Home lauselaPosts

Berio Molina

@lausela

Followers
1,669
Following
935
Account Insight
Score
27.53%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
2:1
Weeks posts
A carda, a cuarza, o bicho e a moura son catro cápsulas illantes feitas de vimbio e la. Son móbiles. Unha pedra de seixo, da mesma veta do Pico sacro, funciona como contrapeso. No seu interior escóitanse algunhas paisaxe sonoras da sima do monte de seixo (máis no link da bio). Poderedes metervos dentro na exposición que se inaugura este xoves ás 12:00h no Museo Centro Gaiás, As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI, comisariada por Mónica Alonso @monicaalonsoartista Fotografías: Denís Estévez Estruturas de Vimbio: Alba F. Castro @albafcastro La: Luís Villares @luis_villares Araceli Pillado, Eloi Villada Dentro da carda: Xiana Arias @xiana_ar (confirmar asistencia no 881 995 136 ou en [email protected]) @cidadedacultura
203 13
2 months ago
👉Clo Plas, Diego Vites e Javi Álvarez: “Clo Pau Plas Pedra” ▶️ ”Nas marxes”, Bienal de Artes Vivas de Pontevedra @bienalpontevedra 📅 2/7/26, 21:00 h. 📍Convento de Santa Clara, Pontevedra Diego Vites @diegovites e Javi Álvarez interveñen no concerto de Clo Plas —Berio Molina @lausela e Xiana Arias @xiana_ar — e desprazan a súa lóxica interna. Javi expande o plano acústico desde a experimentación musical, mentres Diego introduce xs Placudxs, unha deriva dos cabezudos populares cos que activa no escenario diferentes escenas. Concerto-acción. Estrea absoluta. ESP Diego Vites y Javi Álvarez intervienen en el concierto de Clo Plas —Berio Molina y Xiana Arias— y desplazan su lógica interna. Javi expande el plano acústico desde la experimentación musical, mientras Diego introduce xs Placudxs, una derivación de los cabezudos populares con los que activa en el escenario diferentes escenas. Concierto-acción. Estreno absoluto. ENG Diego Vites and Javi Álvarez intervene in the concert by Clo Plas —Berio Molina and Xiana Arias— and shift its internal logic. Javi expands the acoustic plane through musical experimentation, while Diego introduces xs Placudxs, a derivation of the traditional giant-headed carnival figures with which he activates different scenes on stage. Concert-action. World premiere. @ _clo_plas_
425 24
8 days ago
Son Tubo. Son son. Sonodramas do Morrazo. Mañá sábado 9 ás 19h no Auditorio de Cangas. Xunto a Lúa Gándara, Marco Maril, Ana Gesto, Pablo Orza, Macarena Montesinos e os membros da Asociación Arborar. Fotos Rosa Neutro @rosaneutro @a.c.arborar @lua_gandara @ana_gesto @pablo_orza @marcomaril_ @montesinosmacarena
101 0
9 days ago
Este domingo proxectamos a Furada Negra no Play-Doc @playdocfest Será ás 16:30 no Teatro Municipal de Tui, xunto aos traballos de "As apalpadelas" de Cristina Souto @cristinasoutop_ , "Moon Safari" de Hugo Amoedo @hugoamoedocanal , e "O corpo de cristo" de Bea Lema @bea.lema Máis info e entradas na páxina do festival. Con @acentral_folque @setimacine @ollobasilisco @xoanxil #clubemauxo
101 2
15 days ago
@_clo_plas_ é o proxecto de @xiana_ar e @lausela . O seu traballo xorde da oralidade, dese falar que é ao tempo íntimo e estraño, e que transporta o peso do lugar ao que pertencen. Sitúanse na complicidade que implica compartir xestos, tics, fonemas e prosodia. Neses matices, ou no xesto mínimo da man ao tirar dun fío e desfacer un ‘xarsé’, aparece unha forma de comunicación que non precisa enunciarse: fala dos medos da comunidade, dos seus valores, das súas formas de organización e tamén das súas maneiras de lecer. Na Bienal presentarán 'Clo Pau Plas Pedra' coa colaboración de @diegovites e Javi Álvarez. ESP Clo Plas es el proyecto de Xiana Arias y Berio Molina. Su trabajo surge de la oralidad, de ese hablar que es al mismo tiempo íntimo y extraño, y que transporta el peso del lugar al que pertenecen. Se sitúan en la complicidad que implica compartir gestos, tics, fonemas y prosodia. En esos matices, o en el gesto mínimo de la mano al tirar de un hilo y deshacer un ‘jersey’, aparece una forma de comunicación que no necesita enunciarse: habla de los miedos de la comunidad, de sus valores, de sus formas de organización y también de sus maneras de ocio. En la Bienal presentarán 'Clo Pau Plas Pedra', con la colaboración de Diego Vites y Javi Álvarez. ENG Clo Plas is the project of Xiana Arias and Berio Molina. Their work emerges from orality—from a way of speaking that is at once intimate and strange, carrying the weight of the place they belong to. They position themselves within the complicity of shared gestures, tics, phonemes, and prosody. In these nuances, or in the minimal gesture of a hand pulling a thread and unravelling a sweater, a form of communication appears that does not need to be articulated: it speaks of the fears of a community, its values, its forms of organization, and also its ways of leisure. At the Biennial, they will present 'Clo Pau Plas Pedra', in collaboration with Diego Vites and Javi Álvarez.
