Land’s End Hardcore

@landsendhardcore

DIY Hardcore collective based in Galiza.
Followers
1,828
Following
90
Account Insight
Score
27.89%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
20:1
Weeks posts
SPEEDWAY (S) + FEELS LIKE HEAVEN (S) + CUELGUE + IVY 📅 Mércores 3 de Xunho 📍 Fábrica de Chocolate, Vigo 💶 15€ entrada única (só na porta) 🕣 21:00 puntuais A xira de SPEEDWAY terá unha parada en Vigo da nosa man o próximo mes de xuño. Esta banda da capital sueca ven de sacar o seu álbum debut “A Life’s Refrain” a través do mitico selo americano Revelation Records, que foi o fogar de nomes tan coñecidos como Quicksand, Youth Of Today, Gorilla Biscuits ou Shelter. Speedway seguen á perfección o son que definiu a este selo especialmente nos 90, movéndose entre o youth crew e o hardcore melódico desa época co seu propio xiro rockeiro. Non está de mais destacar que na producción do seu último album meteron man os irmáns Russin de Title Fight. FEELS LIKE HEAVEN proceden tamén da mesma escena de Estocolmo que Speedway, cos que comparten varios membros. Editados tamen por Revelation Records (niste caso en co-edición con Scheme), presentan un son similar a Speedway pero profundizando máis no componente melódico, polo que esbarran en partes ao post-hardcore e ao emo da vella escola, podendo lembrar a Rites Of Spring, Have Heart e incluso Title Fight salvando as distancias. Estarán ben acompañados das dúas bandas mais recentes da nosa escena: por un lado CUELGUE, os GHC stompers rendindo tributo a bandas de Nova York de finais dos 80: Raw Deal/Killing Time, Breakdown, Outburst, etc… por outro lado estarán IVY, a representación local do emo/alt rock do rollo de Sunny Day Real Estate, Texas Is The Reason ou Superheaven. Ambas bandas están a piques de entrar a gravar os seus primeiros traballos polo que se escoitou por aí…
123 16
12 days ago
Non vai ser todo música! O sábado 2, haberá unha mesa redonda para compartir vivencias e perspectivas sobre esta, nosa escea autoxestionada. E despóis pinchada do amigo Kiko Masacres
136 8
19 days ago
PEACE OF MIND (GER) + DEFIANCE (GER) + FACED OUT + CUELGUE 📅 Venres 15 de Maio 📍 Masterclub 2, Vigo 💶 15€ prezo único (só entradas en taquilla) 🕘 21:00 puntuais PEACE OF MIND veñen dende a parte central de Alemaña, con mais dunha década de carreira ás suas costas están actualmente presentando o seu segundo álbum de duración longa “Blood Is The Price” co cal darán 4 concertos na península case inmediatamente despois de rematar a sua xira nos EEUU/Canadá. A vertente do hardcore pesado en Alemaña soe, dende principios do milenio, ser case sinónimo ao eurobeatdown que está tan establecido no país, Peace Of Mind polo seu lado ofrecen un achegamento máis orixinal cun arsenal de riffs e de groove mais propio dunha banda americana da costa oeste, lembrando a Biohazard, 100 Demons ou Sworn Enemy. Veñen acompañados na xira por DEFIANCE, unha banda relativamente nova asentada en Stuttgart, no sur de Alemaña. Co seu único EP “Blossom” conseguen replicar co seu propio xiro o son da época dorada de Bridge Nine Records de principios dos ‘10s e de bandas como Trapped Under Ice, Downpresser ou Bent Life. Como representación local teremos os mellores slayer-core riffers contemporáneos do continente FACED OUT coa súa propia interpretación do rollo de Arkangel, Reprisal ou From The Dying Sky e a CUELGUE, o novo GHC HARD core stomp que abre unha máquina do tempo ao Nova York de finais dos 80 inspirados polo rollo de Raw Deal, Breakdown ou Uniform Choice. Non teñen redes asi que esta difícil enterarse pero seica a demo caerá en breves.
219 13
1 month ago
𝗣𝗲𝗮𝗰𝗲 𝗢𝗳 𝗠𝗶𝗻𝗱 teaming up with their friends in 𝗗𝗲𝗳𝗶𝗮𝗻𝗰𝗲 for a trip to Portugal and Spain!
809 30
1 month ago
OBSTRUKTION (S) + DERRADEIRO NIVEL + SHUT THY GUILT 📅 Xoves 30 de Abril (víspera de festivo) 📍Masterclub 2, Vigo 💶 10€ entrada única 🕘 21:00 puntuais Xa recuperados da resaca do festi voltamos á carga despois dun mes inaugurando tempada 2026/27 coa primeira de moitas sorpresas que traemos baixo o brazo. OBSTRUKTION veñen dende Gotemburgo, Suecia facendo unha parada en Vigo antes de tocar no mítico SWR en Barroselas. Reinterpretan un son mítico do seu propio país aínda que non da súa zona, creando un salvaxe cruce entre do son motoserra marca de Entombed e un hardcore metálico noventero ao estilo de Integrity ou Merauder. Veñen ben acompañados da resistencia straight edge galega DERRADEIRO NÍVEL co seu EP “O Alvorar de Tudo” recen publicado, o que agora sí ten suficiente tempo para ter aprendido as letras. Quen non os coñeza a estas alturas debeu vivir debaixo dunha roca, puro estilo Victory Records dos 90: Para fans de Strife, Buried Alive, Damnation A.D. etc… Encargados de abri-la noite serán os corunheses SHUT THY GUILT, a gran precisada sangue nova que ía facendo falla sen que estiveramos os de sempre presentes. Traen unha proposta de hardcore metalizado contemporánea que pode lembrar por partes iguais a Hatebreed, Machine Head ou Chimaira.
