GRAZAS, BUEU 💚
A Gala Benéfica Bueu pola ELA xa é unha realidade… e só podemos darvos as ¡GRAZAS!
Grazas á solidaridade de todas e todos conseguimos recadar 3.325 €, que irán destinados integramente ó noso servizo de Copago de Rehabilitación e Psicoloxía para seguir apoiando ás persoas con ELA e ás súas familias.
O pasado sábado, o Centro Social do Mar de Bueu encheuse de música, cultura, emoción e compromiso, cunha gala que contou coas actuacións de
@noite_son @acnovosventos @adolfofh @retrouso @voununbou que puxeron o seu talento e a súa arte ó servizo da solidaridade.
Grazas tamén a
@raquelatanes que conduciu a gala con enorme profesionalidade, sensibilidade e cercanía, ofrecendo o seu tempo e o seu traballo de maneira totalmente altruístita.
Queremos agradecer a presenza e o apoio dos representantes institucionais do
@concellodebueu @concello_cangas @concellodemoanaoficial e
@deputacionpontevedra cuxo compromiso co ámbito social e cultural é fundamental para facer posible iniciativas coma esta.
Grazas tamén aos comercios locais que apoiaron a causa doando premios para os sorteos
@padinjoyeros @conservaslagopaganini Xoiería Artegalia, Marisquería Estrela, Ferraxería Centra,
@vb.estilistas 🎁
Un agradecemento moi especial a Luís Davila, autor do logo das nosas camisetas, deseñado de maneira totalmente desinteresada e convertido xa nun símbolo de apoio e visibilización da ELA
@ldavila @davila_obicheiro
Esta gala foi tamén un acto de memoria, forza e compromiso con todas as persoas que loitan cada día contra a ELA.
Grazas por sumar, por acompañar e por demostrar que xuntas e xuntos facemos a diferenza 🍀
“Para fermosa esta vila, non che hai outra como ela” 🎶
#AGAELA #AsociacionGalegaDeELA #ELAGalicia #GalaBeneficaBueuPolaELA #Solidaridad