🚨Tickets xa á venda! 🚨
Non perdas a xornada de primavera máis top 👇🏻
·
📍Cúpula 360º - Planetario Casa das Ciencias
🗓️ 23 maio
⏱️21:00 h
🎟️ Tickets á venda na páxina web de enterticket.com ou no link da nosa bio. Coste da entrada 10€. 🙌
.
CORVAX é un proxecto de Laura Iturralde e Xavier Bértolo que combina arte visual e electrónica para crear unha experiencia inmersiva de live cinema.
O espectáculo baséase na creación e manipulación de imaxes en tempo real mediante cámara en directo, mesturando técnicas dixitais e analóxicas e empregando materiais como ferrofluidos, imáns e o propio corpo.
.
🔌 @xavibertolo
Licenciado en piano e música moderna pola ESMAE do Porto e en Física pola USC, combina a súa faceta artística coa docencia como profesor de piano. É membro fundador de Cró! e participa en proxectos como a Orquesta Metamovida, Comando Radar ou Corvax, onde mestura electrónica e visuais.
Nos últimos anos destacou no ámbito audiovisual, asinando música para teatro e cinema en obras e filmes recoñecidos como 9 Fugas (Premio Mestre Mateo á mellor música orixinal) ou Augas Abisais (Mestre Mateo á mellor curtametraxe). Tamén conta cunha nominación aos Mestre Mateo 2026 por As liñas descontinuas.
Actualmente traballa na montaxe de Hamlet do Centro Dramático Galego e na música da longametraxe Desgarrada.
.
📽️ @laura_r_iturralde
Adícase á plástica escénica desde 2015, especializada en dirección de arte para espectáculos en vivo, con foco na iluminación e visuais. O seu traballo busca transformar espazos a través da luz, reforzando a narrativa de cada proxecto.
Colaborou con artistas e compañías como Mercedes Peón, Guadi Galego, Tanxugueiras ou o Teatre Nacional de Catalunya, levando as súas creacións por países como Brasil, Francia ou Dinamarca.
Recoñecida con 6 premios María Casares e o Premio Nacional Rogelio de Egusquiza (2021), suma 12 nomeamentos nos últimos anos.
Compaxina a súa carreira artística coa docencia en diferentes programas e centros formativos. Desde 2022, é vogal galega da Asociación de Autores de Iluminación, impulsando o recoñecemento da profesión.
🎛️ O RUÍDO NAS TÚAS MANS
Queres crear os teus propios sintetizadores ou dispositivos sonoros? Este obradoiro é unha porta de entrada ao hardware musical DIY 🎶
Da man de @anxe.faraldo e @xoanxil , explorarás a creación de dispositivos sonoros coa placa Daisy Seed e sensores para darlles vida a través da interacción física.
.
📅 Datas
23–24 de maio
🕙 10:00h a 14:00h
.
💡 Modalidades:
*IMPORTANTE:* Pódese asistir sen material e usar o dispoñible na sala do taller.
· Matrícula con kit: (inclúe unha Daisy Seed, unha placa de prototipado, un jack 3,5 estéreo, un potenciómetro para probas) = 120€*
*É necesaria prescrición para xestionar o encargo do material.
· Matrícula sen kit: 60€ (poderase traballar con algunhas das Daisy Seed dispoñibles)
· Material extra necesario: recoméndase, aínda que non é imprescindible, traer un portátil.
👥 Número de prazas: 20 persoas
📩 Máis información e inscricións: [email protected]
.
🔊 Que aprenderás?
– Conectar e programar Daisy Seed con Plugdata
– Deseñar instrumentos e efectos hardware desde cero
– Integrar sensores para interactuar co son en tempo real
.
👤 A quen vai dirixido?
A calquera persa interesada no son, a música, a performance ou a experimentación.
👉 Non se precisan coñecementos previos
.
Se queres explorar o son desde dentro… este é o teu lugar 🔧🎚️
📡📡📡
.
A imaxe convértese en son.
O son abre camiños invisibles.
.
Breves fragmentos dun universo máis amplo.
.
Goza da magnífica actuación de Zoviet France no MDLRTC 2023 na nosa canle de Youtube 👆🏻
.
📹 @javierotaduy
Inverno dentro do VORTEX. ❄️🌌
Frecuencias que non se ven.
