🏓🏆🎉🏟️🌟 XXXVII Campionato Galego Absoluto coa participación de 44 xogadores e xogadoras. Os nosos parabéns para Judith Cobas, do Tenis de Mesa Pontevedra, e Javier Diz, do Club del Mar San Amaro, campioa e campión de Galicia!
A proba estivo organizada coa colaboración do Club Tenis de Mesa Narón e a Federación Galega Tenis de Mesa.
🌟🚀🎓🗣️🤝🏙️ O Espazo Intercentros de Participación Xuvenil reuniu a estudantes do IES Terra de Trasancos e do CPI O Feal nunha sesión chea de ideas e propostas innovadoras. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, participaron neste encontro para escoitar as voces da nosa mocidade.
Traballamos de forma conxunta para identificar necesidades e transformar as inquedanzas da mozas e mozos en iniciativas concretas que melloren a nosa cidade. Entre os temas tratados, a creación de espazos de ocio cubertos e autoxestionados, máis lugares de entretemento coma a Casa da Mocidade, mellorar a prevención do acoso escolar, máis frecuencia no transporte público ou máis orientación sobre estudos e saídas profesionais.
🐝🐝 Curso completo de reprodución apícola!!
Organizado en resposta á elevada mortalidade de colmeas rexistrada durante o inverno pasado, agravada pola presión da vespa velutina, será teórico-práctico de 14 horas de duración (6 de teoría e 8 de prácticas), e principiará o domingo 24 de maio cunha sesión teórica de 10:00 a 13:00 h no local social de DAGA en Sedes. As restantes sesións teóricas celebraranse en mañás de sábado ou domingo, e as prácticas fixaranse en función das condicións meteorolóxicas.
A formación será a cargo do equipo técnico Asociación Galega de Apicultura. A participación é gratuíta para os socios de AGA e para a veciñanza de Narón. As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico [email protected].
ℹ️ Máis info na nosa web 💻naron.gal
📚🎭✨📖🕊️🌈 Presentación de “Non son modos", de J. L. Graña Muíño!!
🗓️ Mércores 20 de maio
📌 Biblioteca Municipal
🕡 18:30 h
🎟 Libre ata completar aforo
ℹ Máis info na nosa web 💻biblioteca.naron.gal
Este texto teatral explora as dificultades da convivencia usando a saúde mental como fío condutor e unha metáfora cromática que nos fai reflexionar sobre a diversidade e os equilibrios nas relacións.
Ademais, poderemos gozar da representación dunha escena da obra, o que nos permitirá achegarnos de forma directa ao seu mundo antes de participar nun diálogo enriquecedor.
O autor estará acompañado polo actor Brais Rey e a mestra Verónica Boutureira e ao remate as persoas que o desexen poderán adquirir un exemplar da publicación. A entrada é libre ata completar o aforo da sala, tal e como explicou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro.
🌍🌿👦👧📚🎨 Atención, en breve abrimos o prazo de inscrición, de balde, para o ConciliaEscola 2026!
Este verán, convidamos ás nosas pequenas e pequenos a participar no "Sentinarón: sentinelas do Planeta” cunha programación chea de educación ambiental e moita diversión.
Ofrecemos 210 prazas distribuídas en tres quendas ao longo de seis semanas, do 22 de xuño ao 31 de xullo, nas instalacións do CEIP A Solaina, dirixidas a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2023 que estean escolarizados durante o curso 2025-2026 nun centro educativo de Narón ou empadroados no municipio.
Reciclaxe, sustentabilidade, diversidade e igualdade a través de xogos, actividades deportivas, obradoiros de manualidades e moito máis formarán parte do programa, deseñado para apoiar a conciliación familiar, ofrecendo un servizo de entrada anticipada e outro de saída ampliada. As inscricións poden realizarse do 19 ata o 26 de maio.
Únete a nós e axuda a protexer o noso planeta! 🌱💪
ℹ Máis info:
💻 https://naron.gal
💻 https://sedeelectronica.naron.es
🚐 En 1974, un vendedor ambulante de Girona mercou unha furgoneta Avia para vender zapatos.
Non podía imaxinar que 50 anos despois esa mesma furgoneta sería a discoteca móbil máis famosa de Galicia. 🕺
Carlos Galván tiña unha tenda de instrumentos musicais en Vilagarcía de Arousa chamada Duende.