169 10
1 month ago
Galicia and Portugal, we’re coming for you! APR 29 A Curuna - Mardi Gras APR 30 Vigo - Masterclub MAY 2 SWR Barroselas Let’s do it!
65 0
1 month ago
Info relevante e todo o que precisas saber desta finde… * * xCausax finalmente non poderán tocar por motivos alleos á organización * * 🔗 abonos e tickets por días dispoñibles ata hoxe 19/2 ás 23:59h no link da bio * * HARD CORE DENDE O FIN DA TERRA
123 9
2 months ago
Rematando coa introdución das bandas foráneas que visitarán o fin da terra este ano teremos que falar de Taqbir como os cabezas de cartaz do venres. Co seu único traballo, “Victory Belongs To Those Who Fight For A Right Cause” irrumpiron de maneira directa no panorama do hardcore e o punk a nivel mundial. Dende o Outbreak e o DIE a outros festis míticos como o Fluff ou, próximamente, o CYF, Taqbir traballa unha proposta lírica e conceptual inexplorada no xénero, pouco común e moi necesaria. Dandolle importancia á lingua materna e rexeitando a moitas veces autoimposta utilizacion do inglés, rompen co estereotipo para tratar as barreiras que atacan ó diferente e ó apartado. Con tupatupas e un uso destacado do flanger, podemos falar deles como unha banda que bebe das bandas da uk82 cun toque de egg punk e de Hardcore rápido, deixando ver por qué son unha das caras máis recoñecibles do sello ó que pertencen, La Vida Es Un Mus. * * 20 febreiro - fábrica de chocolate * * 🔗 abonos e tickets por días no link da bio * * 📸 @defnekaracaa 📹 @daitanfilms
921 6
2 months ago
Killing Me Softly dende Leeds, Reino Unido encabezarán o día 2 do festival. A banda de metalcore revelación dos últimos par de anos percorreu varios dos festivais mais destacados a ambos lados do charco, tales como o Outbreak Fest ou o LDB Fest, así como en varios outros de pequeno formato por todo o continente. Tras publicar o seu álbum debut “Autumn Lost In Silence” no 2023 conseguiron tracción internacional moi rápidamente, logrando un sonido realmente característico que lembra a unha época onde o metalcore era cru e lo-fi, e niste caso, rozando case o screamo, similar a Norma Jean ou Zao pero co propio xiro. Na época diste álbum cabe destacar a extensa xira europea que fixeron xunto a Seeyouspacecowboy e Boneflower. Recentemente publicaron o seu novo EP “To Forever Fall Through God’s Safety Net”, unha excelente continuación do seu anterior traballo que en partes tributa ao “Petitioning The Empty Sky” de Converge. Un broche dourado para rematar a noite do sábado. * * 21 febreiro - masterclub * * 🔗 abonos e tickets por días no link da bio * * 📸 @tabsshots 📹 @daitanfilms
515 4
3 months ago
Dende Newcastle, no noreste de Inglaterra, teremos á xoven promesa Long Goodbye coa que debe ser a actuación mais extrema da noite do sábado. Co seu breve percorrido de a penas dous anos presentaron dous EPs: “i used to dream of drowning” e “to reconcile with death for a sake of a beautiful ending”, nos que nos atopamos con un moshcore disonante do estilo de mediados dos 00, que lembra a bandas coma On Broken Wings, Animosity ou os primeiros discos de The Acacia Strain. Se buscas un momento concreto da noite 2 para sacar as patadas xiratorias, iste é o teu momento. * * 21 febreiro - masterclub * * 🔗 abonos e tickets por días no link da bio * * 📸 @maxph0to 📹 @daitanfilms
251 4
3 months ago
TS Warspite dende UK serán os encargados de traer o hardcore punk ochenteiro mais primitivo á noite do sábado. Cunha demo do 2020, o seu primeiro LP “Stop The Rot” do 2022 e o seu EP mais recente “Trauma Stage”, os británicos xa veteranos de outras bandas coma Payday ou True Vision traen unha longa traxectoria de tocar nos eventos máis destacados que a brillante escena UKHC ten que ofrecer. Os temas curtos, veloces e cheos de enerxía con riffs case posi e a característica voz ladrada faráche dudar se estás nun bolo de SSD, Rest In Pieces ou 86 Mentality. * * 21 febreiro - masterclub * * 🔗 abonos e tickets por días no link da bio * * 📸 @flowerbomb_photos 📹 @daitanfilms
160 6
3 months ago
Dende a urbe parisina tamén teremos a Take It In Blood, autodenominados Paris Tracksuit Skinheads, unha aposta de hardcore pesado e negativo concebido dende a escena skinhead da capital francesa. Cunha demo e o primeiro EP “Roadmap Of Pain” baixo o brazo, tamén publicado dende Quality Control Records, presentan un hardcore do máis duro ao estilo de Neglect, Next Step Up ou Stout. Non te perdas esta combo parisina xunto a Cold Decay da man de Quality Control o dia 1 do festi, festival do mosh no fogar do hardcore na cidade olívica. * * 20 febreiro – fábrica de chocolate * * 🔗 abonos e tickets por días no link da bio * * 📸 @runae__ 📹 @violent.motion
133 2
3 months ago