Con profunda emoción e compromiso, celebramos a inauguración do "Museo contra la Impunidad AMA y No Olvida, un espazo que nace para honrar a verdade, a xustiza e a dignidade de quen loitou contra o terrorismo de Estado en #Nicaragua.
Como parte da inauguración, comezouse cun percorrido antifascista polas rúas de Compostela a cargo de
@andresreysierra , quen nos fixo revivir a resistencia pisando os mesmos lugares onde a historia dóe e tamén se ergue, ata chegar ao corazón do museo, na
@a.aenea .
Dona Yanilda Sevilla, cofundadora da Asociación Madres de Abril
@museomemoria_ni , e nai de Thony Merlo Sevilla Merlo, quen, coa forza que só anida nos corazóns das nais, presentou a composición do museo e o seu proceso de creación, co único obxectivo de seguir esixindo xustiza para as nais que non se renden, e exercendo a memoria como acto de resistencia vital.
O museo estará exposto ata o 07 de maio para que coñezas a historia e a vida de quen perdeu a vida por defender dereitos, para que ninguén esqueza o que pasou en Nicaragua, e que a impunidade nunca máis teña un recuncho onde agocharse.
🗓️ Aberto ata o 07 de maio
📍Museo AMA y No Olvida, en
@a.aenea
🔹 Exposición itinerante
🔹 Archivos, testimonios y arte contra el olvido
#MuseoContraLaImpunidad #AMAyNoOlvida #MemoriaVerdadJusticia #RecorridoAntifascista SantiagoResiste NuncaMás