PlayPlan

@playplan_

Followers
4,889
Following
1,605
Account Insight
Score
31.77%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
3:1
Weeks posts
🔥 CARTEL POR DÍAS E ENTRADAS DE DÍA FUMEGA FEST 206 XA Á VENDA 🔥 🎫 As entradas de día xa están á venda a prezo promocional en fumegafest.com e @enterticket.es 🏆 GAÑADORXS: @laura_roges @dave_vizz @azulbrumoso @fidelmendezmar @_gato.perdido E para celebralo...SORTEAMOS 5 ABONOS 🤘🏻 Para participar só tes que: ✔️ Seguir a @fumegafest ✔️ Mencionar ao teu equipo festivaleiro ✔️ Dar a like e compartir este post en stories mencionándonos (envíanos captura se tes a conta privada) ⏰ Podes participar ata o venres 10 ás 12:00h 🔚 Anunciaremos as persoas gañadoras neste mesmo post. CARTEL POR DÍAS 📅 Venres 26 xuño: @burstsweden @hailconan @meneaterband @lucifernaga_doom @travo_band 📅 Sábado 27 xuño: @wetcactusband @stonedjesusband @volcanovaofficial @moura.banda @causasuis @playplan_  @betanzostancerca  @liporca.licores
641 233
1 month ago
Cartel por días e novas confirmacións en @bigsoundfestival Pontevedra! 🚨 A segunda edición do festival incorpora a @hensss @chemarivas @bigloisoficial @gemeliers e @lucloren ao seu cartel! 🆕🔥 ➡️ Mércores 25 de MARZO ás 10h ábrese a VENDA DE ENTRADAS DE DÍA en bigsoundfestival.com 🎫
15 0
1 month ago
O novo sinxelo de @the_son_of_wood , “Ver amanecer”, xa está dispoñible en todas as plataformas! Os salmantinos lanzan un berro colectivo para escapar da frustración e a ansiedade laboral cun tema gravado en directo que mestura as raíces americanas con matices de grunge e punk, sen perder a esncia folk que marca á banda. Este tema actúa como segundo adianto do seu próximo traballo discográfico.
18 3
1 day ago
O novo sinxelo de @sileomg , “Orballo”, xa está dispoñible en todas as plataformas. Tras acadar a semana pasada o posto 18 na lista de cancións máis virais de España en Spotify con “Milajros de Amil”, o cantante de Bueu lanza unha cumbia na que expón os seus medos e amosa a perseverancia ata chegar a estes meses no que todo o seu mundo está a mudar grazas ao éxito do primeiro sinxelo do que será o seu futuro traballo discográfico. 
53 2
1 day ago
AXENDA DE MAIO 📅 ▶️ @vimbio_ 21/05 @festival_millo_verde · Redondela 30/05 @ac.artabria · Ferrol ▶️ @the_son_of_wood 16/05 Sala Círculo de Arte · Toledo ▶️ @sileomg 16/05 Festival Ritual · Moaña
21 1
3 days ago
CANGAS, ISTO SÓ ACABA DE COMEZAR! 🔥 ​Aínda estamos intentando procesar o que pasou este sábado. Comezar a xira coas entradas esgotadas e con esa enerxía é o mellor regalo que nos podiades dar. Grazas infinitas a toda a peña que veu dar calor e a bailar connosco; sen dúbida, unha das noites que quedan gardadas. 💃💥 Mil grazas a sala @o_adro_ e a toda a xente que hai detrás por tratarnos de luxo, a @martiialdan por xestionar o merchan con tanto cariño, a @salothsarautentico por facer o mais sinxelo posible a parte técnica e facernos soar coma ninguén e a @andreshermelo por pillar este resumo tan potente. Mandamoslle unha aperta grande a @isidrummer que non puido estar con nos nesta ocasión e unha mención especial a @bykinferno por pasarse as baquetas e a @chrisfndz_ por aprender os temas en dous días a guitarra. Sodes doutro mundo 🌍♥️ ​Se isto foi o primeiro... preparádevos para o que vén, que a furgo xa non para! 