✨🌊 A vindeira semana a 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 celebrará o 𝐷𝜄́𝑎 𝑀𝑎𝑟𝜄́𝑡𝑖𝑚𝑜 𝐸𝑢𝑟𝑜𝑝𝑒𝑜 recibindo a unha convidada moi especial: 𝐍𝐢𝐜𝐨𝐥𝐞 𝐆𝐨𝐫𝐦𝐥𝐞𝐲.
📸 🪸 Cineasta, fotógrafa e defensora dos océanos, 𝐆𝐨𝐫𝐦𝐥𝐞𝐲 leva anos contando historias que nos invitan a reconsiderar a nosa relación co mundo natural. Ao longo da súa traxectoria profesional produciu e dirixiu proxectos para importantes medios de comunicación como 𝑁𝑒𝑡𝑓𝑙𝑖𝑥, 𝑃𝐵𝑆 e 𝑁𝑎𝑡𝑖𝑜𝑛𝑎𝑙 𝐺𝑒𝑜𝑔𝑟𝑎𝑝𝘩𝑖𝑐 e recibiu, entre outros, o premio á 𝑀𝑒𝑙𝑙𝑜𝑟 𝐷𝑖𝑟𝑒𝑐𝑡𝑜𝑟𝑎 𝑁𝑜𝑣𝑒𝑙 𝑑𝑒 𝐷𝑜𝑐𝑢𝑚𝑒𝑛𝑡𝑎𝑖𝑠 no 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞 𝐝𝐞 𝐓𝐫𝐢𝐛𝐞𝐜𝐚.
🎥A súa visita será unha oportunidade para compartir olladas, experiencias e valores nunha cita na que vós tamén estades convidadas. Aproveitaremos o encontro coa directora para volver proxectar o seu filme, 𝑫𝒂𝒖𝒈𝒉𝒕𝒆𝒓 𝒐𝒇 𝒕𝒉𝒆 𝑺𝒆𝒂, gañador do 𝑃𝑟𝑒𝑚𝑖𝑜 𝑑𝑜 𝑃𝑢́𝑏𝑙𝑖𝑐𝑜 en 2023.
👉 Nesta Actividade Descentralizada da IX Mostra Mares da Fin do Mundo 2026 levaranse a cabo as proxeccións en:
🎬 Pazo do Martelo (Rianxo), xoves 21 de maio ás 20:00 h.
🎬 Cineclube Entrecortiñas (A Illa de Arousa), sábado 23 de maio ás 19:00 h.
SINOPSE: Jaeyoun Kim decide volver á illa de Jeju e unirse ás haenyeo, as famosas “mulleres do mar”. Durante séculos, estas mergulladoras e pescadoras —algunhas delas octoxenarias— somerxéronse a máis de 10 metros para recoller alimentos para as súas familias e aldeas. Seguindo os pasos da súa nai e a súa avoa, Jaeyoun aprende o que significa converterse nunha haenyeo.
#CinemaDocumental | #Rianxo
#MDFDM2026 #DíaMarítimoEuropeo #NicoleGormley #DaughterOfTheSea #CineDocumental #ActividadesDesentralizadas
@gromlet@mulleressalgadas@depucoruna@concelloderianxo@cineclube.entrecortinhas@xose_iglesias@ramoncollazom@astilleroscatoira
A 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨, responsable da organización anual da 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨, quere manifestar o seu apoio ás accións de concentración, paro e reclamación que o sector pesqueiro en España e, en particular, Galicia, está a levar a cabo ante a entrada en vigor de novos aspectos do Regulamento de Control da Pesca neste mes de xaneiro de 2026, aprobados polo Pleno do Parlamento Europeo do 17 de outubro de 2023 (430 votos a favor, 146 votos en contra e 40 abstencións).
A misión principal da 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐌𝐃𝐅𝐃𝐌 é sensibilizar e divulgar, a través da cinematografía, a urxente necesidade de poñer en valor a pesca sostible como piar fundamental da identidade e do patrimonio cultural dos territorios costeiros, xunto cos coidados e restauración do medio ambiente e a diversidade dos océanos.
