43 Mostra de Cangas 🎭

@mitcfcangas

Fundada 1984 por Asoc. Cultural Xiria. 🪙 Premio da Cultura Galega, 2025 🪙 Premio de Honra Marisa Soto, 2021 🪙 Premio da Crítica de Galicia, 2018
Followers
2,285
Following
1,572
Account Insight
Score
28.77%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
1:1
Weeks posts
👋 Bo día das nosas letras a tod@s ! #LetrasGalegas2026 #begoñacaamaño
16 0
1 day ago
♀️ Mulleres en Acción chega en 2026 á súa 26 edición seguindo fiel ás inquedanzas dos colectivos femininos da nosa contorna. 💕 Con ADICAM, a Asociación de persoas diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico, programamos un obradoiro con María Teresa Campos Gómez. 💬 Un tempo para buscar a nosa harmonía e benestar, a nosa saúde física e mental. Recuperar a nosa enerxía vital e a dos que nos rodean. ➡️ O AUTOCOIDADO DENDE O CORPO 📍 Sala de Exposicións Auditorio Municipal de Cangas 🗓 16 de xuño 🕔 17:00 h.
8 1
2 days ago
🎭 Do Tartufo de Molière ao Macbett de Eugène Ionesco. Teatro clásico e universitario na 43 Mostra de Cangas . 💬 As Aulas de Teatro da UVigo e Teatro de Ningures traen a Cangas a traxicomedia inspirada en Shakespeare que satiriza o poder absoluto e a tiranía a través do absurdo. ➡️ MACBETT 📍 Auditorio Municipal de Cangas. 🗓 11 de xuño 🕘 21:00 h. #mostrateatrocangas #teatrouniversitario #teatroCangas #43Mostra #mitcfc43
21 0
3 days ago
🎂 A 43 Mostra coincide en 2026 co aniversario de creación da compañía Teatro de Ningures, que cunha profunda implicación no territorio de seu, O Morrazo, nútrese da fabulosa materia prima profesional e social dunha comarca tradicionalmente vencellada ao teatro, na que abundan artistas en todas as disciplinas: autoría, interpretación, espazo sonoro, escenografía e imaxe. 🎭 A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas non podía quedar allea á celebración deste 40 aniversario e programa unha exposición fotográfica sobre Teatro de Ningures a cargo do artista, deseñador gráfico e fotógrafo Diego Seixo. ➡️ 40 ANOS EN NINGURES 📍 Auditorio Municipal de Cangas 🗓 12 de xuño-5 de xullo 🏁 Inauguración, 12 de xuño 🕘 19:30 h. #teatroCangas #teatrodeningures #43mostra #43Mostra #mitcfc43
41 0
4 days ago
💫 Programa 43 Mostra. 🎭 Teatro clásico e universitario para abrir as portas do Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela na MITCF de Cangas. 💬 Nas Aulas de Teatro da UVigo o Teatro de Ningures permite ao alumnado a aprendizaxe das principais disciplinas escénicas. Unha canteira de actrices e actores, novos valores artísticos, cuxos traballos se poden gozar na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. ➡️ TARTUFO 📍 Auditorio Municipal de Cangas. 🗓 4 de xuño 🕘 21:00 h. #teatrouniversitario #teatroCangas #43mitcfc
29 0
5 days ago
🚺 Mulleres en Acción chega á súa 26 edición na Mostra de Cangas. 📣 Toma nota e apúntate a unha presada de actos imprescindíbels. 🟣 Exposición: FÍOS E FLORES. 🧵 Sandra Bastón, artesá textil; 🌺 e Julia Rodríguez, experta no prensado de flores, convídannos a unha viaxe estética ao través de cadros, tecidos, complementos, roupa e soportes varios dunha fértil imaxinación partillada entre fíos e flores, flores e fíos. @sandrabaston.artesaniatextil @julia_r_flores 📍 Na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal. 🗓 Do 5 de xuño ao 5 de xullo. 🏁 Inauguración, 5 de xuño. 🕢 19:30 h. #26mulleresenacción #MulleresEnAcción26 #mitcfcangas #mulleresenacción
37 0
7 days ago