🚌💨 ​Próximas paradas: 📍 13.06 - [TBA] 📍 03.07 / 04.07 - @asaltoaocastelo (Vimianzo) 📍 30.07 / 1.08- @sonriasbaixas (Bueu) 📍 28.08 / 30.08 - @festivaldelaluz_boimorto (Boimorto) E por se vos parecía pouco... axiña​ anunciaremos máis! 🚀 ​@playplan_ @o_adro_ @lostrego_oficial #Quinkillada #EntreCumbiasERumbas #Cangas
369 13
10 days ago
O novo sinxelo de @quinkillada , “Caminho”, xa está dispoñible en todas as plataformas! 🆕 A banda racha cos seus estilos habituais para apostar por unha balada moi íntimista que explora unha nova faceta do grupo, falando da superación persoal 🫂 Mañá darán comezo á súa xira “Entre Cumbias e Rumbas” cun concerto especial 5 aniversario na sala @o_adro_ de Cangas. Últimas entradas á venda en @entradium_com 🎫
14 0
15 days ago
O novo álbum ao vivo de @omiri_official , “Omiri Tradidanças 2024 (Live)”, dispoñible en todas as plataformas! 🎶 Vai rematando abril e con el finaliza “Em Abril, Omiri Mil”. Coa publicación do seu directo completo no Festival Tradidanças, Omiri redondea así un mes de lanzamentos diarios arredor deste concerto especial para seguir poñendo o foco na tradición oral e rural lusa, nunhas datas moi significativas para o país veciño.
20 0
17 days ago
A xira internacional de presentación do novo disco de @belakoo fará parada en Galicia con seis concertos en salas! 💥 📅 Xoves 29 de outubro 📍 @clubclavicembalo (Lugo) 📅 Venres 30 de outubro 📍 @salakrazzykray (Cambados)   📅 Sábado 31 de outubro 📍 @masterclubvigo (Vigo)   📅 Venres 6 de novembro 📍 @garufa_club (A Coruña)   📅 Sábado 7 de novembro 📍 @apousadaboiro (Boiro)   📅 Domingo 8 de novembro 📍 @salacapitol (Santiago de Compostela)   🎫 Entradas dispoñibles en @enterticket.es e en belakoband.com A banda vasca de post-punk e rock é unha das máis respectadas e queridas pola escena independente. O próximo 2 de outubro presentarán o seu novo traballo discográfico, e poñen en marcha unha xira de máis de 30 concertos por todo o estado, México e Alemaña🔥
27 0
19 days ago
Domingo, o día perfecto para escoitar o novo sinxelo de @the_son_of_wood , "Domingo", dispoñible en todas as plataformas! 😉
14 0
20 days ago
O novo sinxelo de @lode_oficial , “Malo Será (Forza Depor)” 💙, xa está dispoñible en todas as plataformas! 🆕 Transformando o seu xa coñecido sinxelo “Malo Será”, chega esta revisión do tema como cántigo de apoio ao Deportivo da Coruña na súa teima por subir a Primeira División.
67 2
22 days ago
A segunda parte da xira “Borrachos Tour” de @rrrrrrrrrrrrrrrrata pisará salas galegas! 💥 📅 Venres 2 de outubro 📍 @fabricadechocolateclub (Vigo) 🎫 Entradas dispoñibles en @enterticket.es e nomequieromorirnunca.com 📅 Sábado 3 de outubro 📍 @sala_mardi_gras_a_coruna (A Coruña) 🎫 Entradas dispoñibles en @enterticket.es e nomequieromorirnunca.com A banda murciana, que se está a consolidar como unha das grandes revelacións da escena estatal, actuará en outubro en Vigo e A Coruña nas únicas dúas datas en salas galegas deste ano! 🔥
25 0
24 days ago