GALLAECIAN CULT MMXXVII
18-19 SETEMBRO
ARRABALDES DE VIGO
@deviated_instinct_crust
Mitico grupo de Inglaterra formado en 1984, participaron a creacion do stenchcore, a definitiva mezcla de anarcopunk, death e thrash metal.
@globalhorrorgrind
Trio de crustgrind afincado en Burdeos pero con 2 elementos orixinarios de Compostela. Facto curioso: parte da composicion do AVE que despistouse tragicamente en Angrois caiu na finca da casa da familia do batera. Moi grindcore.
@kronolpunk
Grupo d-beat de Holanda, veñen de xira iberica e teñen moitas ganas de faceros bailar co seu dibi!
@mastin_crust
A xogar en casa, recuperando de uma Tragedy lesion no brazo van vingarse con un crust melodico pero crudo como queremos e xa nom se facia en Vigo fai tempo.
@diskrasuki
Anarcopunks do Porto, xente moi amable!
Un ano mais o encontro do culto do underground galaico se xuntará no ultimo fin de semana do verán.
Uns veñen, outros van, encanto a sociedade da intelixencia artifical e da natural futilidade se expande e afinca cada vez mais nas nosas vidas, no noso entorno, nas nosas relacions e espazos. A escena e o underground nom se escapan de esa loxica de dominio, de subxugacion e de explotacion cada mais perfeccionadas e presentes entre nos.
As redes sociais e o xulgamento perpetuo que imponen se avoluman con a falta de confianza entre nos e en nos proprios, e rapidamente solucions psiquiatricas, punitivas e ideoloxicas de um mondo en decadencia se inculcan aos recen chegados e a todos os que queren rebelarse e de alguma maneira soltarse das amarras da sociedade capitalista e autoritaria que nos condiciona o cotidiano.
Nunca huvo tanta xente na escena e nunca os concertos foran tan vaciados de proposito, e repletos de vanidade e vaidade , o presumir se sobrepon ao encontro.
Mas o underground nom se vende. Esta é uma brecha no cuotidiano en que nos encontramos, bailamos e conspiramos. O underground nom paga a posers.
En Gallaecia o culto do underground vencerá sobre o culto ao algoritmo. Mais uma batalla esta de caminho, numa clareira con vista sobre a metropolis industrial e cultural de Vigo.
O Culto Galaico vive encanto o lume da revolta arde nas nosas cancions.