⚡⚡⚡⚡Sorteo de tres abonos dobres ⚡⚡⚡⚡
Para participar só tes que 👇
1️⃣ Seguir o Instagram de @facelafest
2️⃣ Menciona con quen che gustaría ir ao festival
3️⃣ Comparte en stories
Tes de prazo para participar ata mañá martes ás 21.00h ⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡⚡
Bule! 🔥
Non imos esquecer estes catro días. Celebrar así o noso décimo aniversario foi un auténtico luxo, e iso foi grazas ao público, aos artistas, ás salas, ás traballadoras e traballadores, ás institucións, patrocinadores e colaboradores e tamén a todas as amigas e amigos que sempre están aí para botarnos unha man.
Foron catro días, 19 concertos increíbles (non exaxeramos) , catro espazos cheos, comida rica e, sobre todo, un ambiente xenial. Volveremos! GRAZAS!
Deixamos aquí a ligazón por se queredes recuperar os cartos que vos quedaron nas pulseiras. Se non facedes a devolución e queredes deixarnos unha propina, prometemos que estará moi ben investida: será en música en directo, será en cultura.
https://www.woutick.es/devoluciones-cashless/101852/123857
Link na bio! O martes 19 de Maio é o último día para solicitar a devolución.
Onte pola noite tiña que estar, un ano mais, no @facelafest que cumpre dez anos sendo fiel ao seu estilo, cun festival moi traballado por Celes e Suso que permite desfrutar de bandas míticas ou xa consolidadas, pero tamén de grupos con talento e que soaran con forza.
E ainda que so puiden escoitar a @templesofficial e a @tabizarro creo que a @salatebras foi todo un acerto para facer o festival, cun sonido magnífico, espazos de gastronomía como o do @restaurantepaprica ou de solidaridade, como o de @alucemlugo e sobre todo, por non depender da climatoloxía que un ano mais non acompañou.
Dende a Xunta é un placer poder colaborar con vos para situar a Lugo no epicentro da música independente e seguir atraendo público a nosa cidade.
Parabéns polo traballo!
@bernalsomos puxeron o peche do festival cun directo que funcionou como última descarga de enerxía da xornada, cunha dinámica que foi collendo forza pouco a pouco ata volverse case imparable.
A banda mantivo o seu selo habitual: letras directas, sentimento moi á flor de pel e unha forma de construír as cancións que pasa do detalle mínimo ao estoupido sen aviso. Entre temas xa coñecidos e material máis recente, o concerto foi collendo corpo ata volverse un bloque compacto e bastante físico.
No tramo final, ese equilibrio entre o íntimo e o explosivo acabou de encaixar co público, deixando unha sensación de peche perfecto! Non esperábamos menos.
📸 Fotos de @i.mouronte_fotos de @vivalugo
Qué dicir de @tabizarro que non saibades? Non é tampouco a primeira vez que están no escenario Facela.
A banda, fiel ao seu xeito: guitarras que se pechan sobre si mesmas, tensión constante e un son que medra por capas ata volverse case físico. Entre temas xa coñecidos e os novos cortes foron debuxando un setlist impecable.
As novas cancións encaixan perfectamente nese universo propio que levan anos construíndo, onde o ruído, a idea de pertenza e certa incomodidade conviven sen estridencias innecesarias. Un concerto que reafirma o seu lugar nun territorio moi seu... Unha marabilla!
📸 Fotos de @i.mouronte_fotos de @vivalugo
E chegou o momento de @templesofficial que pasaron por Lugo cun directo que volve poñer no centro o que mellor saben facer: cancións que medran en escena e un son que vai dende o psicodélico máis clásico ata pasaxes máis electrónicos sen perder coherencia.
O concerto combinou temas de diferentes etapas da banda, con esa mestura tan súa de melodías luminosas e bases máis hipnóticas, que en directo gañan corpo e intensidade. Todo flúe con naturalidade, coma se cada tema abrira unha porta distinta dentro do seu propio universo sonoro.
Tremenda viaxe... Tremendo bolazo!!
📸 Fotos de @i.mouronte_fotos de @vivalugo
As madrileñas @shegomanda co seu punk-pop emocional e sen rodeos, cancións que falan claro, sen adornos.... que en directo medran aínda máis, convertendo cada estribillo nunha especie de berro colectivo.
A banda moveuse cunha seguridade total, alternando tensión e desgarro con momentos máis contidos sen perder nunca o fío.
📸 Fotos de @i.mouronte_fotos de @vivalugo
Aquí @axolotes_mexicanos que voltaron a Lugo por segunda vez, despois de petalo no Clavi en 2024 tamén da man de Facela.
Entre pop con trazos punk e electrónica rota, foron alternando momentos de caos divertido con outros máis melódicos sen perder o fío en ningún momento. O directo tivo esa sensación constante de banda con personalidade propia, capaz de cambiar de rexistro sen pedir permiso e de xogar co público con humor e desparpaxo.
📸 Fotos de @i.mouronte_fotos de @vivalugo
@sapobufomusic abriron na @salatebras o primeiro concerto do último día do festival cun directo que foi collendo forma pouco a pouco. Entre pop-rock e ese punto máis psicodélico que os caracteriza, foron soltándose tema a tema ata atopar un bo ritmo.
A banda moveuse con naturalidade sobre o escenario e deixou un concerto sólido, perfecto para arrancar a xornada final.
📸 Fotos de @i.mouronte_fotos de @vivalugo