☁️ 𝐂𝐑𝐌, 𝐄𝐑𝐏, 𝐒𝐚𝐚𝐒... Moitas siglas, moitas ferramentas e non sempre está claro que necesitas
Neste webinario veremos como ordenar o ecosistema dixital da empresa e que aporta cada aplicación de xestión na nube
🗣 Imparte: Antonio Monteagudo, consultor de empresas e experto colaborador da Oficina Económica de Galicia
🗓 Martes, 𝟏𝟗 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨
🕐 ás 13:00 h
✍ Inscríbete a través das historias destacadas
#Asesoramento #OficinaEconómicaGalicia #Dixitalización #Apps
💬 𝐀𝐢𝐧𝐝𝐚 𝐧𝐨𝐧 𝐮𝐭𝐢𝐥𝐢𝐳𝐚𝐬 𝐖𝐡𝐚𝐭𝐬𝐀𝐩𝐩 𝐁𝐮𝐬𝐢𝐧𝐞𝐬𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐫𝐭𝐞 𝐜𝐨𝐬 𝐭𝐞𝐮𝐬 𝐜𝐥𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬?
Neste webinario explicarémosche como implementar esta ferramenta de forma eficaz no teu negocio
🗣 Imparte: Alba Álvarez, consultora de márketing dixital e experta colaboradora da Oficina Económica de Galicia
🗓 Xoves, 𝟐𝟏 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨
🕐 ás 13:00 h
✍ Inscríbete a través das historias destacadas
Se precisas axuda experta, lembra que podes solicitar asesoramento ℹ oficinaeconomicagalicia.xunta.gal
#OficinaEconómicaGalicia #Asesoramento #WhatsAppBusiness #Pemes
🙌 A nosa xerente, Ainhoa Mallo, e o director de Competitividade, Norberto Penedo, participaron no XXVI Foro ADR en Bilbao, un encontro de referencia para as Axencias de Desenvolvemento Rexional
Un espazo de colaboración e intercambio de ideas no que se abordaron cuestións clave como a innovación, a competitividade e as oportunidades europeas para os próximos anos
Seguimos traballando para impulsar novas oportunidades para o tecido empresarial galego 🤝
#ForoADR #Innovación #Europa #Igape
🌍 A primeira sesión do Capacita Directivos 2026 ofrecerá as claves para interpretar o novo escenario xeopolítico e o seu impacto real sobre a empresa, a industria e as cadeas de valor
A nosa directora, Covadonga Toca, inaugurará a xornada xunto á presidenta de Nordés, Ángeles Ríos
O programa inclúe tres mesas de diálogo con representantes da Autoridade Portuaria da Coruña, UDC, Nauterra, Resonac, BBVA, PwC Tax & Legal e Acciona Enerxía
📅 Venres, 15 de maio | 🕤 9:30 h
📍 Nordés Club Empresarial (A Coruña)
Máis información e inscricións ℹ www.nordesclubempresarial.gal
📌 𝐗𝐚𝐩𝐨́𝐧 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐨𝐥𝐢́𝐝𝐚𝐬𝐞 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐦𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐭𝐞́𝐱𝐢𝐜𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚𝐬 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬 𝐠𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐬
En 2025, 253 empresas galegas exportaron ao país nipón por valor de 151,6 M€, preto dun 25% máis que o ano anterior
A Antena do Igape en Xapón acompaña ás compañías galegas na súa entrada nun dos mercados máis esixentes do mundo, con accións en sectores como a automoción, o agroalimentario, a tecnoloxía ou a saúde
✨ "Xapón valora a calidade, a especialización e as relacións a longo prazo, aspectos nos que Galicia destaca", sinalou a nosa directora, Covadonga Toca
Máis información ℹ igape.gal
#Igape #Internacionalización #AntenasIgape
Grazas a Galicia Foro Empresarial pola invitación a participar na xornada "Decisións financeiras clave para empresas", celebrada en Vilanova de Arousa
👉 Unha cita que permitiu á nosa directora, Covadonga Toca, estar en contacto directo co tecido empresarial e coñecer de primeira man as preocupacións e necesidades das empresas á hora de tomar decisións financeiras
Máis información ℹ https://igape.gal/gl/novas/item/653-a-xunta-impulsa-un-modelo-integral-de-apoio-financeiro-ao-tecido-empresarial-galego
#Igape #Financiamento #Empresas #GaliciaForoEmpresarial
📌 7Experts organiza unha xornada sobre as claves do financiamento público e da colaboración entre axentes para impulsar a innovación e o crecemento en Galicia
Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do #Igape, participará na mesa redonda sobre as principais axudas á innovación empresarial, xunto a representantes do CDTI e de 7Experts
📅 26 de maio
🕙 10:00 - 14:00 h
📍 Club Cámara Noroeste (A Coruña)
A xornada está dirixida a persoas directivas, responsables financeiros e responsables de innovación, I+D e desenvolvemento tecnolóxico
Inscricións ➡
📊 𝐒𝐚𝐛𝐞𝐬 𝐞𝐧 𝐭𝐨𝐝𝐨 𝐦𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐞𝐯𝐨𝐥𝐮𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚 𝐚 𝐭𝐮́𝐚 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚?
