Concello de Zas

@concellozas

Conta oficial do Concello de Zas (A Coruña)
Followers
3,289
Following
68
Account Insight
Score
30.21%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
48:1
Weeks posts
⚽🏟️ Chega o 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐂𝐀𝐌𝐏𝐔𝐒 ao Concello de Zas! O Concello de Zas acolle un ano máis o 𝐃𝐞́𝐩𝐨𝐫𝐂𝐚𝐦𝐩𝐮𝐬 𝐂𝐚𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨𝐚́, unha oportunidade única para que nenos e nenas desfruten do fútbol da man dos adestradores do 𝐑𝐞𝐚𝐥 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐃𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚. 📅 𝐃𝐚𝐭𝐚𝐬: do 20 ao 24 de xullo ⏱️ 𝐇𝐨𝐫𝐚𝐫𝐢𝐨: de 10:00 a 14:00h 👦👧 Actividade dirixida a 𝐫𝐚𝐩𝐚𝐜𝐞𝐬 𝐞 𝐫𝐚𝐩𝐚𝐳𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝟔 𝐚 𝟏𝟒 𝐚𝐧𝐨𝐬, cunha proposta pensada para aprender e mellorar a través do xogo: ⚽ xogos coordinativos e de balón 🎯 exercicios técnicos e tácticos 🏃 partidos e competicións adaptadas 🤝 valores como o respecto, o esforzo, a amizade e o xogo limpo 📌 Inscricións e información: 🌐 https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/zas-2026/inicio Unha semana chea de deporte, convivencia e moita ilusión ⚽✨ #DeporCampus #ConcelloDeZas
5 0
1 hour ago
✨ Hoxe vivimos unha xornada moi especial en Reirís coa inauguración da nova área recreativa impulsada pola Asociación A Fonte de Fornelos, nun acto no que participou o alcalde xunto á veciñanza e ás persoas que fixeron posible este proxecto. Un espazo recuperado grazas ao traballo, á ilusión e ao compromiso dunha parroquia que segue demostrando que a unión veciñal é quen de transformar e poñer en valor lugares cheos de historia, identidade e memoria. Durante o acto inaugurouse tamén o cruceiro, descubríndose unha placa conmemorativa en homenaxe a Manuel Pazos Espasandín, constructor do cruceiro, e a Manuel Torrado Torres, doador desta peza tan significativa para Reirís e para toda a parroquia. O alcalde quixo agradecer especialmente o labor da asociación, das antigas e novas directivas e de toda a veciñanza de Fornelos, destacando o seu exemplo de traballo solidario, continuidade e compromiso co pobo. A celebración continuou coa actuación “Dous no Camiño” de Isabel Risco e Fran Rei e finalizou cunha convivencia veciñal na propia área. 🌿 Reirís queda desde hoxe como un espazo para compartir, descansar, celebrar e convivir. Coidémolo, respectémolo e desfrutémolo entre todas e todos.
33 0
14 hours ago
🐶📍 O vindeiro 24 de maio celebramos a 𝐈𝐈𝐈 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐂𝐚𝐧𝐢𝐧𝐚 na Praza Jorge Mira Pérez! Unha cita pensada para desfrutar cos nosos mellores amigos de catro patas 🐾 🕦 A partir das 11:30 horas poderás gozar de: 🏆 𝐈𝐈𝐈 𝐄𝐱𝐩𝐨𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐂𝐚𝐧𝐢𝐧𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐀𝐋𝐂𝐄𝐋𝐂𝐑𝐄 🐕 𝐈𝐈𝐈 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐋𝐨𝐜𝐚𝐥 𝐂𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐌𝐨𝐫𝐭𝐞 🎭 Exhibicións caninas 🎁 Sorteo de agasallos entre as persoas participantes No concurso popular haberá premios ao: 🐶 𝐶𝑎𝑛 𝑚𝑎́𝑖𝑠 𝑔𝑢𝑎𝑝𝑜 😄 𝐶𝑎𝑛 𝑚𝑎́𝑖𝑠 𝑠𝑖𝑚𝑝𝑎́𝑡𝑖𝑐𝑜 📌 As inscricións estarán abertas ata o propio día do evento a través dos seguintes medios: 📝 https://forms.gle/jAAMdsiccFPqRvYdA 📞 981 70 83 03 📧 [email protected] Anímate a participar e vive unha xornada chea de convivencia, diversión e amor polos animais ❤️🐕 Máis información na web: https://concellodezas.gal/o-concello-de-zas-acolle-o-24-de-maio-a-terceira-edicion-da-sua-xornada-canina/ #XornadaCanina #CostaDaMorte #ConcelloDeZas #Cans #DogLovers Galicia
6 0
23 hours ago
📚✨ Hoxe celebramos o poder das palabras, da memoria e da nosa lingua. Desde o Concello de Zas queremos felicitarvos o 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐋𝐞𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐬 𝟐𝟎𝟐𝟔, dedicado a 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧̃𝐚 𝐂𝐚𝐚𝐦𝐚𝐧̃𝐨, unha voz imprescindible da literatura e do xornalismo galego, referente do feminismo e da cultura do noso país. 💜 Coidar e usar o galego é manter viva a nosa identidade, a nosa historia e o noso futuro. 𝐹𝑒𝑙𝑖𝑧 𝐷𝑖́𝑎 𝑑𝑎𝑠 𝐿𝑒𝑡𝑟𝑎𝑠 𝐺𝑎𝑙𝑒𝑔𝑎𝑠! #DíaDasLetrasGalegas #BegoñaCaamaño #LinguaGalega
17 0
1 day ago
🎓✨ Hoxe tivo lugar a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do @iesbaio Un acto moi especial no que os rapaces e rapazas puxeron fin a unha etapa importante da súa vida académica, rodeados de profesorado, familias e comunidade educativa. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, estivo presente acompañando ao alumnado neste día tan sinalado, compartindo a emoción e desexándolles moita sorte na nova etapa que comezan. 👏 Parabéns a todas e todos polo esforzo e traballo destes anos. Agora ábrese un novo camiño cheo de oportunidades! #Educación #ConcelloDeZas
