Home shiah___Posts

Xía

@shiah___

📍Muxía/Compostela Filóloga en proxecto 📚 Toco a pandeireta🎵 Montada @son_dorotea 🧚🏽‍♀️
Followers
1,334
Following
810
Account Insight
Score
26.65%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
2:1
Weeks posts
🔙🔙🔙 🐴👑🐜
86 4
2 months ago
🌰 Seguimos cos obradoiros infantís do Magóstolo 2025! 🎼 Ás 17h do sábado é o turno das pandeireteiras! A nosa querida profe @shiah___ aprenderanos os ritmos básicos deste marabilloso instrumento . 🔊 Anímate, trae a túa pandeireta e fai que nos escoiten en todo o barrio.
73 1
6 months ago
A rubia a morena e a loira✨ Tódalas fotos que teño de Ortigueira son na rave (xuro que son folclórica e só vou ó acaba-la foliada)
121 5
9 months ago
O venres pasado estiven coas miñas compañeiras de Filoloxía tocando na presentación do libro que coordina o departamento. Foi unha experiencia moi bonita na que cantamos o repertorio das homenaxeadas e fixemos bailar ata á directora do ILG.🎶 Porén, o máis fermoso da experiencia foron os ensaios, sacar tempo ata en época de exames para crear comunidade e coñecer persoíñas do meu grao coas que nunca falara e que agardo que algunhas se convirtan en amigas.💞 Aproveitei o espazo e o micro (xa dicía Monteagudo que faltaba algo, que non podía estar calada 😅) para ser un chisco crítica cun día das letras que non lle dá, ó meu ver, o recoñecemento que se merece ás asociacións culturais e ás folcloristas que mantiveron vivo este patrimonio. Tamén cara esta canonización máis ou menos arbitraria de 7 figuras da Provincia da Coruña, cando desde o tradi non semellan moi representativas de toda a tradición musical do país. As Letras foron un caos para min (teñen a manía de cadrar sempre en Maio). Pero estou moi contenta coa programación cultural deste ano e coa visibilidade que se lle está a dar á nosa cultura. Grazas á USC polo espazo e grazas ás compañeiras polas horas de ensaio e por traballar desinteresadamente.❤️🎶
132 14
11 months ago
Pero por si se ofrece, bueno es saber🎶 ~Pasaron case tres meses desde que fixen o pandeiro, pero esta fotiño de cando o cosín pareceume linda e quería tela por aquí (saio toda orgullosa, xd) En Pardiñas coñecín e namorei do instrumento e desde que teño un, estou obsesionada. Nos dous primeiros videos, o meu proceso de aprender a tocar este sorteau tan chulo que xa esquecín (sobra dicir que inspirado na fantástica versión de Coetus) e tentando adaptar as posibilidades do instrumento ós ritmos que xa coñezo (Cerqueda), creo que sen moito éxito. O último video facíame graza por ser representativo do 99% dos videos que teño co pandeiro.
108 9
1 year ago
Fotiños desta finde en Xinzo. Primeira vez visitando a comarca e primeira vez sentindo a maxia do entroido. Grazas a Ivan (@xinzo97 ) por me abrir as portas da súa casa e mostrarme tradicións e recunchos tan lindos da súa terra. 📸@dopazomanu
94 3
1 year ago
✨2024✨ Un ano de namorar, de viaxar pola terra, de pasar medio verán de xira durmindo nunha furgoneta e outro medio de foliada en foliada. Este ano coñecín xente lindísima e fixen cousas tan icónicas como casar miña irmán. Super agradecida por poder estudar o que quero e traballar no que máis feliz me fai (orgullosísima de cada unha das miñas alumnas de pandeireta). Grazas a todas as que aparecedes no video por compartir momentos tan lindos coma os que aparecen no video. Vémonos nos torreiros🎵💞
75 9
1 year ago
O outro día no Domingo das Mozas🎵 Sempre que @caarmenmato colle a cámara saen estas cousas tan lindas.📷
105 3
1 year ago
🌽Unha noite no muíño🌽 Como saín da casa vs. as fotos e videos de @sergiolousame a un par de horiñas de chegar. Hai algo mui especial en volver ás foliadas ás que levo indo desde nena, esta vez rodeada de toda a xentiña linda que coñecín estes meses. Viva o baile e a música e viva a @muinhada_vimianzo !
136 17
1 year ago
🍂Imaxes da aventura que foron As Cores do Outono🍂 ~ Estoulle collendo o gusto a isto de percorrer as foliadas do país cunha mochila, unha tenda de campaña e unha pandeireta. Nas primeiras fotos andando desde a Pobra ata Canedo con @caarmenmato para chegar á Alborada despois de pasar a noite morrendo de frío na tenda. Nunca pensei que acabaría subida na parte de atrás dun pick-up tocando a pandeireta e comendo roscas que nos daban as veciñas dun lugar de Galiza que non sabía ubicar no mapa 24h atrás. É deses recordos que só se crean improvisadamente e que se gardan para sempre. Nas últimas fotos bailando, cantando e tocando na sesión vermú. Ultimamente teño a fortuna de aprender das que saben.🎵💕
135 8
1 year ago
Momentiños do verán (sen unha orde particular): 1.Con @sabelademouzo en Cela volvendo de tocar no Hío☀️ 2. "Agora unha foto das vistas" *as vistas*🍑 3. Espertando no Lago con Amapola @pipiri.pip despois de que fixera unha chea de quilómetros para para levarme a casa.🚐 4. Non sei cando foi isto pero ía linda✨ 5. En Pereda de Ancares con Sabela recolléndolle a Luísa🎵 6. En Pardiñas, último vídeo que saquei antes de romper o móbil e quedar 2 semanas sen el💁🏽‍♀️ 7. A clase de pandeireta improvisada cando coñecín a @lucas.acordeon 🪗 8. Rave no Vixiador⛰️ 9. Co meu amoriño @dopazomanu pasando o sábado do agrocuir xuntas🌈 10. Preparando o repertorio da voda (mirando sen facer nada mentres as músicas miran as harmonías)🎻
116 2
1 year ago
Pardiñas foi compartir con xente linda e foliar 4 noites seguidas ata que entraba o día.🎶 Rompín o móbil xa a primeira noite nos cantos de taberna e pasei incomunicada todo o festival. Por sorte estivo a artista de @caarmenmato coa súa cámara para capturar estas fotos tan lindas. 📸 Na segunda foto respirando todo o pó do torreiro no concerto de Ailá, bailando coa compañeira de aventuras deste verán @sabelademouzo 💞
159 5
1 year ago