Fabulatorio

@fabulatorio_

Publishing books on visual culture Fabulatorio is the editorial lab of @desescribir Book distribution @ideabooksnl @alonso_libros
Followers
4,356
Following
1,058
Account Insight
Score
31.32%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
4:1
Weeks posts
📚🌹 Hoxe celebramos o Día do Libro con estas novas pegatas de Fabulatorio deseñadas polo benquerido @alvarovalino 🥰
229 15
25 days ago
FABA xa abrollou! 🌱 Moitas grazas a todas as persoas que nos acompañastes o venres e o sábado na presentación dos dous poemarios cos que arrinca FABA. Grazas tamén a @numaxcoop e @moitoconto por acollernos sempre tan ben! E todo o noso amor e admiración para @odepoche , @olicocinha e @exantheo 🧡🩵 A partir desta semana comezarán a chegar ás librarías as primeiras sementes de FABA. Só podemos agardar que prendan, enraicen ben e dean bo froito. 🌱 — 📸 @alvarovalino — 📚 FABA—1
Desprender no sono / Alice Oswald
 (Tradución de Jesús Castro Yáñez)
 [16,00 €] — 📚 FABA—2
Primeiro espello / Olalla Cociña
 [16,00 €]
74 3
29 days ago
NOVOS LIBROS!! 📚📚Colección FABA — 🌍 Reserva exemplares en 🔗 Link na BIO 📦 Envíos a partir do mes de maio — 📢 OFERTA LANZAMENTO 📦 FABA—1 + FABA—2 📚 Desprender no sono / Alice Oswald 📚Primeiro espello / Olalla Cociña [25,00 €] — 📚 FABA—1 Desprender no sono / Alice Oswald (Tradución Jesús Castro Yáñez) [16,00 €] — 📚 FABA—2 Primeiro espello / Olalla Cociña [16,00 €]
63 0
1 month ago
PRESENTACIÓNS Colección FABA 🌱 — FABA—1 📚Desprender no sono / Alice Oswald [Tradución de Jesús Castro Yáñez] FABA—2 📚Primeiro espello / Olalla Cociña — Coa presenza de: Olalla Cociña @olicocinha Jesús Castro Yáñez @exantheo (editor da colección FABA e tradutor) Edu Poch @odepoche (piano) 💙 — 📍Santiago de Compostela Libraría NUMAX @numaxcoop Venres, 17 de abril 19:00 h. — 📍A Coruña Libraría Moito Conto @moitoconto Sábado, 18 de abril 12:00 h.
115 2
1 month ago
NOVO LIBRO!! 📚Primeiro espello / Olalla Cociña @olicocinha (FABA—2) — 🌍 Reserva exemplares en 🔗 Link na BIO 📦 Envíos a partir do mes de maio — [Editor da colección: Jesús Castro Yáñez @exantheo ] — Primeiro espello intérnase aínda máis nos vieiros que Olalla Cociña xa fixera seus hai unha década en Vestir a noite, o que ata o de agora era o seu último libro de poemas: os relustros poderosos e algo amargos deses instantes de memoria que, cando se conquistan, aloulan pola súa intensidade, lóxicas inesperadas que se revelan evidentes unha vez que foron enunciadas. O libro de Olalla Cociña inscríbese na literatura do onírico sen limitarse a transcribir a percepción dislocada dos soños, os seus contornos enganosos, senón querendo alumar a rareza deses cristais cunha luz distinta a través da súa incorporación ao poema. Son textos que sempre pesan moito menos ca a impresión que deixan, privilexian esa clase de sensación que vai esponxando, que medra por dentro e que precisamente é máis grande porque nunca se expón de todo. Como sinala Ildefonso Rodríguez no preámbulo aos poemas, Olalla Cociña é unha escritora que suspende límites, traslada sentidos, vai cara ao inestable e o intermedio. «Nin durmidas podemos deixar de ser quen somos», apunta un dos versos, pero na súa escrita, Cociña tamén se desdobra continuamente, sobrevóase, obsérvase desde o teito do cuarto cando dorme. Estraños ángulos de cámara, unha intuición que se esguella para non se facer familiar de máis, para non ser allea ao traballo que dá recoñecerse. — 📢 OFERTA LANZAMENTO 📦 FABA—1 + FABA—2 📚 Desprender no sono / Alice Oswald 📚Primeiro espello / Olalla Cociña [25,00 €] — 📚 Primeiro espello / Olalla Cociña [16,00 €] Ref.: f.29 (FABA—2) Revisión: Bea Fariñas Deseño: @desescribir Imprenta: @imprenta_agenciagrafica Encadernación: Legatoria #Fabulatorio #Faba #Poesia #AliceOswald #BookDesign
