Pantis

@ulopantis

🇵🇸 memoria nova 23 de maio en Compostela
Followers
1,255
Following
1,227
Account Insight
Score
26.41%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
1:1
Weeks posts
O próximo 23 de maio na @salafantastica de Compostela teremos a @signora_anido , @nome.intenso e @ulopantis . 💥💥 Data para marcar en vermello no calendario. 🚨🚨 Dende ás 21:30. 10€. @ferrorrecords #SignoraAnido #Pantis
55 5
11 days ago
PANTIS: «UN NON SABE QUEN É ATA QUE SE PERDE» ARTISTA DA SEMANA. Tras anos en proxectos como Telephones Rouges, Cudevaso ou Chicharrón, Rubén Domínguez constrúe en Pantis un espazo propio. Ese camiño vai de Pranto (2016) a Baldíos (2019) e continúa con memoria nova (Prenom, 2025), un disco feito de fragmentos e materiais en transformación constante. Na súa entrevista, falamos sobre ese proceso, a relación entre son e imaxe e unha forma de crear baseada na intuición e na repetición. 👉 Le a entrevista como #ArtistaDaSemana en GalicianTunes PANTIS: «UNO NO SABE QUIÉN ES HASTA QUE SE PIERDE» ARTISTA DE LA SEMANA. Tras años en proyectos como Telephones Rouges, Cudevaso o Chicharrón, Rubén Domínguez construye en Pantis un espacio propio. Ese camino va de Pranto (2016) a Baldíos (2019) y continúa con memoria nova (Prenom, 2025), un disco hecho de fragmentos y materiales en transformación constante. En su entrevista, hablamos sobre ese proceso, la relación entre sonido e imagen y una forma de crear basada en la intuición y la repetición. 👉 Lee la entrevista como #ArtistaDaSemana en GalicianTunes @ulopantis @industriasculturais @culturaxunta
74 5
13 days ago
Hai mellor forma de rematar este día do #CarballoInterplay2026 que cun concerto??? 🎶 @ulopantis puxo a música e o ritmo nesta última noite de festival. Inesquecible!! ⚡️#Interplay2026 do ✨𝟭𝟲 𝗮𝗼 𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝗮𝗯𝗿𝗶𝗹 ✨ 🏷️🏷️🏷️ Organiza: @carballomola @turismocarballo Dirixe e produce: @cosmicaproducions Financia: @depucoruna @culturaxunta @industriasculturais Colabora: @baleatocarballo @proxecta_festivaiscinema @paco_lola @axamoneria 📸 @aigiboga
149 1
28 days ago
Mañá en Carballo no @carballointerplay presentando memoria nova despois do podcast @popymuerte . Levo discos aínda que tamén o podes mercar en @elmuelle1931.shop , a tenda de discos dos meus amores. As fotos -a segunda un extracto- son de @smiksmakcorona que trouxo variados regalos ao concerto da Coruña do venres pasado. Vémonos mañá!
140 8
29 days ago
Ola amig*s, este cartel estupendo do concerto é obra do artista @rubendomingvez , quen de cando en vez deriva en @ulopantis , así que as outras participantes que somos @_clo_plas_ imos aportar a literatura. Ás veces esquecemos que a nosas lembranzas non son un arquivo fixo nin unha copia do que aconteceu e teñen que vir os ritmos electrizantes, os sintes envolventes, a voz espacial e a escrita co corazón na boca de Pantis en ‘Memoria nova’ a recordárnolo. Afundimos no seu “río doente de pasados e futuros” pero emerxemos máis posibles, máis abertas. Este disco que presenta Rubén é luminosamente escuro e o directo crepita. É coma un eclipse de luces largas onde pode cheirar a roda a queimada porque o de San Vicente no escenario leva o lume dentro. Clo Plas tivemos xa a sorte de acompañalo este inverno na estrea que montou na Casa da Cultura do seu lugar natal e foi precioso ver aquel sitio convertido nunha especie de @acefala por unhas horas. Agora volvemos con el ao que xa é o lugar no que máis veces tocamos nós. Como mostra de amor e respeto a este feito estamos preparando un bolo un pouco diferente aos que fixemos aí ata agora ;) Se queredes acompañarnos este 10 de abril tedes que escribir a [email protected] e a doazón será de 10 euros. Temos moitas ganas de estar aí berrando canda vós ‘Aire, aire! Aire, aire!’
