Normal

@istoenormal

Espazo de Intervención Cultural da UDC
Followers
4,497
Following
760
Account Insight
Score
31.44%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
6:1
Weeks posts
📢 .-. "A Coruña, porto negreiro" No marco do proxecto “A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade” NORMAL inaugura o 24 de abril ás 19:00 a exposición “A Coruña, porto negreiro”. Dirixida por @negrasquecambiaronelmundo (Zinthia Álvarez Palomino) e @cristina_botana  (Cristina Botana Iglesias), esta exposición propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e do seu papel no tráfico transatlántico de persoas escravizadas. Este percorrido pola memoria colonial coruñesa convida a recoñecer as pegadas que este legado deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente. O acto presentará o proxecto @acorunaentrememorias , no marco do cal se desenvolve esta exposición. A continuación contaremos cunha actuación de repentismo poético liderada por Quinny Martínez y Las Tamboreras del Caribe, ao tempo que explicaremos o percorrido e os contidos da mostra. Para pechar o encontro ofreceráselle un brinde ás persoas asistentes que abrirá un espazo de intercambio, diálogo e reflexión arredor das temáticas tratadas. A actividade é aberta ao público en xeral, ata completar a capacidade da sala. Coa colaboración de @depucoruna 🔼
284 0
23 days ago
-.. .- -. --.. .- .-.-. O día 22 ás 20:00 horas, a Aula de Danza da @udc_oficial 25-26 representará en @istoenormal o seu espectáculo DERIVA, dirixido por Alicia López e @albafernandezcotelo A peza estreouse o pasado mes de marzo e despois de xirar polos festivais de diferentes campus das tres universidades galegas, despídese con esta función especial no mesmo edificio no que se deu o proceso da súa creación. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala. -.. . .-. .. ...- .- .-.-. #danza #contemporanea #teatrouniversitario
30 3
1 day ago
🎼🎶🎼🎵🎼 Hoxe teremos a última das "INTERFERENCIAS" en NORMAL. Será ás 20:00 horas, con entrada libre ata completar capacidade. Pero o ciclo segue noutros espazos da @udc_oficial e rematará na vindeira semana no paraninfo. A entrada é libre ata completar capacidade. Estades convidadxs! 🎼🎶🎼🎵🎼
2 0
2 days ago
💜💜💜 Este venres, @aventeira.coop celebra en NORMAL "Ondas de cambio", un foro de profesionais da educación en igualdade, diversidade e prevención das violencias machistas. O prazo de inscrición está aberto ata hoxe mesmo ás 18:00 horas na web da cooperativa. Este evento celébrase coa colaboración da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade da UDC e, como sempre, co apoio de @depucoruna 📣📣📣
3 0
2 days ago
📣📣📣📣 A última das "Interferencias" en NORMAL será o vindeiro xoves 14 de maio, ás 20:00, no Cubo. Actuará unha formación de cámara con violíns, tuba e bombardino. A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo. Estades convidadas! --.- #CiclodeConcertos #Música #Interferencias #espazossingulares
9 0
5 days ago
📣 O pasado martes pechamos no Ágora do @coruna_gal a 31ª edición do FITEUC, que organiza a Área de Cultura de @udc_oficial Foron seis días de artes escénicas nos espazos municipais e co apoio de @depucoruna As fotografías de "Irmás", da Aula de Teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro, son de @byn_imagen_corporativa Queremos agradecer a súa participación á @universidadedevigo e á @universidade_usc e a todas as persoas que formaron parte dos grupos que actuaron nos oito espectáculos programados. Agardamos que se repita, e cada vez mellor, e xa sabedes que estades todas convidadas a participar nas Aulas de Teatro, Danza e Música da UDC ou como espectadoras. 🔴
23 0
8 days ago