Somos conscientes da enorme valía de contar en Europa cunha Política Pesqueira Común, fronte á inexistencia de regulamentos que garantan a explotación pesqueira noutras rexións do mundo e á nula regulamentación en augas internacionais. Porén, agora que estas cuestionábeis medidas entran en vigor, consideramos necesario solidarizármonos coa flota pesqueira, principalmente artesanal e sostible, obrigada a cumprir (baixo ameaza de fortes sancións) determinados aspectos de control que semellan, cando menos, excesivos e moi lesivos para a súa actividade, poñendo en serio perigo a continuidade a curto prazo dos labores de pesca sostible nos territorios costeiros e, como consecuencia, a perda da soberanía alimentaria, do relevo xeracional e do patrimonio pesqueiro.
Imaxes da pesca do polbo con nasas nas costas de Galicia, tomadas na embarcación María Rosa, con Primitivo Pedrosa como Patrón e Diego Vieites como mariñeiro.
📸 Sam Ponsford
#CinemaDocumental | #Rianxo
#PescaSostible
@xose_iglesias@rogeliosantosqueiruga@primipedrosa@cofradiaspescadores
#OBRADOIRODECINEMA #MDFDM2025
📲Xa podedes ver na nosa canle de YouTube a curtametraxe realizada por 𝐌𝐨𝐫𝐚𝐢𝐦𝐚 e 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐢𝐧̃𝐨 no 𝑂𝑏𝑟𝑎𝑑𝑜𝑖𝑟𝑜 𝑑𝑒 𝐶𝑖𝑛𝑒𝑚𝑎 𝑐𝑜𝑛 𝑀𝑜́𝑏𝑖𝑙𝑒𝑠, Actividade Paralela da Mostra MDFDM 2025, guiados por 𝐄𝐯𝐚 𝐋𝐨𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨, 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐨𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐥𝐞𝐠𝐨 e 𝐀𝐥𝐛𝐚 𝐏𝐞𝐠𝐨.
🎬SINOPSE: Os irmáns Moraima e Martiño coñeceron o mar sendo moi pequenos. Navegaron por primeira vez na Salgharita, unha buceta que anos atrás formou parte da súa familia. A curiosidade por saber algo máis desta embarcación convértese no fío que guía a historia.
✨Na nosa canle tamén podedes atopar a gravación de dúas actividades paralelas destacadas desta edición:
🌊𝐀 𝐦𝐞𝐬𝐚 𝐝𝐚 𝐩𝐞𝐬𝐜𝐚 𝐬𝐨𝐬𝐭𝐢𝐛𝐥𝐞 𝟏𝟎𝟎 𝒂𝒏𝒐𝒔 𝒙𝒖𝒏𝒕𝒐𝒔 𝒑𝒐𝒍𝒐 𝒎𝒂𝒓. Un diálogo arredor do presente e futuro do sector pesqueiro no que participaron Javier García Galdo, Rosa Carballo Martínez, Miguel Ángel Iglesias Romero e Jose Antonio Santamaría Sampedro.
🧑🎨A performance poética 𝑵𝒂𝒐 𝑪𝒆𝒕𝒂́𝒄𝒆𝒂. 𝑨 𝒓𝒆𝒔𝒊𝒔𝒕𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒎𝒂𝒓𝒊𝒏̃𝒆𝒊𝒓𝒂 de 𝐗𝐨𝐬𝐞́ 𝐈𝐠𝐥𝐞𝐬𝐢𝐚𝐬, quen nos achegou á súa obra poética e ao seu oficio a bordo do seu pesqueiro, nun exercicio de memoria, paixón polo mar e identidade mariñeira.
👉 Todo dispoñible xa na nosa canle de YouTube.
#CinemaDocumental | #Rianxo
#FilmFest #PescaSostible #MaresDaFinDoMundo #MesaDaPescaSostible #NaoCetácea
@xose_iglesias@galpriadearousa@javierggaldo@astilleroscatoira@concelloderianxo@cultura.rianxo
#GALERÍA #MDFDM2025
🌊📸 Xa está dispoñible na nosa web a galería fotográfica da VIII edición de Mares da Fin do Mundo.
Tanto se nos acompañastes ao longo destes días como se non, convidámoste a ollar os momentos máis destacados da Mostra: proxeccións, encontros, actividades e persoas que formaron parte deste 2025.
