Hoxe creamos marca páxinas preciosos como celebración das Letras Galegas! Graciñas por participar coma sempre!💙💙💙 #obradoiros #actividades #didáctico #zas #TorresdoAllo
⚠Lembrade⚠
📚Este sábado 16 de maio celebraremos as letras galegas cun obradoiro creativo para todos os rapaces e rapazas de 5 a 10 anos!📚
Faremos marca páxinas personalizados!
As persoas interesadas deberán inscribirse previamente facilitando os datos do participante (nome, idade e contacto)a través das seguintes vías:
🏫Centros Socioculturais: Zas (981 751 398) ou Baio (981 718 056). 📧Correo electrónico: [email protected]. #obradoiro #PatrimonioGalego #TorresdoAllo #didáctico #obradoiros #actividades #zas
💙O vindeiro 16 de maio ás 16:00h celebraremos o día das Letras Galegas nas Torres do Allo cun obradoiro gratuito para toda a cativada de 5 a 10 anos!
📚Crearemos marca páxinas personalizados para fomentar a lectura, a creatividade e o valor da lingua galega.
⚠ Aínda que todas as actividades son de balde, as prazas son limitadas. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente facilitando os datos do participante (nome, idade e contacto)a través das seguintes vías:
🏫Centros Socioculturais: Zas (981 751 398) ou Baio (981 718 056). 📧Correo electrónico: [email protected]. #actividades #didáctico #pazo #zas #TorresdoAllo #obradoiro
Onte tivemos doble visita doble diversión! Graciñas ao Coro Canta Compaña da Coruña e a CN Travel de Madrid por visitar o pazo máis antigo de Galicia! 🤗 #actividades #didáctico #excursion #historia #turismozas #pazo #zas #TorresdoAllo
📆O mes está rematando pero comezamos Maio abrindo o venres 1! 📆
🏡Momento perfecto para pasar o festivo visitando lugares de interés por toda a Costa da Morte e facer unha parada no pazo máis antigo de Galicia!
⏳Abriremos de 11:00h a 19:00h con visitas guiadas gratuitas ás 13:00h e as 17:00!
🏃E para os máis cativos temos dispoñible o xogo de pistas "O legado de Francisca" #Zas #didáctico #historia #turismozas #arquitectura #pazo
🐖🐄 Hai moitos detalles no pazo das Torres do Allo que nos indican para que se usaban cada unha das salas no pasado.
Por exemplo na entrada do museo podemos ver os comedeiros ou a presenza de laxes de xisto na torre norte. Isto indícanos de que a planta baixa usábase coma corte. Era moi común e tamén funcionaba como calefacción natural que daba calar ao piso superior! 😁
Podedes descubrir máis curiosidades nas visitas guiadas das 13:00h e das 17:00h!!
#turismozas #zas #TorresdoAllo #didáctico #arquitectura
🏡 Algo que sempre se sorprenden os visitantes nas visitas guiadas é cando lles contamos que o pazo orixinalmente comezou sendo unha pequena fortificación, compoñéndose so da Torre Norte e dunha casa que estaba unida cunha pequena ponte.
A casa hoxe en día non existe. Agora no seu lugar temos unha preciosa camelia e un arbustos cunha entrada replicando así a casa antiga. Da ponte quedou unha pedra alongada que sobresae da parede!
Se queredes aprender máis datos curiosos do pazo máis antigo de Galicia so tedes que visitarnos ou reservar as visitas guiadas das 13:00h ou 17:00h! #didáctico #historia #turismozas #pazo #arquitectura #zas #TorresdoAllo
🌸Lembrade que tanto hoxe como mañán permaneceremos abertos ata ás 20:00h!
A Semana Santa estase rematando e para acabar estas mini vacacións sería perfecto facer unha pequena paradiña no pazo máis antigo de Galicia e aprender da historia que contén.
Ademáis non so é o pazo, tamén podedes explorar o xardín, adentrarvos no souto para atopar a fonte de San Ramón e incluso visitar o pombal!🌸
Unha parada familiar estupenda, xa que para os peques tamén temos preparado unha actividade, "O legado de Fancisca", co que terán que resolver unhas probas ao mesmo tempo que aprenden sobre as Torres do Allo!⛪ #actividades #didáctico #historia #turismozas #pazo #arquitectura #zas #TorresdoAllo
📸 Así foi a proxección de @costaecastelos en Zas!
Onte vivimos unha fermosa xornada cultural nas @torresdoallo coa proxección do documental dirixido por @algandeira , que reuniu arredor de 50 persoas.
O acto contou coa participación do propio director, Alejandro Gándara, así como coa intervención do alcalde de Zas, Manuel Muíño, e da deputada de @culturadadeputaciondacoruna , @natividadexesus
Unha cita que puxo en valor o noso patrimonio histórico e que foi todo un éxito de asistencia e interese.
Grazas a todas as persoas que nos acompañastes!
#CulturaZas #CostaDaMorte #Patrimonio #TorresdoAllo
🎬✨ Dobre cita co audiovisual en Zas
Onte estreouse nas @torresdoallo o documental @costaecastelos , de @algandeira , nun acto que contou coa súa presenza xunto con @natividadexesus , deputada de Cultura e con Manuel Muíño, alcalde de Zas, e que rexistrou unha gran afluencia de público.
📍 E hoxe continúa a programación no Auditorio de Baio, onde Alejandro Gándara presentará @360curvas.filme ás 20:30, documental recentemente premiado co Mestre Mateo.
Unha fin de semana que volve poñer en valor o talento local e a aposta pola cultura no noso concello. 👏🎥
🥚Achégase a Semana Santa e o pazo ampliará os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os días 28 de marzo e 5 de abril en horario de 11 a 20h. 🥚
‼É a oportunidade perfecta para visitar o pazo máis antigo de Galicia!
Ademáis teremos dispoñible o xogo de pistas "O legado de Francisca" para os máis pequenos e pequenas.
#actividades #historia #turismozas #pazo #arquitectura #zas #TorresdoAllo #SemanaSanta #obradoiros #didáctico