Despois de 4 anos na directiva d’
@ospenedinos hai 1 mes que as compas e máis eu deixamos as rendas á nova equipa.
2 lexislaturas de muito esforzo e algunha que outra odisea, na que o obxectivo principal foi a programación e divulgación cultural.
Síntome moi contento de ter levado a cabo todos os eventos realizados cos medios e orzamento que dispoñiamos.
Foi toda unha honra ver pasar a artistazxs como Silvia Pérez Cruz, Lucas e Publio Delgado, Xurxo Fernandes, Su Garrido, Fransy González, Cibrán Seixo, Davide Salvado, Rusó Sala e Fran Lucas de Coetus, Fillas de Cassandra, Fran Rei, Isabel Risco, As Cantigas de Elena, Paraíso Canto, Pedepote, Festival de Cans, Noelia Gómez, Rui Grenha, Cinta Adhesiva, Eva Comesaña, Abril, Xan Pérez Cuartet, Arredores, O Leo de Matamá, Silvia Penas, Samu Merino, Mediarea, Arrancaxestas, Ainhoa Linaza, Fátima Moreno, Cristina Collazo, Antón Coucheiro, King Kids, Xeración M, Dores Pereira, Paula Lago e Yoli Maceira polo noso turreiro ou auditorio.
Aprendín muito nesta viaxe e síntome agredecido e orgulloso de turrar pola comunidade na asoc. que me veu medrar, de escornar para que en Atios pasaran cousas, nun tempo no que a Covid non o poñía fácil.
Quero dar mil grazas ás compas Tami Ramilo,
@leticabaleiro @paula_pauli_palu_luli_pu Roberto da Crus da 1ª directiva,
@jess.solinha @ana_ferbarg @carla_costas29 @maanuelalema @vvalepr @saranm_16 @eliadoura @geni.c.pereira da 2ª directiva e a
@roucorouco @moisescostascampos e Estrella Pereira da 1ª e 2ª directiva por camiñar xuntas estes anos no bo e no malo ❤️🩹
Tamén mil grazas a
@miguelfraile.guitarrista porque sen él eventos como
@unhavoltapolomedio ou o concerto de Silvia nunca chegarían a Atios. Agradecido tamén a
@leniperezzz pola súa axuda e involucración no festival.
Graciñas polo traballo en cultura Camila Moreira do
@bngoporrinho , e tirada de orellas ao equipo actual do PP
@oporrinoconcello .Pódense facer as cousas muito mellor.
O chollo está feito e a semente prantada, espero que a nova directiva veña con muitas forzas e siga apostando por programar cultura nun lugar de carácter rural e con muito potencial. Ánimo e boa ventura no novo camiño!
Vivan Os Penediños!