Acabo de sufrir un ataque indiscriminado dun loro en pleno Hyde Park en plena luz do día.
O que non sei é que carallo fai un loro en Hyde Park e sobre todo por que me ataca! 🤷🏽♂️
Loro asasino! 🦜
#loro #parrot #hydepark #london #attack
Atopei isto en aquí ao lado do meu estudo, en Monte Alto. Emocionoume aínda sendo unha historia máis dos milleiros de historias que naceron na nosa emigración. 🥹
Se tedes interese na emigración galega, recoméndovos que leades o libro do meu irmán @arturo.lezcano , porque estou seguro de que vos vai encantar. Chámase “O país invisible”, de @librosdelko .
(perdón por la “cuña” 😘)
#emigración #montealto #acoruna #galiza #mum
Este libro, “Separados por uma lingua comum”, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, editado pola Editorial Dr. Alveiros, vén de ser nominado candidato aos Premios Follas Novas 2026 na categoría de Obra de Ensaio e Investigación.
Teño o privilexio de ter sido eu o afortunado deseñador da súa capa (a que vedes), co que a alegría é dobre, aínda que non conte para o premio, claro. 😊
Parabéns pola nominación. Deséxovos toda a boa sorte do mundo🍀
#premiosfollasnovas26 #portugaliza #capa #deseñogalego #books