FAC. COMUNICACIÓN UVIGO

@fcom.uvigo

Grao en Comunicación Audiovisual. Grao en Publicidade e RR.PP. Univ. de Vigo. Campus Pontevedra. [email protected] - 986801999
Followers
2,685
Following
1,100
Account Insight
Score
29.41%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
2:1
Weeks posts
Esta é a actitude do #talentofcom incansable, apaixoado, divertido… Parabéns polo traballo ben feito no @congresofluor 😍👏🏻👏🏻👏🏻👌🏻🤩 Esa é a actitude!!! @universidadedevigo #congresofluor #uvigo #publicidad #congreso #facultaddecomunicación
102 3
1 day ago
Na clausura do @congresofluor fíxose entrega dos premios da 1ª Olimpiada Académica. Cerca de 100 alumnos participaron e todos os finalistas tiñan unha cousa en común: o #talentofcom Parabéns!! 😍 O concurso consistía en facer unha campaña para AVLO a alta velocidade lowcost de @renfe Os finalistas foron: Aitana González e Pablo Chantrero, que resultaron gañadores. Sabela Sánchez, Saleta Rodríguez e Nuria Rodríguez. Ashly Hernández, Tania García e Judit Castro. Celtia Dopico, Uxía Davila e Xiana Fidalgo Alba Arosa e Lucas Carballa. Todos eles alumnado do 2 curso do Grao en Publicidad e RRPP da @fcom.uvigo As propostas foron valoradas por Nacho Padilla, Director de Marketing de Renfe, e o premio consistente en 6 entradas vip para o @portamerica foi entregado por @esmerarte_industrias_creativas Máis parabéns 😍👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 #talentofcom #uvigo #congresofluor #renfe #facultaddecomunicación
76 1
2 days ago
Comunica en galego! Unha iniciativa coordinada polo docente Xosé Baamonde, na que o alumnado da materia de Teoría e Práctica das Relacións Púbilcas traballou ao longo do cuadrimestre no deseño e posta en práctica de 26 campañas en redes sociais, centradas na promoción do idioma. O obxectivo desta iniciativa é que o alumnado adquira capacidades para desenvolver campañas nas redes máis utilizadas na actualidade e, ao mesmo tempo, coñecer e contribuír a dar visibilidade a diversos sectores culturais e económicos do noso país. Os diferentes grupos participantes presentaban nestes días o informe final do traballo que desenvolveron nas últimas semanas e que difundiron a través dos perfís creados en diferentes redes sociais. Entre as súas propostas atópanse campañas de apoio á música en galego, como tonnordes, seran.gz ou devagar.mp3; iniciativas dirixidas a promocionar produtos audiovisuais, como pegaclub ou debuxosquefalan; ou propostas centradas en creadores e creadoras de contido, como xeitogalego_ ou trendgal_. Outras campañas abordan os medios de comunicación en galego, o patrimonio histórico e cultural ou buscan dar a coñecer produtos etiquetados en galego. A estas iniciativas súmanse ás dedicadas á literatura e banda deseñada, como lerconxeito ou tintaenxebre, proxectos de apoio a referentes femininas galegas, como ascreadoras, ou de difusión da moda galega. Esta iniciativa insírese no proxecto Comunica en galego, que se completará cunhas xornadas dirixidas a dar a coñecer entre o alumnado creadores de contido ou medios de comunicación neste idioma e que terán lugar a comezos do vindeiro curso académico. Máis info: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/alumnado-facultade-comunicacion-leva-redes-sociais-promocion-galego #talentofcom #uvigo #comunicaengalego #ogalegomola #falagalego
155 4
3 days ago
Este é o calendario de exames do 2º cuadrimestre, cas datas, o horario e a aula asignada. Moita sorta a todas e todos!!🍀 #talentofcom
43 0
4 days ago
🏆OLIMPIADA DE CREATIVIDAD | #Flúor26 Este año hemos dado un paso más introduciendo, por primera vez, las Olimpiadas de Creatividad. Para esta iniciativa lanzamos junto a Avlo, marca de Renfe, un briefing real a los estudiantes de la FCOM y CESUGA. El día 15, de todos los participantes, cinco equipos seleccionados presentarán y defenderán su propuesta ante un jurado en el ático de O Sanatorio. Tendrán un total de 5 minutos por equipo para convencer, sorprender y ganar la primera olimpiada creativa de Flúor. Si eres uno de los seleccionados, ¡mucha suerte!🤞🏽 #Congresofluor #Marketing #Olimpiadacreativa
44 2
6 days ago
Vuelve el SPEED DATING a #Flúor26 🤝🏽 Diez AGENCIAS creativas y diez ESTUDIANTES universitarios seleccionados se encuentran, para presentarse, mostrar lo que hacen y descubrir si hay química. ¡No dejes pasar esta oportunidad!⚡️ Mándanos un email con tu CV a [email protected] y espera para descubrir si has sido uno de los 10 seleccionados. Elige crecer. El valor de elegir. Más información es congresofluor.com 👈🏽 Gracias un año más @pontevedrate @fcom.uvigo @xuntagalicia @galiciacalidade #CongresoFluor #flúormarketingcongress