Un cadro de mando é o instrumento que permite medir, controlar e impulsar a evolución do teu proxecto desde as primeiras etapas
No noso próximo webinario veremos como podes aproveitar esta ferramenta na túa organización
🗓 Mércores, 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨
🕐 ás 13:00 h
🗣 Imparte: Rafael Martínez-Carrasco, coordinador do ámbito financeiro e experto colaborador da Oficina Económica de Galicia
✍ Inscríbete a través das historias destacadas
Se precisas axuda dunha persoa experta, podes 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐨 𝐚𝐬𝐞𝐬𝐨𝐫𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 da Oficina Económica ℹ oficinaeconomicagalicia.xunta.gal
#Asesoramento #OficinaEconómicaGalicia #Financeiro #Pemes
🌟 Galicia recoñecida no foro Advanced Factories 2026 polo seu papel impulsando unha industria máis intelixente, sostible e conectada
A nosa directora, Covadonga Toca Carús, subliñou como prioridades achegar a innovación ás pemes e consolidar Galicia como referente para o investimento industrial a longo prazo
Máis información ℹ igape.gal
💡 𝐀 𝐭𝐮́𝐚 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐟𝐚𝐢 𝐈+𝐃+𝐢?
Entón é posible que esteas a desaproveitar vantaxes fiscais ás que tes dereito
As empresas que realizan actividades innovadoras poden acceder a deducións fiscais e bonificacións nas cotas de persoal investigador
Mais moitas organizacións non os aplican, ben por descoñecemento, ben por non saber se lles corresponden
No próximo webinario resumiremos os principais incentivos fiscais ligados á I+D+i para que poidas avaliar se son de aplicación na túa organización
🗣 Imparte: Marta Bravos, consultora de innovación e experta colaboradora da Oficina Económica de Galicia
📅 Mércores, 𝟕 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨
⏰ ás 13:00 h
✍ Inscríbete a través das historias destacadas
#Asesoramento #OficinaEconomicaGalicia #Innovación #VantaxesFiscais
𝐐𝐮𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐪𝐮𝐢𝐬𝐭𝐚𝐫 𝐮𝐧 𝐝𝐨𝐬 𝐦𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐞𝐬𝐢𝐱𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞 𝐬𝐨𝐟𝐢𝐬𝐭𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐝𝐨?
O Igape organiza unha nova Xornada País dedicada a Xapón, onde descubrirás as claves para acceder con éxito a este destino estratéxico para as empresas galegas
📅 12 de maio
🕤 9:30 – 11:00 h
📍 Edificio Bandalux. Salón Bridge (Santiago de Compostela)
Contaremos cun panel de excepción:
🔹 Jon Ander Musatadi e Masahiro Masuda, Antena Igape en Xapón
🔹 Macarena Perassi, Export Department de @paco_lola
🔹 Kota Harada, Delegado de @corengrill en Xapón
🤝 Ademais, poderás solicitar unha 𝐫𝐞𝐮𝐧𝐢𝐨́𝐧 𝐢𝐧𝐝𝐢𝐯𝐢𝐝𝐮𝐚𝐥 𝐁𝟐𝐁 coa Antena Igape en Xapón os días 𝟏𝟐 𝐞 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨 para presentar directamente os teus produtos e servizos
Máis información en 👉 igape.gal
🔍 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐥𝐢𝐱𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚: 𝐚𝐧𝐚́𝐥𝐢𝐬𝐞 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐭𝐞́𝐱𝐢𝐜𝐚 𝐚𝐩𝐥𝐢𝐜𝐚𝐝𝐚 𝐚́ 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚
Nun mundo onde abundan os datos, as empresas capaces de tomar decisións cun menor nivel de incerteza son as máis competitivas. A análise de intelixencia convértese nunha ferramenta clave para o tecido empresarial
📅 Mércores, 𝟔 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨
📍 Áurea Palacio de Sober (Lugo)
Organizado polo Cesuga xunto coa Cátedra de Servizos de Intelixencia e Sistemas Democráticos da Universidad Rey Juan Carlos, o seminario contará coa participación de:
🔹 Fernando Velasco, director da Cátedra e do Máster en Analista de Intelixencia da URJC
🔹 Fulton Armstrong, ex-analista senior da CIA e investigador da American University
ℹ️ 𝐌𝐚́𝐢𝐬 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧: oencontro.gal