240 23
1 month ago
NOVO LIBRO!! 📚Desprender no sono / Alice Oswald (FABA—1) [Tradución de Jesús Castro Yáñez] — 🌍 Reserva exemplares en 🔗 Link na BIO 📦 Envíos a partir do mes de maio — [Editor da colección: Jesús Castro Yáñez @exantheo ] — Desprender no sono é o primeiro libro de Alice Oswald que se traduce ao galego. Nas súas páxinas quedan máis que patentes as virtudes da autora: unha sensibilidade profundamente ecolóxica, un dominio maxistral do ton e do ritmo, a atención á tradición oral e a intelixencia sensorial coa que comprende o territorio, mesmo a escalas históricas e ata xeolóxicas. «O desafío que propón a poesía é o de deixar a linguaxe aberta para que o que aínda non coñecemos poida atravesala», afirma Oswald. A maioría destes poemas gravitan arredor do punto exacto en que se produce algún tipo de cambio, suceden ás veces nun estado de transo e outras nun momento de tránsito, pero sempre parecen estar celebrando esa mutabilidade da vida que poñen de manifesto. Alice Oswald, talvez só por detrás de Anne Carson, é unha das maiores renovadoras da poesía clásica, que reinterpreta e subverte con destreza. A segunda metade de Desprender no sono e tamén a parte máis espectacular do libro, titulada Titono e subtitulada 46 minutos na vida da aurora, é un longo poema narrativo que toma como punto de partida un mito grego e está feito para lerse no tempo que lle leva á noite volverse día nun amencer de verán. Interesada no que das palabras irradia, máis que na súa solidez, Oswald é creadora dunha obra que pide ser lida de viva voz. — 📢 OFERTA LANZAMENTO 📦 FABA—1 + FABA—2 📚 Desprender no sono / Alice Oswald 📚Primeiro espello / Olalla Cociña [25,00 €] — 📚 Desprender no sono / Alice Oswald [16,00 €] Ref.: f.28 (FABA—1) Tradución: @exantheo Revisión: Bea Fariñas Deseño: @desescribir Imprenta: @imprenta_agenciagrafica Encadernación: Legatoria — #Fabulatorio #Faba #Poesia #AliceOswald #BookDesign JesusCastro
208 16
1 month ago
FABA é a colección de poesía de Fabulatorio FABA propón un catálogo de afinidades entre a poesía galega máis singular e a obra de poetas influentes do resto do mundo FABA é unha escolma que procura ser unha obra en si mesma, unha serie de libros que queren acompañar, unha presada de sementes para levar na man. — @exantheo @fabulatorio_
181 24
1 month ago
FABA — A colección de poesía de Fabulatorio #2026 🌱 — @exantheo @fabulatorio_
129 21
4 months ago
📚ABC Seoane — 📣 PRESENTACIÓN! 🗓️ Venres 14 de novembro de 2025 ⏰ 20:00 h 📍 Fundación Luis Seoane 👥 Piu Martínez / Cibrán Rico / Suso Vázquez — 🌍 Reserva un exemplar en 🔗 Link in BIO 📦 Envíos a partir do mes de novembro — «ABC Seoane» é unha coedición entre a @fundacionluisseoane e @fabulatorio_ — 📚 ABC Seoane [20,00 €] 96 páxinas Galego Impresión Ófset CMYK 165 x 235 mm ISBN 979-13-990100-4-6 — Ilustracións: Luis Seoane / @Fundaci ónLuisSeoane Idea: @piumartinez Edición: @piumartinez @desescribir Deseño: @desescribir Fotografía: @jesusmadrinan / Xoán Piñón Imprenta: @imprenta_agenciagrafica Encadernación: Legatoria #Fabulatorio #bookdesign  #LuisSeoane #editorialdesign  #thebookdesign #childrenbook #booksforkids
129 1
6 months ago
📚ABC Seoane — 🌍 Reserva un exemplar en 🔗 Link in BIO 📦 Envíos a partir do mes de novembro — «ABC Seoane» é unha coedición entre a @fundacionluisseoane eoane e @fabulatorio_ — 📚 ABC Seoane [20,00 €] 96 páxinas Galego Impresión Ófset CMYK 165 x 235 mm ISBN 979-13-990100-4-6 — Ilustracións: Luis Seoane / @Fundaci ónLuisSeoane Idea: @piumartinez Edición: @piumartinez @desescribir Deseño: @desescribir Fotografía: @jesusmadrinan / Xoán Piñón Imprenta: @imprenta_agenciagrafica Encadernación: Legatoria — [GAL] O universo infantil é inconmensurable, e os seus integrantes conforman unha