Concello de Rianxo

@concelloderianxo

Followers
4,151
Following
19
Account Insight
Score
31.13%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
218:1
Weeks posts
✅Rianxo acolle hoxe a V Regata de Veteranas e a XII Regata de Veteranos da Liga Galega de Traiñeiras de Veteranos. 🚣🏻Ás 16:30 horas todos no peirao de Rianxo para animar aos nosos remeiros e remeiras. #ConcellodeRianxo #RXDeporte
8 0
12 hours ago
💙Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo na provincia, unha xornada que ten como obxectivo visibilizar e reivindicar o papel das mulleres no conxunto no sector da pesca, o marisqueo e cadea mar-industria. 🐟Na nosa provincia máis de 6.000 mulleres desenvolven a súa actividade profesional nos distintos elos da cadea de valor do sector. Unha cifra que dá conta da dimensión económica, social e territorial da súa achega, aínda que non sempre se recoñeza adecuadamente. #ConcellodeRianxo #RXMar
10 0
14 hours ago
ℹ️Esta fin de semana estará de garda a Farmacia Pérez López (Urb. Virxe de Guadalupe). #ConcellodeRianxo
4 0
15 hours ago
📸Primeiras catro xuntanzas no marco da iniciativa 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼𝘀 𝗰𝗼 𝗔𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲 impulsada polo Executivo de Julián Bustelo. ✅ O obxectivo desta iniciativa pioneira no noso municipio é recoller todas as demandas e suxerencias que se lle queiran prantexar ao equipo de Goberno e dar conta do traballo feito nos últimos meses. 📅O vindeiro martes 19, ás 20:00 horas, o alcalde estará no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro. #ConcellodeRianxo
28 0
1 day ago
✨Velaquí a axenda cultural para esta fin de semana. 🔹Apertura da exposición “Laíño. Reinicio. Obra plástica”. 📅Venres 15 de maio ás 20:30 horas. 📍Auditorio de Rianxo. 🔹Festas na honra da Virxe dos Desamparados. 📅Sábado 16 de maio. 📍Brión (Leiro). 🔹Concerto "Retrincos" a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo e de Teatro Airiños. 📅Sábado 16 ás 20:30 horas. 📍Auditorio de Rianxo. 🔹Festa polo Día das Letras Galegas. 📅Domingo 17 a partir das 13:00 horas. 📍Centro cultural Vicente Vidal de Leiro. 🔗Máis info: https://concelloderianxo.gal/axenda #ConcellodeRianxo #RXCultura
5 0
1 day ago
🐝Rianxo vén de sumarse ao Programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (Vespa velutina) en 2026 impulsado pola Xunta de Galicia e a FEGAMP, coordinando así a resposta para frear a expansión deste insecto invasor, con repercusións sobre a apicultura, a biodiversidade e a seguridade cidadá. ☎ A veciñanza terá á súa disposición o número 012 para avisar dos niños que aviste, asumindo a administración autonómica, a través da empresa pública Seaga, a súa valoración e retirada. 📅Segundo o acordo, a eliminación/ neutralización de niños activos ou aquelas outras actuacións que procedan deberán facerse nun tempo máximo de 5 días hábiles dende o aviso, colaborando o Concello de Rianxo, se así se require, a facilitar os labores. ✅Por último, procederase ao sinalamento da localización de niños inactivos non retirados para evitar réplicas de avisos. #ConcellodeRianxo #RXMedioAmbiente
17 0
1 day ago
🔵 O Centro Cultural de Leiro celebra este vindeiro domingo o Día das Letras Galegas. 🎉 Xantar popular dende as 13:00 horas con música e xogos populares para desfrutar desta data tan senlleira en familia. #ConcellodeRianxo #RXCultura
8 0
2 days ago
✅Rianxo acolle o vindeiro sábado 16 a V Regata de Veteranas e a XII Regata de Veteranos da Liga Galega de Traiñeiras de Veteranos. 👤O concelleiro de Deportes, Julio Alcalde, participou na presentación das probas que se celebrarán no peirao rianxeiro a partir das 16:30 horas. #ConcellodeRianxo #RXDeporte
44 0
2 days ago
🏛️O alcalde de Rianxo e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno presidiron a Mesa de Coordinación Policial do Sistema VioGén na que se analizaron os casos de violencia de xénero do municipio activos no dito sistema. 🤝🏼Na mesa participaron tamén o tenente de alcalde, a concelleira de Política Social e Igualdade, traballadoras dos Servizos Sociais do Concello de Rianxo, o equipo de VioGén da Policía Local de Rianxo e a Garda Civil. 💬O alcalde, Julián Bustelo, sinalou a importancia de manter unha boa coordinación entre os corpos e forzas de seguridade para garantir o adecuado seguimento dos casos activos e destacou que "no día a día dende a Policía Local faise un traballo, moitas veces descoñecido, pero fundamental para afrontar situacións tan delicadas como estas que hoxe abordamos". #ConcellodeRianxo #RXSeguridadeCidadá
18 0
2 days ago
🖌️O rianxeiro Laíño expón as súas obras en "Laíño. Reinicio. Obra plástica." do 15 de maio ao 15 de xuño no Auditorio de Rianxo. 📅O acto de inauguración terá lugar o venres 15 de maio ás 20:30 horas. 🔗Máis info: https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-laino-reinicio-obra-plastica #ConcellodeRianxo #RXCultura
10 0
2 days ago
💬Mañá, 14 de maio, a antiga escola da Bacariza acolle unha nova sesión dos Encontros co Alcalde. ✅Durante os meses de maio e xuño o alcalde e os membros do Goberno percorrerán as parroquias do municipio para informar do traballo que se está facendo, para resolver dúbidas e para recoller as propostas e demandas que os veciños e veciñas queiran prantexar. 📅En Isorna celebrarase outro encontro o martes 9 de xuño. Será na Casa da República. #ConcellodeRianxo
2 0
3 days ago
👷🏻O Executivo de Julián Bustelo vén de licitar o proxecto para a ampliación da rede de saneamento no lugar de Tronco (Rianxo). ✅O proxecto favorecerá que se poidan conectar á rede un total de 15 novas vivendas, así como o camping existente no lugar. 🤝🏼Os traballos contarán cun orzamento de 208.785,50€ e financianse con cargo ao programa POS+ da Deputación da Coruña. #ConcellodeRianxo #RXParroquias
10 0
3 days ago