139 12
1 month ago
Telo disco nas mans é un soño de fai tempo: poder soster as fotos de @zumezusammen e @exantheo e observar os sucos do vinilo, a métrica circular das cancións. Fun escoitar o test pressing á @elmuelle1931.shop o día seguinte de mudarme de Madrid e alí deixín a semana pasada algunhas copias do disco. Estoulle moi agradecido a Pablo e Lorena polo seu amor todo este tempo. Xusto ese día estaban alí uns rapaces de Betanzos -Humanos Distópicos- que deixaran unhas cintas dun EP que gravaran cada cara en 24 horas pechados nunha nave industrial familiar. Buscade o disco en Youtube. É unha marabilla.
115 11
3 months ago
O luns estiven na Radio Galega no @diarioculturalrg falando de memoria nova. Moitas grazas a Belén Regueira por convidarme e por esa primeira entrevista. Son un desastre coa promo polo que ese interese espontáneo é a miña salvación. Non atopo o link ao programa, pero basicamente falín das ideas do disco e do moito que admiro ás persoas que o rodean, como @mounqup coa que fixen ás amorias, a canción que sintetiza mellor os horizontes do disco. Tamén falín de Ibán @estudio_terraforma co que xa fixen como catro discos ou máis. Neste creo que é a primeira ves que non me acaba odiando. Ide gravar alí. Eu son sempre moi feliz alí.
91 5
4 months ago
No campo da festa había uns sauces moi belos baixo os que pasamos moitas tardes pintando a mona. Cortáronos todos pa asfaltar. Agora serve de aparcamento. A casa da cultura estivo algúns anos en obras sin futuro claro como case todo nesta aldea. Era o noso refuxio para tolerías varias. Anos despois fun o socio 7? da biblioteca e dalí saquín un libro de Jean Cocteau que me flipara. Miña avoa vivía ao lado do campo. Nos días de festa escoitaba a orquestra desde a cama, supoño. Mañá toco aquí e estouche ben nervioso aínda que moi emocionado. Vémonos este sábado 27 ás 18:30 con @_clo_plas_
128 4
4 months ago
Tiña que ser: Vou presentar memoria nova na miña aldea, San Vicente de Ogrobe. Nunca toquín aquí, na Casa da Cultura, no campo da festa no que tanto tempo pasín. Non vou estar só: veñen @_clo_plas_ de @xiana_ar e @lausela . Un proxecto único e imperdible. Un luxo telos preto. O concerto é o sábado 27 de decembro ás 18:30. Ese día debe de haber movidas en cada recuncho da Arousa e bisbarra. Pa convencervos: podedes ir dar un paseo por Con Negro, tomarlle unha no Sun Bar e despois do concerto deixarvos caer polo @pataghillonogrobe Vémonos 🤍 A foto de Clo Plas é de Calís.
174 20
5 months ago
escape libre en memoria nova. "Non hai que ter reparo en volver unha e outra vez ao mesmo asunto, en ir resolvéndoo e ciscándoo como se revolve e esparce a terra" Walter Benjamin.
65 2
6 months ago
Estreamos o vídeo para a tarde ceiba. Realizado por Raquel Espiñeira @raquelespineira Interpretado por Silvia N. De Prado @silvianpg Axudante de realización Cristina Aira @cristinaairavaz Inmensamente agradecido ás tres, que rodaron estas imaxes nunha tarde de outono en San Vicente mentras uns cazadores facían unha batida. Link no perfil.
152 10
6 months ago
Hoxe publico 𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗻𝗼𝘃𝗮, o meu segundo disco longo. Non foi sen tempo, pero foi necesario que así fose. A portada (1) é unha foto de Andreia López Barreiro @zumezusammen . Cada ves que miraba as súas imaxes sabía que esa luz e esa intimidade formaban parte -nalgún trazo, nalgún mapa- do corpo destas cancións. A contra (2) é unha foto de Jesús Castro Yáñez @exantheo , quen describiu a paisaxe do disco antes de que tivera forma. O disco xa é voso, enleado nunha silveira de plataformas e en carreiros á marxe que se abren. Podes descargalo libremente en Bandcamp e mercalo en vinilo 12”, aínda que os envíos comezarán a partir de decembro. É unha edición limitada de 200 copias. Gratitude eterna a todas as persoas involucradas, especialmente a Mar Catarina que é o motor que o move todo. Gravado e mesturado por Ibán Pérez en @estudio_terraforma entre marzo de 2024 e agosto de 2025. Masterizado por Cem Oral en Jammin Masters, Berlín. @marcatarina_ , Ibán Pérez e @xiana_ar fan coros en 'un aire'. @maxlanchini pon unha guitarra en 'escape libre' e con @mounqup fixen 'ás amorias' na que canta e fai arranxos. Ibán Pérez tocou pedazos de baterías en case todas. Edita Prenom.
215 37
6 months ago