✨ Aquí vos deixamos un adianto, moito máis en:
👉 www.maresdafindomundo.gal
#CinemaDocumental | #Rianxo
#FilmFest #PescaSostible #MaresDaFinDoMundo
📸 Manuel Iglesias
🌊🎄Dende 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 e a 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 queremos deserxarvos unhas felices festas e un novo ano cheo de bos momentos e moito cinema. 🎥
✨ Vémonos no 𝟐𝟎𝟐𝟔! ✨
#VÍDEORESUMO #MDFDM2025
🌊✨ Botamos a vista atrás para rememorar cinco días de mar, encontros e cinema co vídeo resumo da 𝐕𝐈𝐈𝐈 edición da 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨.
#CinemaDocumental | #Rianxo
#FilmFest #PescaSostible #MaresDaFinDoMundo
🎥 Vídeo: Lesmes Iglesias @lesmes_iglesias
👩💻Edición: Raquel Enríquez @electroconas
🎼Música: María Caramés @meriwlson
🌊🎥 Esta edición non tería sido posible sen a rede de apoios da VIII edición de Mares da Fin do Mundo.
Queremos agradecer de maneira especial a entidades e persoas que, dende distintos lugares e ámbitos, nos acompañaron para facer da Mostra un espazo de encontro, pensamento e cinema.
💙Patrocinadores
Cultura Deputación da Coruña, Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e Concello de Rianxo.
💙Colaboradores en actividades e proxeccións
Culturmar, IES Félix Muriel, Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo, Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Agalcari, Asociación Cultural Balandro Joaquín Vieta, Museo do Pobo Galego, Frouma, Proxecta, A Creba, Rogelio Santos Queiruga, Miguel Ángel Iglesias, Javier García Galdo, Rosa Carballo (GALP Ría de Arousa), José Antonio Santamaría e National Film Board Canadá.
💙Colaboración técnica
Ozono Multimedia
A todos e todas, grazas polo voso compromiso, confianza e apoio.💙
#CinemaDocumental | #Rianxo
#FilmFest #PescaSostible #MaresDaFinDoMundo #Agradecementos
@culturadadeputaciondacoruna@linguagalega@concelloderianxo@culturmar@balandrojoaquinvieta@galpriadearousa@javierggaldo@rogeliosantosqueiruga@onf_nfb@museodopobo@cofradiaspescadores@froumaatlanticwood@iesfelixmuriel
#EQUIPO #MDFDM2025
🌊🎥O equipo da VIII edición de 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 despídese ata o 2026.
Nada disto sería posible sen as persoas que nos acompañastes: público, creadoras, convidadas e amigas que fixestes deste festival un espazo vivo e necesario. Grazas polo voso apoio e por remar con nós nesta travesía 💙
Na imaxe: Manuel Iglesias, Lesmes Iglesias, Fernando Ferro, Alba Pego, Raquel Enríquez, Eva Lodeiro, Marcos Gallego, José María Picón, Jesús Silva, Antonio Rodríguez, Yolanda Muelas, María Suárez e Severiano Casalderrey.
Os que faltan, pero foron parte esencial: María Caramés, Óscar Romero, Adrián, Rubén da Silva, Noelia Núñez, Lucía Mella e Rosa.
💙 GRAZAS! Vémonos no 2026 💙
𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 foi posible grazas ao apoio da 𝐃𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚, a 𝐏𝐨𝐥𝛊́𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐋𝐢𝐧𝐠𝐮̈𝛊́𝐬𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 e ao 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐑𝐢𝐚𝐧𝐱𝐨.
📸 Alberto Lobelle
#CinemaDocumental | #Rianxo
#FilmFest #Documentary #PescaSostible #MaresDaFinDoMundo
@concelloderianxo@meriwlson@cultura.rianxo@culturadadeputaciondacoruna@linguagalega
#RESUMO #CLAUSURA
🌊📽️ A tarde da xornada de clausura foi unha sesión de contrastes, na que transitamos entre o presente da sección 𝐏𝐫𝐨𝐚 con 𝑩𝒆𝒆𝒏 𝑯𝒆𝒓𝒆 𝑺𝒕𝒂𝒚 𝑯𝒆𝒓𝒆, de David Usui, e o pasado da selección de 𝐏𝐨𝐩𝐚 co 𝑭𝒐𝒈𝒐 𝑰𝒔𝒍𝒂𝒏𝒅 𝑷𝒓𝒐𝒄𝒆𝒔𝒔, de Colin Low.
