Que pouquiño queda xa para que Alfa Cero Quince, a nosa compañía de ópera do
@proyectolova , estree a súa ópera orixinal, "Crebacabezas de tres pezas".
- Este venres recibimos con moita ilusión o roll-up que eles/as mesmos/as deseñaron e encargaron, e que anuncia as datas das súas actuacións!
- Hai unhas semanas recibiron as súas familias, para poñelas ao tanto do momento do seu proceso, e para animalas a realizar algunhas das propostas que a compañía realiza na aula!
- Nos últimos días, xa en pleno traballo das profesións, recibiron a visita de novos profesionais relacionados dun ou outro xeito co desempeño da compañía, aspecto que, coma sempre, agradecemos inmensamente!
En concreto, visitáronnos 👇
- Pedro Martínez Tapia, cantante lírico e director coral e a súa filla Alicia, que xa actuou en varias producións operísticas xunto coa súa irmá Paloma.
@kekomtapia
- Carolina Díguele Parras é unha destacada artista, deseñadora de vestiario e produtora artística galega, orixinaria das Pontes, recoñecida polo seu labor teatral, especialmente coa compañía Elefante Elegante. Licenciada en Belas Artes, gañou o Premio María Casares ao Mellor Vestiario pola obra 'Alta costura' e participa en murais comunitarios de empoderamento feminino.
@coralina_di
- Isabel O'Connor é unha recoñecida deseñadora de interiores e artista galega nada en 1975 na vila de As Pontes de García Rodríguez. Converteuse nunha figura de referencia no ámbito do deseño de interiores, do interiorismo e da creación artística comunitaria en Galicia.
Participa tamén en murais comunitarios e forma un tándem artístico con Carolina!
@isabel.oconnor
Moitas grazas por sumar tanto ao noso proxecto!
#coledeparga #lóva