125 3
1 day ago
📚✨ Parabéns a Sabela Nogueira Imia, alumna do @iesbaio , que ven de gañar o novemo certame “Contos de Primavera” da @lavozdegalicia . 🏆 É un orgullo enorme ver como o talento, o esforzo e a creatividade da mocidade do noso rural reciben o recoñecemento que merecen. 👏🌱 Na cerimonia de entrega de premios estivo presente o alcalde, Manuel Muíño, acompañando á gañadora xunto coa directora do instituto, Ana Facal. Un novo exemplo do traballo extraordinario que se fai día a día no IES Maximino Romero de Lema, un centro que segue levando o nome de Zas ben alto. 🎉📖 ¡Moitos parabéns, Sabela, e a todo o IES Maximino Romero de Lema! 🌟 Podes ler o seu relato aquí: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2026/05/15/span-langgllea-os-10-relatos-premiados-noveno-certame-contos-primaveraspan/00031778865377309414679.htm
43 1
1 day ago
🎭 Mañá hai teatro! Este domingo, 17 de maio, ás 20:00 horas, o Auditorio de Baio acolle a obra de teatro “Sol Fuerza”, unha obra da compañía @aantenateatro . Esta función serve ademais como punto de partida para “Carriza”, un proxecto cultural e social que unirá arte, memoria e sustentabilidade no noso rural. 📅 Domingo, 17 de maio. 🕗 Ás 20:00 h. 📍 No Auditorio de Baio. Unha cita que non podes perder, vémonos alí!
15 0
1 day ago
💃🕺 Esta tarde… temos baile en Zas! 🎶 O Centro Sociocultural de Zas acolle hoxe unha nova tarde de música e diversión da man de 🎤 Duo Sonidos, que fará bailar ao público cos mellores ritmos para pasar unha xornada chea de alegría e boa compañía. 📍 Centro Sociocultural de Zas
🕗 Hoxe ás 20:00 h Anímate a desfrutar dunha tarde de baile, música e encontro! ✨
4 0
2 days ago
🌳🎶 A Festa da Carballeira 2026 xa comeza a coller forza con tres grandes confirmacións para a súa próxima edición! 📣 Os primeiros artistas confirmados para os días 7 e 8 de agosto en Zas son: ✨ @baiucamusic@xabierdiaz_music & @adufeirasalitre@david.pasquet.officiel Tres propostas de referencia da música actual que levarán ao escenario da Carballeira sons tradicionais, folk e novas músicas, combinando talento galego e proxección internacional 🌍🪗 A @festadacarballeira volverá converter Zas nun punto de encontro imprescindible da música e da cultura durante o verán. 📍 Zas 🗓️ 7 e 8 de agosto 🎟️ Entradas dispoñibles en entradas.festadacarballeira.com #FestaDaCarballeira2026
25 0
2 days ago
🎭✨ Este domingo temos unha cita moi especial na Área Recreativa do Reirís, en Fornelos! Dentro da programación da inauguración da Área Recreativa do Reirís, organizada pola Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos, teremos a ocasión de desfrutar do espectáculo “Dous no Camiño”. Isabel Risco e Fran Rei, baixo a dirección de Avelino González, traen ao Reirís unha proposta chea de humor e historias arredor das lendas xacobeas ✨ 📍 Área Recreativa do Reirís (Fornelos) 📅 Domingo 17 de maio 🕕 18:00 horas Unha boa oportunidade para gozar da cultura nunha xornada moi especial para Fornelos 💚
4 0
2 days ago
🎭 O pano está listo para levantarse na 𝐈𝐗 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐞𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐋𝐚𝐛𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐏𝐨𝐬𝐞! Xa se coñecen as cinco obras seleccionadas que se representarán nesta nova edición dunha cita xa imprescindible na programación cultural do Concello de Zas. As actrices e actores subirase ao escenario durante varias semanas para converter Zas nun referente do teatro afeccionado galego. 👏 Parabéns aos grupos seleccionados e grazas a todas as compañías participantes por seguir facendo medrar esta mostra ano tras ano. 📅 Moi pronto daremos a coñecer o calendario completo das representacións. Preparade os aplausos! 🎟️✨ Máis información en: https://concellodezas.gal/a-mostra-de-teatro-labarta-pose-pecha-as-cinco-obras-que-se-representaran-na-sua-novena-edicion/
12 0
3 days ago
𝐋𝐄𝐓𝐑𝐀𝐒 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐆𝐀𝐒 | O vindeiro sábado 16 de maio, coincidindo coa celebración das nosas letras, realizaremos nas @torresdoallo o obradoiro infantil “O meu marca páxinas”. Esta é unha actividade de balde na que os nenos e nenas poderán crear o seu propio marcapáxinas personalizado para celebrar o #diadasletrasgalegas. Poden participar os nenos e nenas de entre 5 e 10 anos. 𝐃𝐚𝐭𝐚 𝐞 𝐡𝐨𝐫𝐚: Sábado 16 de maio ás 16:00h. 𝐈𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬: Centros Socioculturais de Zas ou de Baio: 981 751 398 / 981 718 056. [email protected] / 655 71 67 43.
7 0
3 days ago