⌛ Durante o pase de 𝐏𝐨𝐩𝐚 acompañounos o investigador e amigo Severiano Casalderrey, que nos axudou a contextualizar esta impresionante colaboración coa 𝐍𝐚𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐅𝐢𝐥𝐦 𝐁𝐨𝐚𝐫𝐝 𝐨𝐟 𝐂𝐚𝐧𝐚𝐝𝐚.
✨O escenario volveu encherse de emoción coa presentación do traballo do 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐌𝐨́𝐛𝐢𝐥𝐞𝐬. A súa docente, Eva Lodeiro, xunto con Moraima e Martiño, compartiron 𝑨 𝑺𝒂𝒍𝒈𝒉𝒂𝒓𝒊𝒕𝒂, a historia dunha buceta na que deron os seus primeiros pasos na navegación.
🏆 O momento máis agardado para os cineastas en competición presentouno 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐨𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐥𝐞𝐠𝐨:
O mariñeiro e divulgador 𝐑𝐨𝐠𝐞𝐥𝐢𝐨 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐨𝐬 foi o encargado de entregar o 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐝𝐨 𝐏𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐚́ 𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫 𝐏𝐞𝐥𝛊́𝐜𝐮𝐥𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 a 𝐶𝘩𝑒𝑙𝑖𝑡𝑜.
A continuación, a concelleira de Mar, 𝐎𝐥𝐚𝐥𝐥𝐚 𝐅𝐢𝐠𝐮𝐞𝐢𝐫𝐚, entregou o 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐝𝐨 𝐏𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 a 𝑃𝑖𝑒 𝐷𝑎𝑛 𝐿𝑜.
Como colofón, o Xurado Oficial fixo entrega do 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐚́ 𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫 𝐏𝐞𝐥𝐢́𝐜𝐮𝐥𝐚 a 𝑇𝘩𝑒 𝐺𝑟𝑎𝑛𝑛𝑦 & 𝐹𝑖𝑠𝘩𝑒𝑠 e dunha 𝐦𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐚𝐥 a 𝑆𝑖𝑥 𝐾𝑛𝑜𝑡𝑠.
🎬 A clausura chegou da man de Adrián Canoura co videoensaio 𝑱𝒆𝒂𝒏 𝑬𝒑𝒔𝒕𝒆𝒊𝒏: 𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒊𝒏𝒎𝒆𝒏𝒔𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 𝒅𝒆 𝒎𝒂𝒓, peza na que o seu director nos transmitiu a paixón de Epstein polo mar e o cinema.
💙 Dende aquí queremos agradecer de corazón a todas as persoas que nos acompañaron ao longo destes cinco días, a mellor recompensa tras longas xornadas de traballo.
#CinemaDocumental | #Rianxo
#FilmFest #MaresDaFinDoMundo #Proa #Popa #ObradoiroDeCinema #CompeticiónOficial #SecciónGalega
📸Manuel Iglesias
#RESUMO #DÍA5
🌊 O Auditorio de Rianxo encheuse de mar, poesía e cinema na mañá do domingo.
🟢 Como vén sendo habitual, 𝐉𝐚𝐯𝐢𝐞𝐫 𝐆𝐚𝐫𝐜𝛊́𝐚 𝐆𝐚𝐥𝐝𝐨 moderou a mesa da pesca sostible 𝟏𝟎𝟎 𝒂𝒏𝒐𝒔 𝒙𝒖𝒏𝒕𝒐𝒔 𝒑𝒐𝒍𝒐 𝒎𝒂𝒓, na que estivo acompañado de 𝐑𝐨𝐬𝐚 𝐂𝐚𝐫𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨, xerente do GALP5, e de 𝐌𝐢𝐠𝐮𝐞𝐥 𝐀́𝐧𝐠𝐞𝐥 𝐈𝐠𝐥𝐞𝐬𝐢𝐚𝐬 e 𝐉𝐨𝐬𝐞́ 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚𝐦𝐚𝐫𝛊́𝐚, patróns maiores de Rianxo e Carreira-Aguiño, respectivamente.
O debate puxo o foco no papel fundamental das confrarías de pescadores como facilitadores do sector. Nos vindeiros días teredes accesible na nosa canle do YouTube o vídeo completo.
