🔵 Descobre estratexias clave para conectar co público infantil e familiar nas actividades e negocios vinculados ao mar
Participa neste novo obradoiro online e aprende a atraer e fidelizar novos clientes
📆 Martes, 19 de maio I 🕙 10:00 h
⚓️ A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, @angelesvazquez1975 , destacou na xornada “Medrando polo Mar” a contribución dos proxectos GALP á dinamización do litoral galego
➡️ Estanse a executar 339 accións, que mobilizan 45,9 M€
Ás nenas e nenos do CEIP Península da Paz de Cervo (Lugo) explicámoslles os beneficios do consumo de mexilón galego, que van poder degustar hoxe no seu comedor escolar.
É unha iniciativa que facemos coa DOP Mexillón de Galicia para fomentar nas aulas o consumo deste bivalvo
⚓ A dragaxe do Lérez farase con todas as garantías ambientais e será compatible coa actividade pesqueria
🚢 O presidente de Portos de Galicia, José A. Álvarez, tamén informou no Parlamento da renovación dos pantaláns nos peiraos autonómicos
🌊 Redecos, impulsado polo Intecmar e as confrarías, consolídase como ferramenta clave na xestión mariña
🕹️ Coas de Pasaxe, Baldaio e Pontedeume, serán 12 as estacións que achegarán datos en tempo real da salinidade e a temperatura da auga nas zonas marisqueiras
Novo obradoiro formativo online: 'Presentacións profesionais e intelixencia artificial'. Aprende a crear presentacións máis claras, profesionais e eficaces apoiándote na IA
📆 Martes, 12 de maio I 🕥 10:30 h
🔵 O director xeral de Pesca reuniuse coa confraría de Barallobre para coñecer as súas iniciativas de promoción e valorización dos produtos da zona
🫱🏻🫲🏼 Traballamos xunto ao sector para mellorar a competitividade e o consumo do noso produto local
🔵 A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro reuniuse co patrón maior de Corcubión para analizar as necesidades e retos da entidade
👉🏻 A Xunta avalía novas axudas de máis de 48.000 € para modernizar os equipamentos e a infraestrutura da lonxa
Hoxe visitei as instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo e reuninme co seu presidente, @carlos.botana.75 .
Puiden comprobar a marcha das obras da nave de redeiras, que tanto vai mellorar as condicións de traballo destas profesionais
🔵 O director xeral de Pesca destacou no Encontro Sober o apoio á internacionalización da cadea mar-industria
🌎 A Xunta destina 11 M€ ata 2027 para a promoción exterior dos produtos galegos e o apoio ás empresas exportadoras
Ás nenas e nenos do CEIP A Paz-Tintureira de Vigo expliqueilles que o mexillón de Galicia é un superalimento clave para a saúde pola súa riqueza en proteínas, ferro e omega 3.
Fomentar o consumo deste tipo de alimentos é clave para o desenvolvemento dos máis novos
A formación é unha das ferramentas coas que queremos favorecer a remuda xeracional no sector do mar.
Hoxe inaugurei na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira unha xornada técnica dentro do proxecto ‘Relevo Xeracional: O Futuro no Mar’, promovido polos oito GALP galegos