1 мая : Bosquexos inquedos de Esther Rivas @esguince_neuronal nun Vigo que esperta hoxe sendo capital da clase traballadora galega . Sensacións , paradigmas, desertos. F.U.R.A.D.A garda un singnificado , banda sonora: Viet Nam
Damos a benvida a Furada! 💥💥💥💥
Temos o pracer de anunciar que o dúo de Crecente editará o seu primeiro disco con nós.
Para nós é un auténtico luxo traballar cunha das bandas máis prometedoras e auténticas da escena underground galega. Preparádevos para o que vén...
Benvidos á familia!
@ferrorrecords@furada__ #Furada
Hai case dúas semanas que viu a luz o videoclip de “O San Xoán de Lois Pereiro”.
A acollida foi emocionante. Grazas de corazón a todas as persoas que o vistes, compartistes e fixestes voso este traballo.
Pero, sobre todo, grazas a quen o fixo posible
á presenza e palabra de Branca Trigo Cabaleiro,
e á forza e entrega de Isamel Eirexas.
Este videoclip é moito máis ca unha peza audiovisual: é un encontro entre linguaxes, corpos e memoria.
Desde Arraianes, agradecemos profundamente formar parte deste proceso, acompañando a dirección creativa dun proxecto que segue a medrar e a expandirse.
E agora, coa chegada da Semana Santa, continuamos.
📍 4 de abril — Vigo
FURADA + FILEBO
La Fábrica de Chocolate Club
Unha nova oportunidade para vivir en directo todo o que está por vir.
Vémonos alí.
🔥 Xa está aquí!
O videoclip de “O San Xoán de Lois Pereiro” de @furada__ xa está dispoñible en YouTube.
Un videoclip de Alba Casas @alb.casas
Protagonizado por Branca Trigo Cabaleiro @brancatrigo Isamel Eirexas @moitobarullo
Asistencia de dirección de Nerea Rogido López @seikacela
Xestión/Producción por Arraiane(s) @arraianestudio
Déixate devorar por quen te escolla
agora que es unha luz evadida
da escuridade que te tiña capturado.
Déixate devorar
e impide feramente
que te volva habitar e te contaxie
a túa latente sombra irrevocable
Lois Pereiro
🔥 Este venres 20 chega algo moi especial...
Estamos a piques de estrear o videoclip de “O San Xoán de Lois Pereiro” un tema de Furada @furada__ que arde na palabra e a raiba.
Un videoclip de Alba Casas @alb.casas
Protagonizado por Branca Trigo @brancatrigo e Ismael Eirexas @moitobarullo
Un adianto do que está por vir…
Estade atentas. O venres prende.
Este sábado Furada tivo a oportunidade de levar o seu universo ao Malgosto, un espazo onde a tradición se retorce, a modernidade entra sen pedir permiso e a irreverencia convértese en celebración. Un pracer formar parte da terceira edición deste “magosto que sae mal (ou moi ben, segundo se mire 👀)” na Igrexa da Madalena de Ribadavia.Levar esta proposta ao Malgosto, e sentila dialogar coa enerxía do encontro, foi unha experiencia poderosa para nós.
Grazas ao @festivalarteficial por convidarnos e por crear un evento onde a cultura popular e a experimentación conviven sen pudor.
Seguimos facendo ruído. 🌑🖤
📸: @arraianestudio
Hoxe van 2x1, porque maña xoga o celta o non nos vamos acordar de subir foto. Aqui Pablo en proceso de declive de abstracción, a búsqueda da concentración
📸 : @arraianestudio