AdelaVV

@adedoblev

Relatoría Gráfica ✍️ Ilustración Mediación Cultural 🤲 Participación Social Docencia 🗣️ Investigación MEMORIA E ARQUIVO 📍Galiza e Yucatán
Followers
1,691
Following
2,208
Account Insight
Score
27.59%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
1:1
Weeks posts
Deséxovos que a vida sexa unha mo-vida florecida e que dea ben-vida a novas sementes compartidas. Grazas por este ano enchido de mo-vidas compartidas e sementes florecidas 🌼
48 4
4 months ago
Ollando a pizarra durante o proceso da *Reconecta Gráfica* nun dos tres obradoiros de relato gráfico que facilitei esta semana en Albacete, no marco do marabilloso proxecto "Reconecta" que acompaña Sandra Fernández de @cuerpoenaccion.es e con quen estou moi agradecida. Volto a Galiza emocionada e con moito que procesar. Grazas pola acollida en Albacete, un lugar da Mancha de cuxo nome si quero lembrarme. Grazas tamén ás persoas participantes: nen@s , xóvenes e adult@s hospitalizados ou que están sendo acompañad@s por unidades do Hospital Perpetuo Socorro, grazas ás familias e ás terapeutas da Unidade de Trastorno da Conducta Alimentaria #TCA, do Hospital de Día Infanto-Xuvenil e da Unidade de Saúde Mental. A semana comezou con dúas xornadas de traballo de relatoría gráfica nun encontro que versou sobre o uso das pantallas en etapa escolar organizado por @sanidad_albacete do que cedo compartiremos as memorias gráficas. Fotografías feitas por @cuerpoenaccion.es Fanzine de dinámicas para reconectar a través do #relatográfico. Panel para crear un arquivo común. Arquivo relatos gráficos. Proceso de co-aprendizaxe.
45 0
2 days ago
Todas viron unha gata
29 0
9 days ago
O 25 de abril inaugurouse o *Museo contra a Impunidade en Nicaragua AMA Y NO OLVIDA* @museomemoria_ni na Libraría @a.aenea , en Santiago de Compostela, tras un ano de traballo colectivo tecendo memorias pola xustiza e contra o esquecemento. Unha forza compartida con @it.libelula , @eduarroliga @evolasius , @selaselinha , Carme, @colectiva.agama , @karlakote , Mafe, @albaenriquezc , @tamborililascompostela , @coordi_galega_ongd , @cable.a.tierra_yoga , @ogabinete.gal … A xornada comezou cun roteiro antifascista polos espazos de memoria de Compostela, guiado por Andrés Rey @andresreysierra . Continuou cunha inauguración profundamente emotiva, acompañada por Yanilda del Carmen Sevilla —nai dunha das vítimas e cofundadora do museo—, e rematou coa música do gaiteiro Nicolás Esteiro, que fixo soar “Nicaragua Nicaragüita”. E pechamos cunha deliciosa picada nica que foi alimento e memoria migrante. Fixen estas memorias gráficas camiñadas durante o itinerario, e mentres escoitaba, sentía e ollaba o acontecido. Agradecida de formar parte desta loita común. Grazas, compañeiras 💙 #memogramas #relatogramas #memoriasgraficas #graphicrecorder
19 0
12 days ago
📢 A Escola de Activismos de Compostela máis Solidaria abre tamén neste mes de maio! 👉 O vindeiro sábado 9 (10:00-14:00) a Casa das Asociacións de Cornes acolle o obradoiro 'Relatogramas: debuxar as ideas', impartido pola artista Adela Vázquez @adedoblev . Un espazo para explorar como o debuxo pode ser unha ferramenta de memoria e resistencia, construíndo relato propio a través da imaxe e da palabra, tanto desde o persoal como desde o colectivo. ✏️ Non precisas experiencia previa nin coñecementos de debuxo. Só ganas de experimentar outra forma de comunicar dende a creatividade e a arte! ℹ️ Esta actividade é gratuíta, pero é imprescindible inscrición previa: atoparás o enlace clicando na nosa bio! #CompostelaMáisSolidaria #escoladeactivismos 🤝 @concellosantiago @uamicompostela #artivismo #relatogramas
31 0
14 days ago
3 alegres comadres 1 espazo que pecha Moitos soños porvir Grazas por soster @ogabinete.gal coas vosas propostas e accións, por achegarvos, aportar ao colectivo, doar os vosos pesos, sorrir, chorar, emocionarvos, facer dos encontros un lugar íntimo; polos coidados, as conversas, as reflexións e as loitas. Grazas por facer barrio e memoria común. Grazas por facer que as cousas sucedan. Grazas @fran_quiroga e @maurotrastoy por acollerme con tanto amor. Grazas polo traballo, as aprendizaxes e os soños compartidos. Grazas @pablo_barreiro_art @jaione_camborda por ser casa. Leda e agradecida polo vivido e polo que virá. Longa vida ao barrio de Sar e as súas veciñas.
66 3
18 days ago
O pasado xoves fixen estes relatogramas en pequeno formato durante a conversa de @angelicadass no Auditorio de Galicia. Participaron tamén @aranxavicens e @mariaalonsoalonso nunha conversa moderada por @solefelloza 🗣️ Ao día seguinte participei na recollida de relatos e obxectos no incipiente arquivo do Museo Migrante Migrante que está a impulsar Angelica e leveille os relatogramas como agasallo, nunha sorte de intercambio. Foi un encontro máxico. Grazas Angelica ❤️
36 3
27 days ago
Peineta de memorias gráficas e olé!
71 1
1 month ago
A mesa labrega, a mesa da inmigración e a mesa pacega coas delicias cociñadas por @bego_vazquez_gago @alexiglesiaschef e @marcosarufe @remollo_ no Pazo de Tor a partires das receitas de Angelita e do arquivo da @rmplugo Xornadas *Gastronomía desde o prisma da #RMPL: patrimonio, sociedade e paisaxe cultural* 🗓️ 8 abril 2026 Desigualdade e memoria: a cociña como marcador da clase social ao longo da historia. #relatoriagrafica #memoriagrafica #relatograma #memograma
20 0
1 month ago
A mesa coordinada e acompañada con dozura e coidado por @panactivista no Pazo de Tor foi un prato nutritivo e memorable grazas a: @marcosarufe , @bego_vazquez_gago , Rocío Carregal @slowfoodcompostela @maria_arranzz , o historiador Xavier Castro, Esther Teixeiro -quen a finais dos anos 80 logrou rexistrar a 1° Adega de Viticultura Ecolóxica de Galicia-, Xosé Figueroa do Pazo de Sabadelle cos seus #figosconfitados e unha das protagonistas deste encontro: Ángeles Rivada "Angelita" que foi a cociñeira do Pazo de Tor. SEN COCIÑA NON HAI HISTORIA Xornadas *Gastronomía desde o prisma da #RMPL: patrimonio, sociedade e paisaxe cultural* 🗓️ 8 abril 2026 Desigualdade e memoria: a comida como marcador da clase social ao longo da historia. #relatoriagrafica #memoriagrafica #relatograma
20 1
1 month ago
Preparando o soporte para debuxar a escoita ✍️ Practicar o debuxo en contexto como nos ensina a grande mestra @carlaboserman ❤️
18 1
1 month ago
As 🖐 mans (in)visibles das Facedoras de Lugo máis visibles que nunca. @atabernademontse @evacabanelasprofe @maria_arranzz @elagogonzalez @catedra_pan_cereal @lutafona @ganderiaquintian
17 0
1 month ago