@gravita_madrid é unha consultora de branding especialista en aliñamento e transformación competitiva.
Fundaron Grávita en 2017 coa misión de proporcionar a todas as empresas a forza necesaria para aliñar e atraer o que precisan a través do poder da marca, mellorando a súa competitividade e creando un impacto positivo no seu negocio. Iso é o que seguen facendo hoxe: crean Magnetic Brands.
Marcas capaces de saír do ruído ensordecedor que as rodea, conectando de forma relevante coas persoas, creando un espazo propio no que brillar e proxectar o seu valor. Marcas que teñen a forza necesaria para mover vontades e liderar bandeiras polas que loitar xuntos; que moven corazóns creando orgullo, pertenza e preferencia polo que son. Atraen, aliñan e conectan.
Traballan para compañías como Caixabank, Netflix, LaLiga, Sacyr, Bodegas LAN, Coches.net, Northius, Exlabesa, Sklum, Logitravel, La Vuelta CV entre outras.
@summabranding é unha consultora de branding con máis de 30 anos de traxectoria, pioneira en construír equipos multidisciplinares capaces de abordar a creación, desenvolvemento e xestión de marcas desde unha visión global. Ao longo do tempo foron incorporando talento, metodoloxías e coñecemento para ofrecer solucións avanzadas adaptadas ás necesidades reais de cada negocio.
Entenden o branding como un proceso continuo, non como un proxecto puntual, acompañando ás empresas a longo prazo para xerar impacto real e medible. Traballan como socios estratéxicos dos seus clientes, aliñando propósito, estratexia e cultura para transformar marcas e facer que evolucionen ao ritmo da sociedade.
O seu enfoque combina estratexia, creatividade e innovación, desenvolvendo desde a identidade e a narrativa de marca ata a súa activación e xestión, en ámbitos como marcas corporativas, de consumo, deporte ou startups. O seu obxectivo é crear marcas relevantes para as persoas e capaces de impulsar o negocio, conectando coas súas audiencias e xerando valor sostible no tempo.
A conversa entre estas dúas consultoras estará moderada por
@illanvegapablo de
@studio.vagrant
—
Ven 22 Maio \17:00–18:00h \Studio Follow
—
Entrada libre ata completar aforo