Natividade González

@natividadexesus

De onde o mundo se chama Celanova, psicóloga na sombra, Concelleira do @obloqueames en Ames e Deputada Provincial de Cultura en A Coruña polo BNG.
Followers
2,018
Following
2,406
Account Insight
Score
28.28%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
1:1
Weeks posts
🟦 Natividade González interveu esta mañá na presentación no Pazo de Raxoi do concerto ‘As rúas do vento ceibe’, que se vai celebrar o 30 de maio no Auditorio compostelán. 🟦 Na rolda de prensa interviron representantes das entidades que colaboran coa Deputación da Coruña na iniciativa: a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; o presidente da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, e a presidenta da Asociación Cultural Solfa, Lucía Carreira. 🗣️ «Para nós», dixo a deputada de Cultura, «é un proxecto especial, pois nace coma unha homenaxe moi emocionante á nosa literatura, á nosa música e, sobre todo, á nosa identidade como país». 🗣️ «Hai proxectos que son simplemente programación cultural e hai outros que teñen algo máis: memoria, emoción e, sobre todo, significado colectivo. Este é un deles». 🗣️ «Este concerto representa a capacidade da cultura galega para dialogar entre xeracións, representa a forza da creación colectiva, representa tamén esa vixencia absoluta da nosa poesía, que segue falándonos hoxe de liberdade, de terra e, sobre todo, de esperanza». 🗣️ «Na áre de Cultura da Deputación entendemos a cultura coma un ben esencial, coma un espazo de encontro, de pensamento crítico, de emoción compartida e de construción de país. E por iso é tan importante apoiar iniciativas coma esta, porque conectan patrimonio e contemporaneidade, porque democratizan o acceso á cultura, e sobre todo porque fortalecen o noso ecosistema cultural desde a colaboración entre institucións e entidades comprometidas».
8 0
10 hours ago
🟦 Natividade González inaugurou esta mañá no Pazo de Mariñán "2000-2025: sumando primaveras", a cuarta das Xornadas da Academia Galega de Teatro. 🟦 «Este», dixo a titular de Cultura, «é un espazo xa consolidado de encontro, reflexión e pensamento arredor das artes escénicas galega, polo que debemos agradecerlle á Academia o seu traballo de defensa e promoción do sistema teatral do noso país». 🗣️ «Apoiar o teatro galego é apoiar creatividade, emprego cultural, lingua, pensamento crítico e cohesión social», destacou a deputada do BNG, que salientou tamén a capacidade do teatro galego para «crear espazos de emoción, pensamento crítico e identidade compartida, mesmo en contextos de crise e transformación social».
17 0
3 days ago
🟦 Natividade González participou hoxe a canda Fran Quiroga na charla ‘Radiografía da política cultural galega’, do ciclo ‘Pensando o futuro’, organizado pola AC Alexandre Bóveda coruñesa. 🟦 No encontro tamén se presentou o "Manual de Políticas Culturais Locais", coordinado por Quiroga e por Adela Vázquez e editado este ano polo departamento de Cultura da Deputación. 🟦 A deputada do BNG destacou a importancia de fortalecer as políticas culturais locais e dotar os concellos de ferramentas útiles para planificar e mellorar a súa acción cultural. 🗣️ «As políticas culturais constrúense desde o local», afirmou. «É nos concellos onde a cultura toma forma concreta, onde se escoita á veciñanza, onde se detectan necesidades e onde se tecen redes». 🗣️ «A cultura non é un complemento, senón unha peza central do desenvolvemento democrático, da cohesión social e do pensamento crítico».
15 0
5 days ago
🗣️ Natividade González: «o Ciclo Mestre Mateo é unha magnífica oportunidade para poñer en valor o talento creativo do noso país e para apoiar unha industria audiovisual que vive un momento especialmente destacado». 🟦 A titular de Cultura presentou hoxe o programa a canda a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, nunha rolda de prensa a tamén se achegaron os membros da xunta directiva da entidade Javi Lopa, Fani Mosqueira e Lucía Regueiro. 🗣️ «É importante de manter espazos de encontro arredor do cinema nun momento no que consumimos historias en múltiples pantallas», sinalou a deputada do BNG, que engadiu que «a experiencia colectiva de asistir a unha proxección segue sendo fundamental para crear comunidade arredor da cultura». #CicloMestreMateo
21 0
5 days ago
🟦 Natividade González visitou hoxe na Coruña a sede de Cántigas da Terra, onde mantivo un encontro coa directiva da entidade, coñeceu parte do seu arquivo histórico e asistiu aos ensaios do coro. 🟦 A titular de Cultura destacou a «lonxevidade e boa saúde» dunha agrupación con 110 anos de historia e puxo en valor o seu labor de conservación da memoria musical da cidade. 🗣️ «O repertorio custodiado no arquivo de Cántigas da Terra é un dos máis sobranceiros da nosa cultura», salientou, «e preserva máis dun século de música popular». 🟦 Cántigas da Terra recibiu este ano 15 000 euros da Deputación a través dos programas FO213 e FO214 para investimentos culturais, programación artística e actividades formativas. 🗣️ A deputada do BNG subliñou o papel destas entidades como «axentes fundamentais para a dinamización cultural e social dos concellos, ademais de seren espazos de formación e transmisión do patrimonio cultural galego».
