Especial Zigzag das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño no que celebramos a súa vida e obra pero tamén á compañeira da @radiogalega . Achegarémonos en detalle á súa escrita que interpela o tempo, á vida e ao activismo, percorrendo os seus trazos desde a nena indómita á muller reivindicativa. Dos nosos arquivos recuperamos a voz e imaxen de Begoña para escoitala en primeira persoa. Podedes ver o programa hoxe na @tvgalicia ás 15:25h e en AGalega.gal
Neste programa participan: @maikaaguado@maria.xose.porteiro Ana Romaní @gorettisrei@uxiamusica@beacaamanho An Alfaya, Chus Nogueira @xela.paris e Sara Villar.
Grazas a todas elas. As reportaxes foron elaboradas polos redactores Rosa Bello e Cisco Novo, e o equipo técnico do Zigzag. Felices Letras Galegas!
O Zigzag deste sábado convida a @TamaraAndres para falar da súa obra que pescuda sobre a tamén poeta Matilde Lloria en "Eu son de aquí e de alá" @galaxiaeditorial
Tamén este sábado: a exposición ‘Arxila, auga e lume’ do escultor Xurxo Oro Claro en Santiago; "Masides" na @FundacioneugenioGranell e o arquivo sobre as Letras Galegas da TVG.
Podes velo ao completo en AGalega.gal e @G24noticias