Estaba farto de montar e desmontar escenarios para festas pequenas.
Así que restaurou a vella furgoneta zapateira e converteuna en cabina móbil.
Naceu La Duendeneta.
Hoxe, con case 90 datas ao ano, percorre festas e festivais por toda Galicia.
E por suposto… este agosto vén pasar uns días á súa casa: o Gulliver Fest. 🎵
⠀
🇪🇸 En 1974, un vendedor ambulante de Girona compró una furgoneta Avia para vender zapatos.
No podía imaginar que 50 años después esa misma furgoneta sería la discoteca móvil más famosa de Galicia. 🕺
Carlos Galván tenía una tienda de instrumentos musicales en Vilagarcía de Arousa llamada Duende.
Estaba harto de montar y desmontar escenarios para fiestas pequeñas.
Así que restauró la vieja furgoneta zapatera y la convirtió en cabina móvil.
Nació La Duendeneta.
Hoy, con casi 90 fechas al año, recorre fiestas y festivales por toda Galicia.
Y por supuesto… este agosto viene a pasar unos días a su casa: el Gulliver Fest. 🎵
⠀
▶️ Organizan:
@concellodenaron@padroadodacultura
Padroado de deportes
@furgogalicia
⠀
▶️ Patrocinan:
@campercover
⠀
#gulliverfest #laduendeneta #discotecamovil #galicia #músicaengalicia
🌟📚🎶👩🎤✊📖 Comezamos as actividades do programa "N de Narón. A festa das Letras" co que celebramos o Día das Letras Galegas coa representación de “Repunantas. As punkis da literatura galega” a cargo de Inma López Silva e Francisco Castro.
Esta actividade está organizada pola Secretaría Xeral da Lingua a través do programa FalaRedes da Rede De Dinamización Lingüística en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística Concello de Narón.
🏓🏆🎉🏟️🌟 XXXVII Campionato Galego Absoluto de Tenis de Mesa!!
📅 Domingo 17 de maio
🕤 A partir das 9:30 h
📌 Pavillón Campo da Serra
A proba, na que participarán un total de 44 xogadores e xogadoras da nosa comunidade, foi presentada esta mañá polo concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, e está organizada coa colaboración da Federación Galega de Tenis de Mesa.
ℹ️ Máis info na nosa web 💻naron.gal
🌟👩⚖️💬📚🤝🌍 III Encontro de Alcaldesas!!
O evento, celebrado onte na Coruña, permitiu reflexionar sobre a relación entre cultura, igualdade e liderado feminino. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, destacou a importancia de fortalecer redes de colaboración entre as administracións locais para avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria.
Durante a xornada, que comezou no Pazo Municipal de María Pita, as alcaldesas participantes asinaron a III Declaración de María Pita, reafirmando un común compromiso coa igualdade e o feminismo desde o ámbito local.
Xa pola tarde, no Club Cámara Noroeste, Ferreiro compartiu experiencias e reflexións no conversatorio “Feminismo, cultura e economía”, conducido por Mercedes Wullich, fundadora de MujeresyCia e da lista Top 100 Mujeres Líderes en España, e no que tamén participaron a alcaldesa de Portugalete, María José Blanco, a vicepresidenta de Cultura e Igualdade da Deputación de Cáceres, María Esther Gutiérrez, e a produtora e directora de cinema Chelo Loureiro, gañadora de catro premios Goya.
ℹ️ Máis info na nosa web 💻naron.gal
🎉💻🎓📱🔒🌐 Últimas prazas para os cursos gratuítos de formación dixital na Casa da Mocidade coa Fundacion Cibervoluntarios! 🎯
O programa YoConecto busca mellorar as competencias dixitais, facilitar o acceso ás novas tecnoloxías e promover un uso seguro de Internet:
🔹"Internet seguro para menores" (do 1 ao 4 de xuño)
🔹 "Aplica a Intelixencia Artificial no teu negocio" (do 8 ao 11 de xuño)
Inscríbete a través a través do código QR ou visita /#solicita-formacion. Non perdas esta oportunidade de reducir a fenda dixital e fomentar o uso seguro das tecnoloxías! 🚀