Home lunedaPosts

luneda producións

@luneda

💭 booking, proxectos singulares, residencias creativas, asesoría artística 💡 @oquenonseescribe e @jazzderia ✏️ aitana 🚀 tripulante da @navedelata
Followers
3,785
Following
3,811
Account Insight
Score
30.76%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
1:1
Weeks posts
Venres 22 estrea mondial de EFÉMERAS na @casadascrechas 🌼 e máis datas de camiño!
45 1
3 days ago
🥚 A primeira data destas DUCIA E PICO será na @salarebullon (Mos), un dos lugares máis guais que coñecemos. Planazo de domingo nas Pedriñas con @balteira_musica e @comandocuruxas . Levade zapato cómodo que hai moito que bailar! 🎟 @entradium_com 🤝 @industriasculturais #xacobeo2027
84 0
4 days ago
🥚 Aí vai! Presentámosvos DUCIA E PICO, un novo ciclo de concertos en salas amigas, con bandas amigas de axencias amigas. Unha ducia e pico de datas repartidas entre xuño deste ano e maio do que ven. Mañá anunciamos a primeira! 🤝 @industriasculturais #xacobeo2027
214 17
5 days ago
Copos de Avena e Antía Muíño & Abe Rábade son as protagonistas do primeiro día de PULSO, o novo festival de #jazz que comezamos da man do @concellodaspontes 🎹 🌾 Dende a liberdade do jazz, a rica herdanza da música latinoamericana acada unha nova dimensión baixo a ollada de @coposdeavenabanda . Boleros, bossa nova e algunhas composicións de artistas contemporáneas xúntanse nun lugar onde o repertorio máis clásico renóvase dun xeito orgánico. 🌿 A canción, o jazz e a música tradicional galega conflúen con naturalidade e sen prexuízos neste encontro que nos propoñen @antia.musan , unha das cantantes máis recoñecidas da súa xeración, e @aberabade , pianista referente no jazz estatal. Dúas traxectorias con identidade propia nunha colaboración única, chea de sensibilidade e raíz. 📅 8 e 9 de maio 📍Auditorio Cine Alovi (As Pontes) 🖌 @iskoo_espacio
34 0
20 days ago
que levante a man quen queira un pazo. #residenciasmariñán @culturadadeputaciondacoruna
148 17
21 days ago
⛵🌅🌳 Collede as axendas e anotade, porque aquí están as datas para o Jazz de Ría 2026! Este ano celebramos o décimo aniversario do festival e estamos traballando no programa con moitísimo cariño 🌒 Que ganas de contarvos todo! 📝 Vémonos do 12 ao 16 de agosto en Cedeira, Valdoviño, Narón e Neda. ⚓ @padroadodacultura @concellodenaron , Concello de Neda, @cedeirainforma , @concello_valdovino 💡@luneda 🖌️ @iskoo_espacio
169 3
1 month ago
💥O primeiro concerto do ciclo NUNHA SALA será o de Antía Muíño, a artista estará presentando o seu novo disco Anfibia Por Veces. ENTRADAS DISPOÑIBLES!!! 🎫🎫🎫 . Antía Muíño converteuse nunha das revelacións da nova canción galega cando só contaba cun par de sinxelos publicados. “Carta Aberta”, o seu álbum debut editado por raso ten case 2 millóns de reproducións e ela foi escollida embaixadora de Spotify España na súa playlist EQUAL, saíndo en rotación nas marquesinas de Times Square (New York) a finais de 2022. O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción de autora e a música tradicional. Despois do seu aplaudido “Carta Aberta” (2020), Antía Muíño presenta en marzo de 2026 “ Anfibia Por Veces”, o seu novo disco. Ao vivo, intercala a intimidade das súas autorías coa potencia do canto tradicional, acompañada por Miguel Arribas aos ventos, Ton Risco ás percusións e Yudit Almeida ao contrabaixo. @luneda @rasoestudio @salarebullon @antia.musan @industriasculturais 🎟️ entradium.com 🎨 @leroileroi
37 0
1 month ago
🎹 Nace PULSO, o I Festival de Jazz das Pontes. Un novo punto de encontro arredor do #jazz, un espazo para escoitar con calma e deixarnos levar pola experiencia da música ao vivo. PULSO é o novo festival promovido polo @concellodaspontes , dous días no Alovi con tres das mellores propostas musicais do jazz galego actual. En nada anunciaremos a programación desta primeira edición. 📅 8–9 maio 2026 📍 Auditorio Cine Alovi Comezamos! 🎷 🤝 @culturadadeputaciondacoruna 🖌️ @iskoo_espacio
69 4
1 month ago
🏵️💮🌼 BALTEIRA estarán este ano nun bo feixe de festivais e festas por todo o país 🌼💮🏵️ Vai o avance de datas desta primeira xira: 🪗 19\04 Ferrol, @ac.artabria 🪗 9/05 A Coruña, @donaire.gal 🪗 17/05 O Porto do Son 🪗 23/05 Cans (O Porriño), @festivaldecans 🪗 7/06 Mos, @salarebullon 🪗 13/06 Pontevedra 🪗 26/06 Compostela 🪗 18/07 A Ponte Maceira 🪗 29/07 Betanzos, @cafelanzos 🪗 12/09 A Pobra do Brollón 🪗 25/10 Vilar de Santos, @aarcadanoe Onde nos vemos?
146 4
1 month ago
☘️☘️☘️ Trío ☘️☘️☘️ Día de ensaio 😊 Moi primaveral! Vémonos o próximo martes 14 de abril, ás 20:30h, na Casa do Saber do Campus de Lugo. Con @ailenkendelman e @yudit_._ 🎶 Vinde! 😉 #Xeografías #sofíaespiñeiratrío #primaveracultural #lubicáníntimo @cultura_usc #primaveraculturalusc @luneda
364 23
1 month ago
Aí vai un fragmento do noso Maneo de Anxeriz arranxado polo mestre @pedrodavidlamas . Nun lugar moi especial para nós onde se xunta a auga da fonte de Santa María coas preciosas galerías da Praza do Lastras en Betanzos, todo cun cheiro medieval ao estilo Balteira.🌼🏵️🏘️🌿🌳🪗🎷
600 19
1 month ago
🌿🌻🌳 Contando xa os días para unha nova edición das Residencias Artísticas Mariñán! Os catro proxectos de MÚSICA que escolleu o xurado deste ano, formado por @csalamarzal , @elartedepasmar e @mariogcortizo , son: 🌱 @gallaecia.ensemble_barroco 🌱 O Xoán (@xoanforneas ) 🌱 Tránsito, de Daniel Pardo e Camino Guerrero 🌱 @somospava (@lucialdao ) Desenvolverán os seus traballos no Pazo de Mariñán entre o 13 e o 24 de abril, co noso acompañamento e coas asesorías de @danielrodriguezcia , @nastasia_zurcher , @crnds__ , @angelesdorrio ou @saul.c.h , entre outras profesionais do melloriño 🫰 🫂 Moitas ganas tamén este ano de partillar residencia coas novas compañeiras de creación de contidos, con @maosinnovacion aos mandos. ⚓ @culturadadeputaciondacoruna ✨ #residenciasmariñán
81 2
1 month ago