Bo día! Estamos en marcha.🚀 🗓 Dende hoxe, 9 de maio, e até o 31 deste mes xa podes mercar os abonos para a 43 Mostra. ⬇️ Así é o abono: •Entradas para 9 espectáculos programados na Sala, Teatro do Auditorio. •Desconto de 10€ sobre o importe da suma das 10 entradas. •A adquisición do abono garante a entrada sen colas no despacho de billetes para os espectáculos incluídos. •Permite elixir as butacas mellor situadas. •Co abono disporás da mesma butaca durante toda a MITCFC. 👆 Na pranta nobre da nosa BIO tedes os enlaces coa información completa dos abonos e outra cancela directa a mercar xa! #43Mostra #mitcfcangas
33 0
9 days ago
➡️ Por aquí deixamos unha galería fotográfica da presentación oficial da 43 Mostra. 🎭 Coa participación do equipo organizador e a presenza de amigas, colaboradoras e autoridades. 🎙María Armesto, directora artística da Mostra: “Programamos humor, excelencia e paridade”, subliñando o apoio á creación contemporánea e, de xeito especial, ao tecido cultural galego. @m.armesto 🎙@jorge.cubela deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra: "[A Mostra] é un evento cultural con nome e identidade propia que medra desde a calidade e non desde a inercia” 🎙 @jacobosutil director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, destacou os valores de “sostibilidade e igualdade que sempre están presentes” neste festival. E fixo mención ao Premio da Cultura Galega que a Mostra de Teatro de Cangas recibiu este ano na modalidade das Artes Escénicas, feito que cualificou de “triunfo colectivo”. 🎙 Araceli Xestido, alcaldesa de Cangas, subliñou o forte vínculo que existe entre a Mostra e a vila, da que asegura é o “berce do teatro” en Galicia e unha “canteira” de grandes actores e actrices. E considera que este festival é “a nosa árbore froiteira do teatro” e forma parte “da alma de Cangas”. @araxestido 📸 @diegoseixo #43Mostra #mostrateatrocangas #mitcfcangas #Amostra #aMostra
108 4
10 days ago
🎭 A celebrar entre o 21 de xuño e o 5 de xullo, hoxe foi presentada oficialmente a 43 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. ℹ️ Unha 43 edición da Mostra na que serán representadas por primeira vez ante o público en Cangas 6 coproducións, 9 estreas absolutas e 7 estreas en Galicia. 👁 Permanece atentas ás nosas redes para ir coñecendo polo miúdo unha programación plural que combina danza para crianzas, performance e teatro, reunindo compañías galegas, estatais e internacionais; espectáculos contemporáneos e innovadores, teatro de rúa, circense, obras clásicas e populares. #43mostra #mitcfc43 #mostra43 #aMostra #Amostra
79 2
10 days ago
Ola, ola 👋 Lembrade, non queda nadiña. Mañá presentamos oficialmente a *43 Mostra* de Cangas. 🎭 Con toda a programación e todos os eventos que volveran facer da *MITCFC* unha cita ineludíbel do verán cultural galego. 🫆 _ADN Mostra!_
21 0
10 days ago
🚨Este xoves, 7 de maio, ás 19:30h, presentarase a novela de Xurxo Estévez Gantes “Notas (*) ao pé de páxina”, unha gamberrada literaria moi documentada e particularmente orixinal. 🗣A directora da Mostra, María Armesto, acompañará ao autor "nun gozoso percorrerido polas moitas portas que abre para desvelar, con lucidez e humor, un grande misterio que pode resultar revolucionario". 📅 Xoves 7 de maio 🕢 19.30h 📍 @wellslibros (Cangas)
7 0
13 days ago
🎙 ENTREVISTA Xa podedes ler as reflexións de Antonio Durán Morris, en conversa con Clara Castilla, tras coñecerse que recibirá o Premio Xiria ao Labor Teatral na 43 Mostra de Cangas. ♾️ Tedes o enlace directo á entrevista na nosa bio, aí arriba ⬆️⬆️⬆️ 📸 Fotografía: Bárbara Palomero, na representación da obra '1936'. @aduranmorris59 @claracasti #43Mostra #43mitcfc #mostracangas
24 0
1 month ago