🎼 --.-- O pasado martes, 6 de maio, a Aula de Música da @udc_oficial , dirixida por Daniel García Artés presentou no @forummetropolitano o seu repertorio. As fotos son de @byn_imagen_corporativa . Dende Cultura UDC agradecemos o traballo a todas as persoas que forman parte da Aula de Música e ás que axudaron a facela realidade. Incluíndo, por suposto, ao @coruna_gal e á @depucoruna . 🎼
33 2
8 days ago
✨Éxito na xornada de onte do #FITEUC! 🎵🎭Ás 19:00 horas a Aula de Música da UDC, dirixida por Daniel G. Artés actuou no Forum Metropolitano e ás 20:00 horas, a Aula de Teatro da @universidade_usc dirixida por Roberto Salgueiro representou "Irmás" no Ágora. 🎭Ademais, ás 18:00 horas, o Club de Lectura de @istoenormal reuniuse na Sala Cubo para reflexionar sobre a obra "O corpo de Cristo", de @bea.lema , Premio Nacional de Cómic do ano 2024. #CulturaUDC #UDC #Teatro #Música #Lectura
43 2
9 days ago
*☠*☠* A nosa exposición "A Coruña, porto negreiro", recibiu unha visita especial nas últimas horas: alguén que nos deixou un agasallo. En @acoruna_entrememorias sospeitan de @xeriongram , as comisarias @cristina_botana e @negrasquecambiaronelmundo teñen tamén as súas hipóteses, e nós as nosas ***** E a túa?.. *☠*☠*☠*
51 2
11 days ago
🎉🎉🎉 Nesta primeira semana do mes das letras comezaremos, hoxe, 5 de maio, as actuacións no Cubo de NORMAL programadas no ciclo "Interferencias" que organiza o Conservatorio Superior de Música da Coruña. Mañá, no FITEUC, teremos doble función: ás 19:00 horas, a nosa Aula de Música dirixida por Daniel G. Artés actuará no @forummetropolitano . E ás 20:00 horas, a Aula de Teatro da @universidade_usc dirixida por Roberto Salgueiro representará "Irmás" no Ágora do @coruna_gal Antes, ás 18:00 horas, @yanezantia e @bea.lema manterán un coloquio coas participantes no Club de Lectura de NORMAL no noso Cubo. Será arredor de "O corpo de Cristo", o libro que mereceu o Premio Nacional de Cómic do ano 2024. O xoves repetiremos concerto dentro do ciclo "Interferencias", e o venres pola tarde acolleremos un evento de @trcdanzamediacion na nosa Aula de Danza. Todo isto, mentres na sala podedes visitar, ata o 15 de setembro, "A Coruña, porto negreiro", comisariada por @cristina_botana e @negrasquecambiaronelmundo . Estades convidadas a todas as actividades, que son de libre acceso ata completar a capacidade dos espazos. 📷🚩🧵
22 0
11 days ago
📢🧵👇 Este mércores día 6 de maio, ás 18:00 horas, comezamos a celebración do Mes das letras cun coloquio coa autora @bea.lema no marco do Club de Lectura de NORMAL que dirixe @yanezantia Bea Lema é a autora de "O Corpo de Cristo" a súa primeira novela gráfica. Un cómic autobiográfico que trata a enfermidade mental desde a perspectiva dunha nena. A protagonista é unha filla que vive a patoloxía da súa nai, que non recoñece a enfermidade e se nega a medicarse, xa que considera que se trata dun “meigallo”. A novela mostra a resiliencia da rapaza fronte aos problemas dos adultos. A obra obtivo o XII Premio Castelao da @depucoruna no 2017, e foi Premio Nacional de Cómic en 2024. A entrada será de balde ata completar a capacidade do Cubo de NORMAL. Estades convidadxs! 🧵🧶💜
51 2
12 days ago
O pasado 30 de abril a Aula de Teatro da @universidade_usc - Campus de Lugo, dirixida por Stephanie Cubides, estreou no @forummetropolitano o seu espectáculo "Do marabilloso mundo dos animais, os cordeiros", a partir dun texto de Daniel Veronese. As fotos son de @byn_imagen_corporativa . Esta semana remata o FITEUC e dende Cultura UDC agradecemos o traballo a todas as persoas que axudan a celebralo e, por suposto, a @coruna_gal e á @depucoruna . Este mércores, día 6, rematamos a 31ª edición cun doble espectáculo: a Aula de Música da UDC no @forummetropolitano e a Aula de Teatro da USC no Ágora. Animádevos!
13 0
12 days ago