Imaxes que se escoitan.
Marta Zapparoli expandindo os límites do audible captando ondas sonoras.
@jellypin00 transformando a luz en materia viva.
Un encontro entre son e visión baixo a cúpula 360°.
Dálle ao play e entra na experiencia. ▶️✨
ÚLTIMA SEMANA! ÚLTIMOS TICKETS! 🌌
Non perdas a xornada de inverno máis top 👇🏻
·
📍Cúpula 360º - Planetario Casa das Ciencias
🗓️ 28 de febreiro
⏱️21:00 h
🎟️Tickets á venda na nosa ligazón da bio.
.
A noite convértese en sinal.
A imaxe en fluxo.
O son en materia viva.
Na cúpula 360 da Casa das Ciencias activamos un espazo onde o visible e o invisible se cruzan, vibran e mutan en tempo real. Unha experiencia inmersiva que transforma o erro, a interferencia e a frecuencia en linguaxe artística.
.
🔌 Marta Zapparoli
Artista sonora e investigadora italiana afincada en Berlín. Leva máis de dúas décadas explorando a arte do son. O seu traballo investiga a relación entre o visible e o invisible da física.
Captura o “ambiente enerxético” que nos rodea, rexistrando sinais electromagnéticas naturais e tecnolóxicas, desde estrelas, o sol e auroras boreais, ata ondas de comunicación e electro-smog.
O son como fenómeno físico e poético. A ciencia como ferramenta artística. A escoita como acto de descubrimento.
.
📽️ VJELLYPIN (Transnoise / Biotranslab)
Traballa coa imaxe como un organismo líquido e cambiante. As súas pezas constrúense a partir de sinais que se filtran, se contaminan e se transforman.
O erro convértese en ferramenta expresiva. Non hai formas fixas nin xerarquías visuais. Só capas, resonancias e interferencias en constante mutación. Circuitos, residuos dixitais e abstraccións vibran no espazo.
A materia tecnolóxica disólvese e recomponse. Cada proxección é inestable e irrepetible.
Un campo audiovisual en expansión. Unha experiencia onde o tecnolóxico se desborda.
Volve MDLRTC Vortex! 🌌
Non perdas a xornada de inverno máis top 👇🏻
·
📍Cúpula 360º - Planetario Casa das Ciencias
🗓️ 28 de febreiro
⏱️21:00 h
🎟️Tickets á venda a partir das 12:00 h o próximo venres 13 de febreiro.
.
A noite convértese en sinal.
A imaxe en fluxo.
O son en materia viva.
Na cúpula 360 da Casa das Ciencias activamos un espazo onde o visible e o invisible se cruzan, vibran e mutan en tempo real. Unha experiencia inmersiva que transforma o erro, a interferencia e a frecuencia en linguaxe artística.
.
🔌 Marta Zapparoli
Artista sonora e investigadora italiana afincada en Berlín. Leva máis de dúas décadas explorando a arte do son. O seu traballo investiga a relación entre o visible e o invisible da física.
Captura o “ambiente enerxético” que nos rodea, rexistrando sinais electromagnéticas naturais e tecnolóxicas, desde estrelas, o sol e auroras boreais, ata ondas de comunicación e electro-smog.
O son como fenómeno físico e poético. A ciencia como ferramenta artística. A escoita como acto de descubrimento.
.
📽️ VJELLYPIN (Transnoise / Biotranslab)
Traballa coa imaxe como un organismo líquido e cambiante. As súas pezas constrúense a partir de sinais que se filtran, se contaminan e se transforman.
O erro convértese en ferramenta expresiva. Non hai formas fixas nin xerarquías visuais. Só capas, resonancias e interferencias en constante mutación. Circuitos, residuos dixitais e abstraccións vibran no espazo.
A materia tecnolóxica disólvese e recomponse. Cada proxección é inestable e irrepetible.
Un campo audiovisual en expansión. Unha experiencia onde o tecnolóxico se desborda.
Comeza a conta atrás.
.
📡📡📡📡
.
Preparado para todo o que vén?
👉🏻Modulartec LAB 🎛️.
👉🏻Modulartec Vortex 🌌.
👉🏻9º encontro de síntese modular da Coruña.
👉🏻E moitas máis novidades
.
Atentx ao noso Instagram 🔊🔊