Home boaneboaPosts

Néboa

@boaneboa

"We are the music makers, and we are the dreamers of dreams" dixo alguén algunha vez nalgún sample dalgún disco de Aphex Twin. @rasoestudio
Followers
1,699
Following
378
Account Insight
Score
27.6%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
4:1
Weeks posts
Para celebrar as Letras Galegas, este venres comezamos unha nova etapa na Coruña. Poderedes escoitar temas do noso novo disco que, por certo, sae o 22 de maio, xunto aos clásicos de onte e hoxe. Vémonos ás 21:00 no Campo da Leña! Foto: @aidacuevas_ Estilismo: @laurasixto_
0 3
5 days ago
Dirección: @lucasdecenti Dirección de fotografía: Diego F. Otero @diewisdom Produción: @laurasixto_ Vestiario: Laura Sixto & Lucas de Centi Néboa: Sandra Chon @tui_sandra Xacobe da Fonte Lucas de Centi Susana Nunes @__iamsus Tomás Porteiro @tomas_porteiro Figuración: Julia de Lamas Loaira Lázare Aloia López Laura Sixto Tipografía Néboa: @losbravu Para Pipa
0 16
11 days ago
Xa podedes escoitar San Xoán. Deseño de portada: @losbravu Música é letra: Néboa, Barco Fantasma Gravado por Hevi no Laboratorio Soyuz e Lucas de Centi en Ho-pipolas. Produción: @lucasdecenti Mestura: @crnds__ en @lindisfarne.site Mastering: Alex Ferrer @thegroovesound Edita: @rasoestudio
0 0
25 days ago
Ola outra vez. O segundo adianto do novo disco sae mañá. Titúlase San Xoán e, efectivamente, é unha canción sobre San Xoán (a festa, non o santo). A noite do 23 é un dos meus momentos favoritos do ano. Por moitas razóns: a paliza que lle da o día á noite, o moito que se resisten a abandonarnos os últimos raios de sol, a vontade de celebrar a vida que se respira en Galiza, as ganas de saltar a fogueira un número polémico e indeterminado de veces, o inicio das vacacións, os dedos graxos polas sardiñas... E, en cambio, San Xoán tamén nos ensina unha grandísima lección. Como diría Xabarín, “todo o bo remata amigos, mañá máis e mellor?” (o interrogante, como as patacas, é cosecha propia). E é que nesa noite poñemos punto e final á que probablemente sexa a mellor época do ano, unha na que os días non paran de medrar, na que avanzamos máis lixeiros coa promesa do verán, na que o inverno pasado morre e o inverno futuro está máis lonxe ca nunca. Por sorte para nós, agora mesmo estamos nesas. Así que le vent se lève, hai que tratar de vivir etc. Que non cho teñan que contar e, se cho piden dúas veces, quédate a tomar outra ho. Despois de tremendo discurso, igual hai quen cre que vamos editar un tema alegre, pero bueno. Somos Néboa, non? 📸Foto: @aidacuevas_ 👔Estilismo: @laurasixto_ 🧣Pano de Tomás: @xianacobo 🤕Diadema de Sandra: @man.morta
0 16
25 days ago
Presentacións.
0 3
1 month ago
Atracar (maneo) Deseño de portada: @losbravu Voces convidadas: @pandeireteiraslilaina Música: Néboa, Barco Fantasma, tradicional Letra: @__iamsus , @lucasdecenti Gravado por Hevi no Laboratorio Soyuz e Lucas de Centi en Ho-pipolas. Produción: Lucas de Centi Mestura: @crnds__ en @lindisfarne.site Mastering: Alex Ferrer @thegroovesound Edita: @rasoestudio Foto: @aidacuevas_ Estilismo: @laurasixto_
0 2
1 month ago
Ola. Mañá sae o primeiro single do noso próximo traballo. A canción titúlase Atracar (maneo) –así, coas parénteses incluídas–. O título do disco non volo vamos dicir aínda porque gastamos case todos os nosos aforros en facer as cancións e, agora, como non é que vaiamos sobrados de contidos para redes, hai que ir dosificando a información O que si vos podemos contar é que esta tremenda portada é obra de @losbravu , a quenes estamos súper agradecidas, e que o tema conta con, entre outras, o mellor cuarteto vocal da historia de Europa. P.d: para as ansias, o de que sae mañá quere dicir que hoxe ás 00:00 xa está en todas as vosas plataformas matacristos preferidas e no bandcamp de @rasoestudio .
0 20
2 months ago