NUMAX

@numaxcoop

🎞📚 Cinema e libraría en Santiago 🖌👩🏻‍💻📽 Deseño, produción audiovisual e web 🧑‍🤝‍🧑👫👭 Cooperativa de traballo asociado
Followers
16.9k
Following
1,501
Account Insight
Score
36.68%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
11:1
Weeks posts
🌱🌼Así está sendo o mes de maio en NUMAX 💐✨
44 0
10 days ago
🎉💙O 23 de maio celebramos o noso 11º aniversario! Reservade a data e en breves contámosvos máis cousas 🤩
149 2
6 days ago
💙📚 Hoxe, luns 18 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas! Este 2026 no que se homenaxea á escritora Begoña Caamaño teremos o desconto do 10% nas compras de libro en galego (na tenda e na páxinda web). Vinde! O noso horario para o luns 18 de maio será de 10:30 a 14:00h (mañá) e de 16:00 a 20:30h (tarde).  No blog da Libraría fixemos unha lista de libros de Begoña Caamaño e outras recomendacións en galego para que poidas coller ideas!
29 1
12 hours ago
🌊 O venres 22 de maio ás 19:25 proxectamos A ESTACIÓN VIOLENTA para celebrar o noveno aniversario do filme. A sesión está organizada en colaboración con @_lamachina e contará coa presenza da súa directora e outros membros do equipo. Na edición de 2017 do Festival de Sevilla e con só 25 anos, Anxos Fazáns presentaba a súa sensible e lúcida opera prima. Cun elenco encabezado por Alberto Rolán, Nerea Barros, Xosé Barato e no que tamén se encontran Laura LaMontagne, Xiana Arias e Antonio Durán ‘Morris, A estación violenta adapta a novela homónima de Manuel Jabois protagonizada por un aspirante a escritor que vive atrapado na súa rutina, incapaz de afrontar as súas emocións. Un inesperado reencontro cos seus mellores amigos da adolescencia fará disparar todas as súas pulsións. 🎶 Producida por Matriuska Films e con guión de Ángel Santos, Xacobe Casas, Daniel Froiz e a propia Anxos Fazáns, no filme destaca a estupenda banda sonora orixinal de Charles Rapante e os temas de The Limboos, Pantis, Rabuda, The Soul Jacket, Atrás Tigre, Chicharrón e Contenedor de Mierda. 🎟️ Entradas xa á venda na billeteira e en numax.org
76 1
1 day ago
👯‍♀️ Unha das grandes citas desta fin de semana é coa eslovena A MOZA DO CORO, un coming-of-age cheo da luz, a rebeldía e as ganas de vivir que son propias da adolescencia. 🎤 Para acompañar o pase de hoxe, sábado 16 ás 20:00h, contaremos coa presenza da cineasta Anxos Fazáns ("As liñas descontinuas").
41 0
2 days ago
🥹🎨 Regresar ao universo Miyazaki e facelo en pantalla grande é sempre un goce para os sentidos. O CASTELO NO CEO é unha das súas primeiras grandes obras, debuxada artesanalmente a man polo extraordinario equipo artístico do Studio Ghibli. Unha aventura para todas as idades que podedes ver en versión dobrada (VE) e en versión orixinal subtitulada (VOSE). 📅 Datas e sesións: Venres 15 -17:25 (VOSE) Sábado 16 - 12:00 (VE) / 17:35 (VOSE) Domingo 17 - 15:45 (VE) Luns 18 - 21:30 (VOSE) Martes 19 - 21:55 (VOSE) Mércores 20 - 16:00 (VOSE) Xoves 21 - 21:35 (VOSE)
306 0
3 days ago
🌟Carteleira renovada🌟 👯‍♀️ A MOZA DO CORO ( @atalante_cinema ) A luminosa ópera prima da eslovena Urška Djukić ten como protagonista á introvertida Lucija que, aos 16 anos, entra nun coro de mozas que mudará a súa vida para sempre. Un filme «absolutamente libre que derruba todos os tabúes» (Caimán). 🚀 O CASTELO NO CEO ( @filmsvertigo ) Hayao Miyazaki regresa á nosa pantalla cunha das súas primeiras obras mestras na que o autor presenta a súa admiración pola aviación e a obsesión humana por acadar o ceo. A película terá pases dobrados (VE) e en versión orixinal subtitulada (VOSE). 🎸 IRON MAIDEN. BURNING AMBITION ( @universal_spain ) Documental que percorre os 50 anos de historia da mítica banda, desde os seus primeiros bolos nos pubs do East End londinense até encher os maiores estadios do mundo. ➕ Outras citas da semana que entra: 🏖️ Luns 18: THE POWER OF KANGWON PROVINCE (Hong Sangsoo), coa presenza de Ángel Santos 🌒 Martes 19: FAUSTO (F. W. Murnau), no ciclo Cinema + 100 🀄 Mércores 20: RESURRECTION (Bi Gan) ✊ Xoves 21: LOS SUEÑOS QUE COMPARTIMOS (Valentina Leduc) coa presenza da directora.
