🫀Algunhas das fotos bonitas deste ano, que foi un pouco azul de máis.
🌼🐑 Na foto 1, anaquiños da nosa primeira xira europea con
@s.d.o.crust . Arriba, narcisos en Waterskaap, Groningen; embaixo, eu fotografiada por Edu en Rennes. Waterskaap foi derrubada polo goberno holandés pouco despois de tocarmos nós malia selo fogar de xente boa. Agardo que as ovellas todas nadaran lonxe dalí.
🦴 Na foto 2, Sacrosanta no monte Tegra (por Raúl) despois de papar no Vila D'artes.
⚔️ Na 3, unha aperta (por Mars). Cando a subín as stories, Mery escribiume para preguntar se era una foto de despois do xuízo. O certo é que non, pero se houbera unha foto, sería semellante a esta. Ámote máis forte que forte sexa calquera estado, Edu.
🎒 Nas fotos 4 e 5 arriba, tamén recordos da xira. Eu en Gante, e Dani mais Edu en Rennes.
🌊 A 5 abaixo, a 7 e a 9, falando ao Mar na praia das Catedrais (por Vic)
⚰️ A 6 arriba, Cemiterio de Goiriz; embaixo, Edu máis eu na praia de Carreiro, na Guarda, facendo unha foto para o proxecto de Witch Boy And Sickle Woman que estrenamos no bar do noso amigo Ibán.
🌿 A 8, as prantas que me medraron nas costas este verán (grazas ás mans prodixiosas de Andriu)
🐝 A 10 arriba, funeral para unha abella en Barroselas, (mentres Fali, Helena, Marco, Kizas, Edu mais eu equilibrabamos o ph con outra cervexa).
🌳 A 10 embaixo, paseo no Sofreral de Cerezal de Aliste, canda Edu e Nacho.
❄️ A 11, máis recordos da xira, desta volta fotos de Reims, catedral e follas predicindo as condicións meteorolóxicas da aventura próxima.
Grazas a todas as que estivéchedes, aínda que non sexa nas fotos🌾