nutrida comunidade lectora, ademais de formar parte do propio tecido da creación. As infancias e a arte son termos indisolublemente unidos, e a sensibilización polos temas artísticos, así como o desenvolvemento e a estimulación das capacidades creativas, inícianse desde idade temperá. As peculiaridades da ollada das infancias, o salvaxismo dos seus primeiros trazos e a experimentación coa cor e coa forma bañan as súas obras dunha alegría creadora que será perseguida por infinidade de artistas. Moitos deles apropiáronse dos abecedarios —considerados unha das primeiras formas de libro infantil— como soporte de traballo, entendido este como un espazo de liberdade creativa capaz de absorber estilos gráficos heteroxéneos. Das súas achegas xorde unha sólida alianza que vincula de xeito estreito o libro infantil co libro de artista. De Seoane aprendemos, entre outras moitas cousas, que o soporte no que un creador dá vida á súa obra non debe ser un condicionante, senón un amplificador indispensable para a expresión da súa propia liberdade creativa. Cubertas de libros, portadas de revistas, murais ou cerámicas son só algúns dos soportes que o artista galego empregou para narrarnos as súas inquietudes ao tempo que deixaba mostra do seu xenio. Este abecedario é vestixio da riqueza do seu facer como grafista e constatación do seu estilo singular. @piumartinez #Fabulatorio #bookdesign  #LuisSeoane #editorialdesign  #thebookdesign #childrenbook #booksforkids
107 1
6 months ago
NOVO LIBRO!! 📚ABC Seoane — 🌍 Reserva un exemplar en 🔗 Link in BIO 📦 Envíos a partir do mes de novembro — «ABC Seoane» é unha coedición entre a @fundacionluisseoane e @fabulatorio_ — [GAL] O universo infantil é inconmensurable, e os seus integrantes conforman unha nutrida comunidade lectora, ademais de formar parte do propio tecido da creación. As infancias e a arte son termos indisolublemente unidos, e a sensibilización polos temas artísticos, así como o desenvolvemento e a estimulación das capacidades creativas, inícianse desde idade temperá. As peculiaridades da ollada das infancias, o salvaxismo dos seus primeiros trazos e a experimentación coa cor e coa forma bañan as súas obras dunha alegría creadora que será perseguida por infinidade de artistas. Moitos deles apropiáronse dos abecedarios —considerados unha das primeiras formas de libro infantil— como soporte de traballo, entendido este como un espazo de liberdade creativa capaz de absorber estilos gráficos heteroxéneos. Das súas achegas xorde unha sólida alianza que vincula de xeito estreito o libro infantil co libro de artista. De Seoane aprendemos, entre outras moitas cousas, que o soporte no que un creador dá vida á súa obra non debe ser un condicionante, senón un amplificador indispensable para a expresión da súa propia liberdade creativa. Cubertas de libros, portadas de revistas, murais ou cerámicas son só algúns dos soportes que o artista galego empregou para narrarnos as súas inquietudes ao tempo que deixaba mostra do seu xenio. Este abecedario é vestixio da riqueza do seu facer como grafista e constatación do seu estilo singular. @piumartinez — 📚 ABC Seoane [20,00 €] 96 páxinas Galego Impresión Ófset CMYK Cuberta troquelada 165 x 235 mm ISBN 979-13-990100-4-6 — Título: ABC Seoane Ilustracións: Luis Seoane / @ Fundación Luis Seoane Idea: @piumartinez Edición: @piumartinez @desescribir Deseño: @desescribir Fotografía: @jesusmadrinan / Xoán Piñón Imprenta: @imprenta_agenciagrafica Encadernación: Legatoria #Fabulatorio #bookdesign  #LuisSeoane #editorialdesign  #thebookdesign #childrenbook #booksforkids
346 41
6 months ago
🌿 Iniciamos nova etapa na Coruña! 📍 Rúa Pla y Cancela 43, baixo 15005 A Coruña — @desescribir @fabulatorio_ — 📷 Álvaro Cebreiro, 1934
592 51
7 months ago