O Castro gañou o derbi lucense fronte ao Burela por 2-0🔥
Grazas, afición, por estar sempre aí.
E grazas a Marta polo agasallo de Galicia Sabe a Mar para o noso sorteo 🌊🎁
Seguimos 🔥
@marta_barreiro_@xuntagalicia
SORTEO‼️
🐟✨ Mañá, no descanso do partido, teremos un sorteo moi especial!
Sortearemos un fantástico lote de produtos cortesía de Galicia Sabe a Mar!!
Moitas grazas polo voso apoio @turismodegalicia@xuntagalicia@marta_barreiro_
🔒 RENOVACIÓN CONFIRMADA 🔒
Traballo e moita ambición para seguir medrando xuntos.
Martín Novo continuará unha tempada máis no sénior masculino, achegando intensidade, experiencia e compromiso. ❤️
🔒 RENOVACIÓN CONFIRMADA 🔒
Experiencia, compromiso e sentimento de club.
Paulo Jorge Sousa continuará unha tempada máis defendendo a nosa camiseta. Un dos xogadores que máis anos leva formando parte desta familia e exemplo do que significa pertenecer a este club. ❤️
🔒 RENOVACIÓN CONFIRMADA 🔒
O noso capitán segue a bordo. ❤️
Yago Tizón continuará unha tempada máis liderando o sénior masculino, dentro e fóra da pista.
Orgullosxs de seguir contando co noso capitán para esta nova etapa.
Hoxe puxemos punto e final á tempada do equipo sénior.
Foi un ano de traballo e moito esforzo.
Pechamos a campaña cun amistoso fronte aos nosos amigos da Piringalla, nun deses partidos que lembran o verdadeiro sentido deste deporte, competir e compartir.
Grazas a toda a xente que estivo ao noso lado durante a tempada: xogadores, corpo técnico, familias, afección e amigos.
Imos
Derbi galego. Derbi lucense. ❤️🧡
No Municipal xúntanse dous equipos de Lugo, dous escudos e unha rivalidade das que fan bonito o fútbol sala.
En fronte, un Burela sempre competitivo e especial nestes partidos.
Nós, coa ilusión de seguir facendo do Municipal a nosa forza.
Porque os derbis non se explican.
Víbense.
🏟️ Municipal
🕢 19:30 h
⚔️ Castro 🆚 Burela
Subcampioas do Campionato Galego Benxamín Feminino 🩵🏆
E o máis bonito é todo o que medran xuntas no camiño. Orgullosísimas destas pequenas grandes loitadoras ❤️
📸 @filmefotografia
O Infantil Feminino Castro Pizzería Rozas viviu unha tarde moi especial grazas aos que levan o seu nome e colaboran co club. 🍕 @rozasfeiradomonte
O equipo foi convidado a desfrutar dunhas pizzas deliciosas e dunha tarta espectacular.
Dende o club queremos agradecer este bonito detalle e o apoio constante ao deporte feminino e á nosa canteira. Grazas por facer equipo tamén fóra!! 🙌⚽💫