158 13
1 month ago
FURADA NEGRA, de Berio Molina (@lausela ), ven de recoller o Premio a Mellor Película-Sección Galicia, na MICE! Esta finde, o filme segue o seu camiño en festivais, desta vez cruzando o Atlántico, na Competición Internacional da 44ª edición do Festival Internacional de Cine de Uruguay, o vindeiro Mércores 8 de marzo ás 16:15. Que sorte acompañar a Berio nesta viaxe! ✨ ___ Composición: Berio Molina @lausela Textos: Alba @ollobasilisco Compilación textos: Clube Espeleolóxico Mauxo Compilación imaxes: Ramon Almuinha Gravación sonora: Xoán-Xil López @xoanxil e Berio Molina Imaxe cartel: Gustav Henningsen Produción: aCentral Folque, Sétima, Acusmaser Baseado no libro Tesouro Espeleolóxico Galego da editorial aCentral Folque. @culturaxunta #clubemauxo @acentral_folque #acusmaserfilms
162 7
1 month ago
Anana. Unha nana escura sobre meter nun cuarto todo o que importa. Sabemos que se cadra se garda para ninguén e a canción soa tenrra e radical. Un vídeo de @david.osilva xa dispoñible na nosa canle do Youtube. Unha canción gravada en As Gonzalinhas con Carlos Quintá e que forma parte do noso EP 'Placa' A néboa mar da Montaña, do merlo todos os cantos. @tremendo_audiovisual 2026
224 21
2 months ago
COMPETICIÓN GALICIA 🌺 El cuerpo de cristo, de @bea.lema 🌺 La historia todavía no conoce mi nombre, de @dianatoucedo 🌺 Alboroque, @sabrina_fernandez_casas 🌺 Furada Negra, @lausela 🌺 A voz de todas as cousas, @danipsv A sección galicia terá lugar o día 11 de marzo as 20:30 no Teatro Pricipal. Entradas proximamente dispoñibles no Teatro Principal, a Zona C ou en postelacultura.gal 🔎 Todas as novidades en #MICE2026 e na nosa web: mice.museodopobo.gal
183 1
2 months ago
Dámoslle a benvida a Tremendo a @_clo_plas_ (pronunciado 😲👏) Clo Plas son Berio Molina e Xiana Arias. O seu traballo xorde da oralidade, dese falar que é ao tempo íntimo e estraño, e que transporta todo o peso do lugar ao que pertencen - A Fonsagrada - e sempre baixo a complicidade que supón compartir uns xestos, uns tics, uns fonemas, unha prosodia. Coma se con eses pequenos matices sonoros, ou co cativo movemento da mán ao tirar dun fío e desfacer un ‘xarsé’, nos falasen sen dicírnolo dos medos da nosa comunidade, dos nosos valores, da nosa forma de organizarnos, de como nos divertimos. Atentxs que estes días haberá novas clopleiras! 📷 1. Claudio Pato Nikon F12 / 2. Xaime Fandiño Olympus om1
232 9
2 months ago
Hai un par de anos gravaramos o son das covas do Pico Sacro co Clube Maúxo, e sorprendéranos como quedaban atrapados dentro os sons do arredor, coma se fose unha caixa negra que o gardaba todo: paxaros, cans, explosións da mina de seixo de Serrabal... O ano pasado graveinas durante todos os meses para ver que cambiaba. Se o son da parroquia quedaba rebotando nas súas paredes, tiña que soar diferente dependendo do que pasase arredor. Que quedaba aí metido? Na bio déixovos un link dunha selección destas gravacións, por se queredes botarlle unha orella. Tamén poderán escoitarse (algunhas) na expo "As estacións do ano" comisariada por Mónica Alonso para o Museo Centro Gaiás, a partir do 26 de febreiro. @monicaalonsoartista
145 6
3 months ago
FURADA NEGRA, a nova curtametraxe de Berio Molina (@lausela ), segue o seu camiño en festivais e fai unhas semanas pasaou pola @alternativafest e por @margenes_cine . Que bonito é sempre acompañar a Berio! ✨ ___ Composición: Berio Molina @lausela Textos: Alba @ollobasilisco Compilación textos: Clube Espeleolóxico Mauxo Compilación imaxes: Ramon Almuinha Gravación sonora: Xoán-Xil López @xoanxil e Berio Molina Imaxe cartel: Gustav Henningsen Produción: aCentral Folque, Sétima, Acusmaser Baseado no libro Tesouro Espeleolóxico Galego da editorial aCentral Folque. @culturaxunta #clubemauxo @acentral_folque #acusmaserfilms Foto 1: Noemí Laviana Foto 3: Xiana Arias @xiana_ar
162 3
4 months ago
Este sábádo 25 de outubro ás 22.30h @_clo_plas_ 😲👏 na @aarcadanoe Dous paus, un punteiro, bases tenro-radicais e dúas voces atravesadas pola prosodia emocional da Fonsagrada. Vide anticipar con nós o cambio de hora 🕥
106 0
6 months ago