28 0
6 days ago
🗣️ Natividade González: «Escora Danza representa aquilo que queremos poñer en valor: o traballo no territorio, para e desde as persoas, en comunidade, coas asociacións e os concellos, de xeito intercultural, mesmo co corpo». 🟦 Destacouno a deputada de Cultura na presentación, esta mañá en Corcubión, da quinta edición do ciclo organizado polo seu departamento, nunha rolda de prensa na que a acompañaron o responsable local do BNG e concelleiro de Cultura, Carlos Cristino, e a comisaria do proxecto, Marcia Vázquez. 🗣️ González salientou os beneficios da danza para a saúde, «porque coidando o benestar tamén vivimos en sociedades moito mellores», e adiantou que Escora Danza percorrerá este ano, entre o 6 o 14 de xuño, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Mazaricos e Vimianzo. #escora2026 #aculturaéundereito
19 0
12 days ago
🟦 Natividade González inaugurou hoxe no pazo de Mariñán a primeira das dúas xornadas do programa de acompañamento formativo e de socialización pública do "Manual para políticas culturais locais. 6 fases e 25 accións para fortalecer a cultura". 🗣️ A obra, editada pola administración provincial, é, segundo a deputada do BNG, «unha ferramenta práctica para reforzar o desenvolvemento de políticas culturais transformadoras nos concellos da provincia». 🗣️ «As políticas culturais constrúense desde o local», dixo González, que reivindicou o papel dos concellos «como espazos fundamentais para escoitar a veciñanza, detectar necesidades e tecer redes». 🗣️ «A cultura é dereito, é acceso, é participación, é identidade compartida; pero tamén é economía, cohesión social, pensamento crítico e futuro: a aposta pola cultura fortalece os territorios e contribúe a construír sociedades máis xustas e vivas». #aculturaéundereito
22 0
18 days ago
🟦 Natividade González asistiu hoxe, na sala Numax de Santiago, á preestrea galega de "Así chegou a noite". 🟦 O novo filme de Ángel Santos conta con apoio da Deputación da Coruña á distribución, unha achega que, dixo a titular de Cultura, «reforza o compromiso da institución provincial co impulso ao audiovisual galego». 🗣️ «A través deste apoio, a Deputación contribúe a fortalecer a chegada ás salas de proxectos cinematográficos feitos en Galiza e a seguir impulsando a creación cultural propia». 📷 @_sabelasouto
27 0
19 days ago
🟦 A Revolución Galega de 1846 foi protagonista onte na axenda de Sol Agra e de Natividade González. 🟦 A deputada de Igualdade e Dereitos Civís participou na ofrenda floral aos Mártires de Carral e na ruta teatralizada até o cemiterio de Paleo, organizada pola Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro. 🟦 A titular de Cultura asistiu á estrea en Compostela de ‘1846. Revolución Galega’, onde compartiu sesión con Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre, e con César Caramês, director do filme. #RevoluciónGalega #MártiresDeCarral
36 0
21 days ago
🟦 Acompañamos esta mañá a Natividade González á xornada de peche das Residencias Artísticas Mariñán 2026, na que a deputada de Cultura ratificou o compromiso da Deputación para que o proxecto siga medrando nas vindeiras edicións. 🗣️ «Estas residencias son todo un referente para o noso país», afirmou a deputada do BNG, quen salientou tamén a profesionalidade das persoas comisarias, Roberto Abuín (literatura e pensamento), Aitana Cuétara (música) e Xiana Iglesias (creación de contidos socioculturais en redes). 🗣️ González puxo en valor o papel destas estadías como lugar de apoio aos procesos de creación, que ofrece tempo, espazo e acompañamento ás persoas participantes para desenvolver os seus proxectos en condicións axeitadas. #ResidenciasArtísticasMariñán #aculturaéundereito
25 0
24 days ago
Xa están as 1233 propostas da Rede Cultural.
56 0
24 days ago
🟦 Natividade González reafirma en Ferrol o apoio da Deputación ás feiras do libro como espazos de encontro e promoción da lectura en toda a provincia. 🟦 Co gallo do Día do Libro, a titular de Cultura interveu tamén na presentación, na Biblioteca da Deputación, d'Os libros durmidos', de María Canosa e Laura Suárez. 🗣️ «As feiras do libro son moito máis ca un espazo de venda: son lugares onde os libros saen ao encontro da xente, onde se comparten historias e onde a lectura se converte nunha experiencia viva e colectiva», sinalou a deputada do BNG na inauguración da cita ferrolá. 🗣️ «Seguimos apostando por unha cultura accesíbel, que chegue a todos os recunchos da provincia e que se viva en común, porque cremos que a lectura é unha ferramenta fundamental para construír unha sociedade máis crítica, máis libre e máis consciente». #díadolibro #aculturaéundereito
19 1
25 days ago