Festival dos Eidos

@eidosfest

X Festival dos Eidos, do 29 ao 31 de agosto 2025 🏔️ Poesía, música e patrimonio na @fnovoneyra
Followers
2,407
Following
1,592
Account Insight
Score
28.98%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
2:1
Weeks posts
@mohammadbitari recita no X Festival dos Eidos #eidosfest #poesia #novoneyra #courelmountainsgeopark
137 1
8 months ago
🔜 Mañá venres 29 ás 18:30h. abrimos o ciclo de conversas cos poetas Nieves Neira @ametencias e Xabier Cordal que recitarán xuntos no Souto da Rubial🌰
52 1
8 months ago
O sábado 30 escoitatemos unha poeta da montaña: Inés Lopez naceu en Pedrafita do Cebreiro en 1980. É médica de urxencias e traballa no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Cando nena descubriu a poesía a través de Manuel María e desde aquela entende a escrita poética como maneira de protesta, entrega e compromiso. O pasado ano saiu do prelo o seu primeiro poemario intitulado ‘Acuruxar’. #eidosfest #poesia #novoneyra #courelmountainsgeopark
161 2
8 months ago
🪩 Volven ás ‘Sesións dos Eidos’ con @djtriston O venres 29 ás 23:00. agardámosvos na horta da @fnovoneyra . Imos bailar e bailar! 🕺🏽 #eidosfest #dj #novoneyra #courelmountainsgeopark
58 0
8 months ago
🖤 O sábado 30 ás 13:30h. gozaremos dunha escoita homenaxe da música do gran Emilio Cao, estreito colaborador de Novoneyra. Xuntos traballaron no disco ‘Amiga Alba e Delgada’ que escoitaremos entre a discografía escollida para lembrar ao noso gran amigo recentemente falecido. 🍸 A sesión vermú posterior á escoita homenaxe é cortesía de @bodegaslodeiros que desde fai tanto apoia os vermús poéticos das nosas programacións. #eidosfest #emiliocao #novoneyra #courelmountainsunescoglobalgeopark
72 1
8 months ago
🎷🎤 O sábado 30 ás 18:30h escoitaremos a Ildefonso Rodríguez (León, 1952), poeta e saxofonista, dedicado ao jazz e á improvisación libre. Participou na fundación das revistas Cuadernos leoneses de poesía e El signo del gorrión. A súa obra poética foi reunida no volume Escondido y visible. Escribiu tamén narrativa (Son del sueño, Disolución del nocturno, Informes y teorías) e ensaio (El jazz en la boca). Das súas últimas publicacións destacamos o libro–disco Inestables, intermedios; Ciclo Tierra de Campos (Inacabado. Aventuras de tres amigos en los tiempos del nacionalcatolicismo) e Pliegue a pliegue. El libro de Tomás. Este album-collage compilación de conversas, recordos e escritos que dá voz ao amigo e á Amizade (en palabras maiúsculas) é chave para darnos acceso ao que Ildefonso entende como poesía. En toda a súa obra os afectos, o intercambio de cromos vitais, os soños e por suposto a música foron construíndo unha particular tesela multicolor onde cada peciña ten sentido por si propia. O dicir do poeta non existiría de non estar atento ao que o ollo atopa na rúa e ao que a humanidade celebra ou condena. Cos poemas de Rodríguez sentímonos partícipes dun lugar de vida tan cercano como universal. #eidosfest #poesia #courelmountainsunescoglobalgeopark
45 0
8 months ago
