguros, presentacións a Facenda… É unha opción válida, claro que si, pero require tempo, organización e unha cota mensual (meses con bolo... e sen el tamén).
Sabemos que todo ten os seus pros e os seus contras, pero vivir un pouco máis despreocupado da parte burocrática tamén está MOI ben, non si?
#musico #artist #musica #artista #xestióncultural
Sabías que en NUME tamén impartimos formacións para conservatorios, escolas de danza, música...?
Explicamos de forma clara e práctica todo o que necesitas saber sobre contratación, facturación, seguros, dereitos laborais…
Porque a profesionalización tamén se aprende, e canto antes, mellor.
Se queres que a túa escola ou alumnado coñeza como funciona o sector, escríbenos e organizamos unha sesión adaptada ás vosas necesidades.
#numeproducions #formaciónartística #musico #cultura #dereitos #artista #xestióncultural #producingmusic #music #danza #ensinoartístico #folclore #musicagalega
Tes proba de son un día pola tarde… e o concerto xa pasada a medianoite.
Sabías que iso pode contar como dous días diferentes de traballo?
Legalmente, terías que estar de alta os dous días, algo que moitas veces se escapa nos orzamentos.
En Nume, estudamos cada caso para atopar a mellor opción posible, sempre dentro da legalidade e pensando no teu benestar e protección.
Se o caché o permite, recomendaremos dúas altas. Se non, buscaremos a fórmula máis axeitada para que poidas actuar sen problemas.
#numeproducions #musico #music #artist #artista #cultura #producingmusic #folclore #musica #productoramusical #dereitos #derechosdelosartistas #xestióncultural
A inspiración é libre pero os dereitos teñen dono. Falamos do caso Amaia – Aliboria:
O novo tema de Amaia, “Aralar”, soa demasiado a “Caroi”, peza emblemática de Xosé Lois Romero e Aliboria. Foron os propios seguidores quenes o sinalaron: mesmo patrón rítmico, mesma estrutura vocal, mesma alma…
O que pasou?
👉 Samplearon o ritmo de “Caroi” sen permiso.
👉 Amaia recoñeceu o erro.
👉 As dúas partes están xa resolvéndoo de forma cordial.
Pero isto é un bo exemplo para lembrar que a creatividade non entende de fronteiras, pero os contratos si.
#numeproducions #dereitos #artist #musico #cultura #producingmusic #folclore #musica #derechosdelosartistas #xestióncultural #caroi #amaia #aliboria #xoseloisromero
Tes un bolo fóra?
Se vas tocar noutro país da UE, hai cousas que tes que saber antes de facer as maletas:
💸 Salarios mínimos obrigatorios
📅 Días de alta laboral
📄 Documentación legal para non ter problemas cos servizos de inspección
En Nume axudámosche a que todo estea en regra, para que ti só te preocupes do escenario.
Contáctanos!
#numeproducions #musico #artist #dereitos #producingmusic #xestióncultural #concertosnoestranxeiro #músicaeuropea #traballolegal #musica #artistaseuropeos
En Nume non podemos estar máis orgullosas do talento que acompañamos!
Dende a raíz até a experimentación, do folk ao sinfónico, estes son algúns dos proxectos cos que colaboramos na facturación:
🔹 Carme López – Quintela - @carme_lf
🔹 Anxo Lorenzo - @anxo__lorenzo
🔹 Alfaia - @alfaia_folk
🔹 Xosé Liz – Indala - @xose_liz_indala
🔹 Chavellos Sinfónico - @chavellos
🔹 100 Voltas - @100.voltas
🔹 Carmela - @carme_lf
🔹 Fanfarria Taquikardia - @fanfarriataquikardia
🔹 POI - @poi_oficial
#numeproducions #artistagalego #musica #cultura #xestióncultural #producingmusic #dereitos #musico #artist #productoramusical #vivirdisto #folclore #musicgalicia #proxectosgalegos #talentoatlántico
🎤 Tocoulle a Álvaro pasar ao outro lado do micro! Nesta ocasión é Patri quen toma o control da entrevista para descubrirnos a versión máis persoal e artística do noso compañeiro.
🎶 Os seus primeiros bolos, lembranzas curiosas e unha rolda final que non lle deixa escapar nin unha!
#numeproducions #equiponume #artistagalego #xestióncultural #musico #vivirdisto #artista #bambalinas #cultura #conociendoaequipo #dereitosdosartistas #folclore #musica