🟢 Xosé Iglesias trasladounos a bordo do seu navío para sentir o mar dende a súa propia experiencia vital. Paixón polo mar, soidade e longanimidade foron algúns dos ingredientes de 𝑵𝒂𝒐 𝑪𝒆𝒕𝒂́𝒄𝒆𝒂. 𝑨 𝒓𝒆𝒔𝒊𝒔𝒕𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒎𝒂𝒓𝒊𝒏̃𝒆𝒊𝒓𝒂.
🟢 As Historias do Cinema chegaron con Manolo González e a súa obra 𝑶 𝒄𝒊𝒏𝒆𝜾́𝒔𝒕𝒂 𝒂𝒏𝒅𝒂𝒓𝒆𝒏𝒈𝒐: 𝒂 𝒑𝒓𝒐𝒑𝒐́𝒔𝒊𝒕𝒐 𝒅𝒆 𝑩𝒆𝒓𝒏𝒂𝒓𝒅𝒊𝒏𝒐 𝒅𝒆 𝑳𝒂𝒎𝒂𝒔. A figura deste amador do cinema contada por un fantástico orador deleitou aos espectadores, un auténtico pracer para o publico asistente.
🌟 Acompañádenos esta tarde para poñer o broche final a esta fantástica edición!
#CinemaDocumental | #Rianxo
#FilmFest #Documentary #MaresDaFinDoMundo #Actividades Paralelas #ParallelActivities #Performance #HistoriasDoCinema #MesaDaPescaSostible
📸 Manuel Iglesias
#RESUMO #DÍA4
🌊🎥 A mañá do sábado comezaba na Sala Arcos Moldes coa 𝐒𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐈𝐈. 𝑪𝒉𝒆𝒍𝒊𝒕𝒐, de Carlos Prado Pampín; 𝑻𝒆𝒔𝒕𝒆𝒎𝒖𝒏̃𝒂𝒔 𝒅𝒖𝒏𝒉𝒂 𝒊𝒍𝒍𝒂, de Borja Duarte Quintáns, Elian Mercedes Antigua e Guillermo Artero García, e 𝑨 𝒕𝒂𝒓𝒆𝒂, de Alfonso O'Donnell, foron os filmes que conformaron un pase no que contamos coa presenza de varios dos cineastas seleccionados.
🎬 Deseguido, pechamos as sesións competitivas co pase de 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐞𝐭𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐕, no que se proxectaron: 𝑷ê𝒄𝒉𝒆, de Luzie Kurth; 𝑳𝒐𝒔𝒕 𝑺𝒐𝒏𝒈𝒔 𝒐𝒇 𝑺𝒖𝒏𝒅𝒂𝒓𝒊, de Sudarshan Sawant; 𝑫𝒆𝒓𝒊𝒗𝒂, de Yurian Quintanas e Salvi Danés, e 𝑱𝒖𝒔𝒕 𝑺𝒆𝒂, de Franziska von Stenglin.
🟢 Pola tarde, a Mostra trasladouse ao Pazo do Martelo para abrir unha fiestra ao debate con 𝑴𝒂𝒓𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝒎𝒂𝒅𝒆𝒊𝒓𝒂.
🗣️A 𝐜𝐚𝐫𝐩𝐢𝐧𝐭𝐚𝐫𝛊́𝐚 𝐝𝐞 𝐫𝐢𝐛𝐞𝐢𝐫𝐚 centrou o diálogo na primeira das mesas. Marcos Gallego conversou con Lino Lema Bouzas, Francisco Xosé Fernández Narval “Chisco” e Ramón Collazo arredor do futuro dunha profesión tan vencellada a Galicia. A investigación sobre a tradición da construción naval e a necesidade de manter viva a profesión foron o fío condutor da conversa.
🗣️En torno á 𝐧𝐚𝐯𝐞𝐠𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 falaron Marcos Gallego, Olalla Figueira, Teresa Couto, Alberto Martínez e Pepe Sacau, representantes, na súa maioría, de asociacións culturais que loitan pola salvagarda do patrimonio marítimo.
🟢 A maxia en torno á navegación tradicional puxérona representantes de Culturmar coa exhibición de izado de velas de dúas embarcacións trasladadas ata as inmediacións do Pazo para a ocasión.
🔵 Hoxe despediremos a VIII edición, agardamos contar con vós! 😉
#CinemaDocumental | #Rianxo
#Documentary #FilmFest #SecciónGalega #CompeticiónOficial #MaresDeMadeira
📸 Manuel Iglesias