55 0
4 days ago
⚠️ Informámosvos que até novo aviso queda suspendido o Programa Cine Sénior que permitía ao público maior de 65 anos acceder os martes á nosa sala por só 2€, grazas ao apoio do Ministerio de Cultura e Deporte. 🙌 O motivo é que xa se esgotaron os fondos para NUMAX desta actividade que agardamos que estea de volta connosco axiña. Mentres tanto agardámosvos en NUMAX coas nosas tarifas habituais.
57 0
6 days ago
✊ A cineasta mexicana Valentina Leduc estará en NUMAX o xoves 21 de maio para presentar LOS SUEÑOS QUE COMPARTIMOS, un documental que reimaxina o mundo a partir de iniciativas de organización comunitaria filmadas por todo o planeta. O proxecto arranca da Viaxe pola vida emprendida en 2021 polos pobos maias zapatistas por Europa para compartir a súa experiencia e establecer alianzas con iniciativas comunitarias de defensa do territorio. A película viaxa a Froxán, Galicia, onde a veciñanza reconstrúe un bosque ancestral ameazado polo monocultivo do eucalipto; a Lützerath, Alemaña, onde activistas medioambientais loitan contra a mina de carbón máis grande de Europa; ou Puebla, México, onde as comunidades Cholultecas enfrontan a grandes empresas extractivistas para recuperar a auga e o territorio. 🎟️ A sesión será ás 19:00 e contará con presentación e coloquio. As entradas xa están dispoñibles!
46 0
7 days ago
📚📚🙂 Hoxe, domingo 10 de maio, último día da Feira do Libro de Santiago e última oportunidade para pasarvos polos postos no paseo central da Alameda! Estamos ata as 14.00 (mañá) e de 17.30 a 21.00 (tarde) co desconto do 10% na selección dos libros que levamos! @librariasgal 💙
320 4
8 days ago
🗓️ Programación renovada do 8 ao 14 de maio! ❤️‍🩹 YO NO MORIRÉ DE AMOR. Este venres chega a ópera prima de Marta Matute que triunfou no Festival de Málaga cos premios a mellor filme, actriz principal e actor de reparto. A protagonista é Claudia, unha moza que se debate entre os coidados á súa nai enferma e a ilusión de aproveitar ao máximo a xuventude. «Un filme redondo, que emociona desde a sutileza» (El Cultural). ✈️ HANGAR ROJO. O protagonista é Jorge Silva, capitán do exército chileno que tras o Golpe de Estado do 11 de setembro de 1973 recibe a orde de transformar unha escola de aviación en centro de detención e tortura. Juan Pablo Sallato asina un thriller político que «funciona como testemuño dunha época, agora que os herdeiros dos golpistas volveron ao poder» (El Español). 🌱 YRUPĒ. O domingo 10 recibiremos a visita de Candela Sotos, autora do filme. A súa reivindicación do cinema científico e do labor alfabetizador da Segunda República mereceu o Premio Latexos no Novos Cinemas nun xurado de salas independentes no que participamos desde NUMAX. A sesión inclúese no ciclo #OsOllosVerdes. 🤠 PAIXÓN DOS FORTES. O luns 11 continuamos a descubrir o universo fílmico de Ángel Santos, que presentará este cumio do western ás 21:20h e, un pouco antes, fará coloquio ao remate de Así chegou a noite (18:30h). 🔫 UNHA RAPAZA SEN HISTORIA (ANITA G.). No noso ciclo In memoriam lembramos a Alexander Kluge. A historia dunha moza xudía en Alemaña Occidental deu lugar a unha obra clave no Novo Cinema Alemán. O pase será o martes 12 ás 20:00h. 🎶 A VERGOÑA. Seguimos a recuperar algunhas das actuacións máis destacadas da grande actriz norueguesa Liv Ullmann, aquí nunha nova colaboración con Ingmar Bergman. Está protagonizada por unha parella de músicos que levan unha vida tranquila nunha illa. Un día a guerra, con toda a súa violencia, chega a este idílico lugar. Unha obra mestra de escura beleza que proxectamos o xoves 14. 🏰 O CASTELO NO CEO. O Día da Ascensión temos un plan para os Petís da casa cun pase en versión dobrada dunha das primeiras obras mestras do gran Hayao Miyazaki. A partir do 15 haberá pases dobrados e en VOSE. 🎟️ + info na billeteira e na web!
27 0
11 days ago