Mel

@facemosmel

Some honey lovers making sweet tunes.
Followers
372
Following
11
Account Insight
Score
21.62%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
34:1
Weeks posts
Mañán estaremos celebrando os 10 anos do primeiro EP de @boaneboa na @salakrazzykray . 📸@curraisdomingues
26 2
10 months ago
🎥 MIUDIÑO SESSIONS #33 - MEL ft. ANTÍA MUÍÑO As Miudiño Sessions chegan á súa triséxima terceira entrega coa sesión que debullaron Mel na compaña de Antía Muíño nunha localización con tanto significado coma a Casa da Matanza en Padrón. A solaina de Rosalía de Castro foi testemuño da fusión de pop, jazz e electrónica do combo formado por Lucas de Centi (Néboa, Mocho Gris), Sandra "Chon" Pérez (Cantometrics, Néboa) e Miguel Arribas, arroupados polo feitizo da voz de Antía Muíño. Catro pezas a cabalo entre a vangarda e a tradición onde caben dende sintetizadores e caixas de ritmos até instrumentos con tan pouco predicamento na nosa música contemporánea coma o vibráfono e a marimba, confirmando a Mel coma unha das propostas máis únicas da escena galega. 🔴 Trixésimo terceira entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua. 🌀 Video completo na nosa canle youtube.com/@aregueifa20@facemosmel@antia.musan #novamusicagalega #musicagalega #musicaengalego #aregueifaplataforma2.0 #miudiñosessions #antiamuiño #mel
79 4
1 year ago
Alá por outubro pasamos unha mañá de domingo moi agradable tocando uns cantos temas do repertorio na @casaderosaliadecastro . Mañá sae o vídeo enteiro na canle de YouTube de @aregueifaplataforma2.0 , hoxe quedades con isto para ir abrindo o apetito. Grazas a Noel por este pedazo de vídeo! 📹📸 Noel da Regueifa 🎤🎚️🎧 @juait_sk & @spinal_sound P.S. polo que sexa, a inspiración alí en Padrón, tan cerca da Picaraña, era forte.
205 8
1 year ago
O domingo pasado estivemos gravando unha pequena sesión en directo para @aregueifaplataforma2.0 . Moi pronto estará dispoñible nos mellores teatros e nas pantallas dos vosos dispositivos. Bicos! P. S. Currazo de imaxe de Noel da Regueifa e de son de @spinal_sound .
114 2
1 year ago
Un repaso do último concerto no Teatro Principal, dentro do ciclo @oquenonseescribe , e un recordo do noso paso pola @acefala.colectivo . Unha excusa para recordar que este domingo estaremos abrindo os concertos da Romaría Vikinga de Catoira a iso das 19.00h. Para nós é como chegar á final das olimpiadas xogando na casa. Queremos medalla. As fotos do Principal son cortesía de @saragarsg . A da acéfala tomouna @antonioprado___ .
104 5
1 year ago
O venres rematamos a nosa residencia no ciclo Circum organizado polo @pubmodusvivendi . Grazas a Toco e a toda a xente do bar por incentivar esta tolemia. Para fechar a festa por todo o alto, decidimos convidar á nosa amiga @_femmefalafel aka deusa de todo para facer o último concerto. Non sabemos o que vamos tocar nin como, pero toda escusa é boa para voltar a xuntarse. Puto, que saudades caralho! Deixámosvos por aquí un compedio de cafradas: highlights de Miguel Arribas, recén bautizado como MVP, apretóns de cú de Sandra e notas ao pau dun servidor. De bonus track a única foto que atopei com Raquel. Obrigado tamén a toda a xente que participou ao longo destes meses: @tomas_porteiro (do que non atopamos vídeo decente pero que estivo moi pichichi), @antiaameixeiras (que se quixo coronar cantando Anti&Lucas), @fernan_mejuto (que non aparece pero si se escoita), @roiipinheiiro (que como é un tipo moi guapo e nos moi egocéntricas só o sacamos uns segundos) e, como non, COMO NON, a presidenta do house de trankimazin que nos levanta todos os concertos, @antia.musan . Pois iso, o venres no Modus de Compostela e o sábado na Acéfala da Coruña. Despois dios dirá. Un bico. Ps. Esquecinme de subir un vídeo con Antía, pero é a segunda vez que fago este post hoxe e non me da a vida. Perdón. Vide escoitala que en directo é miles mellor.
97 11
2 years ago
Sobre A caixa e a chave. Mel nomeadxs a mellor proxecto de electrónica nos @premiosmartincodaxdamusica . Grazallas! Topografía e deseño da incrível @binatangerina .
32 0
3 years ago
O videoclip que @aldarapagan filmou xunto a @can_caradecan para Cantiga II foi seleccionado para o @festivaldecans . A darlle cariño en YouTube!
18 2
3 years ago
Cara galera! Tras un pequeno problema coa distribuidora dixital que xa está solucionado, por fin podemos anunciar que o noso primeiro disco, A caixa e a chave, vive na internete! Esta tarde estaremos falando do disco no @zigzagtvg ás 16.30, mais ou menos á hora dos chupitos, que, por certo, maridan moi ben con Cantiga I ou con E-. Créditos: Gravado por Hevi no Laboratorio Soyuz. Gravacións adicionais por @lucasdecenti na súa casa e na casa dos seus señores pais. Producido por @_femmefalafel & Lucas de Centi, mesturado por Hevi e masterizado por Cem Oral. Música e letras de Lucas de Centi, a excepción de Song-Song (Brad Mehldau). Voz en Cantiga I & Cantiga II de @antia.musan . Mel somos @tui_sandra “Chon” Pérez, Femme Falafel e Lucas de Centi. Artwork da @binatangerina . Edita @rasoestudio . Vídeo de Ab- por @aldarapagan . Vídeo de Cantiga II por Aldara Pagán e Adrián Canoura aka @can_caradecan . Grazas enormes a todas. E recordade poñer un pouquiño de mel en todo!
43 2
3 years ago
13/X/2022
11 0
3 years ago
Un amor constante máis alá da sorte. CRÉDITOS Creación de @aldarapagan e Adrián Canoura aka @can_caradecan . Interpretación @luapagan . Revelado: @alvarofeldman . Dixitalización: RetroLab Cinema. Link para youtube na bio.
50 5
3 years ago
Bos días. Cantiga II con @antia.musan xa está viva na rede. É unha das dúas cancións con letra que formarán parte de A caixa e a chave. Nun disco no que intentamos cantar a través dos nosos instrumentos, as Cantigas serven como centro de gravidade, un recordatorio do lugar do que partiamos. Unha casa temporal que habita na voz de Antía. A mellor definición de canción atopeina hai moitos anos no libreto de Songs de @bradmehldauofficial . Dicía algo así como que a canción é a única forma musical que, en contraste coa súa brevidade, é capaz de deixar unha resonancia nas nosas cabezas cuxo eco pode acompañarnos até o fin dos nosos días. Eu confórmome con que o eco desta vos dure o que queda de mañá. Bicos e até o mes que ven. Portada de single de @binatangerina . 🎞️ 🎬 de @aldarapagan e @can_caradecan . O videoclip sae o venres!! Producido por @_femmefalafel e @lucasdecenti . Edita @rasoestudio . Link en bio etc.
31 8
3 years ago