41 0
9 days ago
Estrelados gaña as eleccións ficticias da Facultade cunha estética inspirada no nacionalismo galego. Parabéns a todos os partidos e aos seus equipos polas campañas desenvolvidas. Puro #talentofcom 😍💪 Máis info: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/estrelados-gana-eleccions-ficticias-facultade-comunicacion #facultaddecomunicación #uvigo #campañapolítica #publicidad #campuspontevedra
209 1
9 days ago
‼️XA TEMOS PROGRAMA PROVISIONAL‼️ Está é a proposta da 22 edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, #CeMAC, que imos desenvolver do 6 ao 10 de xullo no auditorio de Celanova.👌🏻😍 Este “campamento” cinematográfico ofrece aloxamento gratuito no albergue municipal de Celanova e transporte de balde dende Pontevedra, con paradas en Vigo e Ourense. 😍 O CeMAC está organizado pola @f.carloscasares co apoio de: @industriasculturais @deputacionou @universidadedevigo @fcom.uvigo @celanovaconcello #cursodeverano #uvigo #cinemagalego #audiovisualgalego #celanova #deputaciondeourense #agadic #cine
51 0
9 days ago
Programa #Flúor26 ☁️ Dos días: teoría y práctica. Durante el JUEVES disfruta de las ponencias de los mejores profesionales del sector. Atiende bien y utiliza su experiencia, consejos y sabiduría para convertirte en un mejor profesional. Compra aquí tu entrada👉🏽/entradas/ El VIERNES, reserva tu taller y ponte a prueba. Descubre qué tienen preparado estos ponentes para contarte. Además, sé el más rápido y reserva tu plaza en la Dinámica de Networking para aprovechar al máximo el encuentro. Compra tu taller aquí 👉🏽 /entradas/#osanatorio Reserva tu plaza para Networking 👉🏽 /programa-o-sanatorio/ No te lo pienses más y da el paso. Elige aprender. Elige crecer. El valor de elegir. Gracias a todos nuestros patrocinadores y colaboradores por hacer esto posible⚡️: @pontevedrate @xuntagalicia @galiciacalidade @deputacionpontevedra @somosabanca @clustercomunicacion @raiolanetworks @recadoscarmen #CongresoFluor #Marketing #FlúorMarketingCongress
96 2
10 days ago
PARABÉNS @calvadebares e @davidbautistag_ ‼️ #Noteaplatanes é o título do vídeo que converteu a Estíbaliz Bárcena e Fernando David Bautista en finalistas de Efecto Mil, un concurso promovido pola Fundación Atresmedia, coa colaboración da Fundación Telefónica. Aberto á participación de mozos e mozas de entre 16 e 25 anos, trátase dun certame dirixido a fomentar nas novas xeracións un pensamento crítico sobre o uso das redes sociais, que contou na súa quinta edición con máis de 900 participantes. O certame convidaba a mozos e mozas a abordar diferentes riscos dixitais que afectan a súa contorna, a través de vídeos de curta duración, o que levou aos estudantes do Grao en Publicidade e Relacións Públicas a centrarse, explican, “no uso abusivo e a adicción ás redes sociais”. Máis info: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/video-adiccion-redes-sociais-converte-dous-estudantes-publicidade-rrpp-finalistas-efecto-mil #talentofcom #uvigo #efectomil #creatividad #facultaddecomunicación
97 5
12 days ago
Comezamos maio có ciclo queer! Esperámosvos todos os mércores de maio ás 18:30 no aula de cine
71 0
15 days ago
Presentación do Libro Blanco de la Influencia Responsable 2025, de Patricia San Miguel, organizado por iCmedia Galicia Nun contexto no que tanto a comunicación como a publicidade van máis aló dos medios tradicionais, dada a importancia crecente dos creadores e creadoras de contidos, faise precisa unha reflexión respecto destas figuras e a necesidade de promover unha “influencia responsable”. Con esta idea como punto de partida, o acto a afondou no presente e futuro da industria do influencer márketing e na necesidade de medidas de autorregulación do labor dos creadores e creadoras de contidos. A xornada completouse coa mesa de debate, moderada por Octavio Rodríguez, na que participaron a creadora de contido Mar Dorrío, o agroinfluencer Cè Rodríguez, a tamén docente da facultade Érika Fernández e da propia Patricia San Miguel. Máis info en: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/especialistas-reclaman-influencia-responsable-creadores-creadoras-contido #talentofcom #uvigo #influencerlife #marketing #facultaddecomunicación #creadordecontenido #libroblanco
49 1
17 days ago