🐺 O domingo 31 ás 12:00h. presentamos ‘A distancia do lobo’, segunda edición da biografía de Uxío Novoneyra. 🎙️Conversarán o seu autor e editor Antón Lopo co escritor e xornalista @manuel.jabois 📕 Compartimos unhas palabras que aparecen na contracapa desta nova edición: “É 1999 e Uxío Novoneyra sospeita que está nos derradeiros días da súa vida. Aí, nese intre de revelación e intimidade coa realidade, comeza ‘A distancia do lobo’, unha novela considerada “de culto” desde o mesmo momento da súa publicación [2010]. Antón Lopo non só se somerxe na pel de Novoneyra para recrear a súa apaixonante biografía senón que nos propón un documento único sobre a cultura en Galicia na ditadura e na transición. Estamos ante unha obra que é memoria histórica dunha época, documento de vida e desafío literario. Cando entras na espiral da súa narración non poderás parar a lectura ata a última páxina.” #novoneyra #biografia #eidosfest #courelmountainsunescoglobalgeopark
102 0
8 months ago
O domingo 31 às 10:30h. gozaremos dunha Ruta pola Arquitectura dos Eidos guiada polo arquitecto @xoseallegue . Sairemos dende casa escola para visitar a lauda do poeta, sita na horta da casa natal de Uxío Novoneyra, a Casa da Fonte, e recuperar ao longo dun paseo pola aldea de Parada numerosas referencias territoriais e arquitectònicas contidas n’Os Eidos. Libro do Courel onde na lectura profunda confúndense natura e cultura. #eidosfest #rutaspatrimoniais #novoneyra #courelmountainsgeopark
89 0
8 months ago
O venres 29 ás 17:30h. abrimos con ‘Nacenza’ de @amadorlorenzoblach , unha proxección audiovisual do proxecto fotográfico acompañado coa sonorización gravada nunha soa toma a cargo do contrabaixista @juymaestevezbass9 No ano 2014, Amador Lorenzo concibe un proxecto para retratar a vida dos habitantes do Macizo Central de Queixa-Manzaneda. A idea é acompañar a un veterinario durante as súas longas xornadas de traballo co obxectivo de retratar o día a día os habitantes deste enclave. O resultado son un conxunto de imaxes nas que o fotógrafo consegue captar un ecosistema no que as fronteiras entre persoas, animais e espazos se esvaecen dentro dun relato visual que se afasta dos achegamentos nostálxicos habituais neste tipo de traballos. ‘Nacenza’, que tamén ten unha existencia editorial dentro da marabilla que é o catálogo de @fabulatorio_ , é unha chamada e unha invitación a pensar, afirmar que isto existe. 👁️ #eidosfest #fotografia #poesía #courelmountainsunescoglobalgeopark
50 1
8 months ago
PROGRAMA DOMINGO 31 DE AGOSTO⛰️ ESCOLA 10:30 H. RUTA POLA ARQUITECTURA DE PARADA CON XOSÉ ALLEGUE CURRAL 12:00 H. PRESENTACIÓN DA BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA “A DISTANCIA DO LOBO” CON ANTÓN LOPO E MANUEL JABOIS HORTA 13:00 H. SON DE CORDA #eidosfest #novoneyra #courelmountainsgeopark
36 0
8 months ago
PROGRAMA SÁBADO 30 DE AGOSTO🍀 SOUTO DA RUBIAL 10:30 E 11:30 H. AVISTAMENTO DE PAXAROS DOS EIDOS CON XABIER VÁZQUEZ PUMARIÑO 12:30 H. CONVERSA POÉTICA CON ORIANA MÉNDEZ E JAUME COLL MARINÉ DENTRO DO PROGRAMA “AFINIDADES ELECTIVAS” HORTA 13:30 H. ESCOITA HOMENAXE A EMILIO CAO 14:00 H. SESIÓN VERMÚ CURRAL 18:00 H. RECITAL POÉTICO CON ISOLDA SANTIAGO, MOHAMAD BITARI, INÉS LÓPEZ E ILDEFONSO RODRÍGUEZ HORTA 20:30 H. LOBEIRA 21:30 H. LOITA AMADA 23:00 H. DJ´S CANAY & JIMENO #eidosfest #novoneyra #courelmountainsgeopark
49 0
8 months ago
PROGRAMA VENRES 29🌿 CURRAL 17:00 H. INTERVENCIÓN VOCAL CON NEREA VILABOA CARPINTERÍA 18:00 H. PROXECCIÓN AUDIOVISUAL DO PROXECTO FOTOGRÁFICO “NACENZA” DE AMADOR LORENZO SOUTO DA RUBIAL 18:30 H. CONVERSA POÉTICA CON NIEVES NEIRA E XABIER CORDAL HORTA 20:30 H. FURADA 21:30 H. MOURA 23:00 H. DJ TRISTÓN #eidosfest #novoneyra #courelmountainsgeopark
45 2
8 months ago