Un proyecto súper especial en CIJE 🦜
✨Estudio Xirín nace de perseguir de verdad un sueño, y Pablo, o Langa para los amigos, siempre supo que quería dedicarse a la música 🎶
En su estudio entre otras muchas cosas graba y remasteriza, da clases de batería, y ofrece un espacio multidisciplinar a todos los músicos y aprendices que quieren sentirse como en casa 🏡
¡Quédate todo el vídeo para conocer mucho más!
#cije #morrazo #emprendedores #socios #pyoyecto
#xirin
Regala Xirín!
Sí, sí, estás lendo ben. Podes regalar servizos do noso estudio! Sexan clases de batería, sesións de gravación e reservas da sala para artistas ou para unha banda, aluguer de equipo para directos e técnico, e incluso contratación de algunha das nosas agrupacións do catálogo web. Pregúntanos calquer duda que teñas e adaptamos o regalo ás túas necesidades.
🔥666 Jam session🔥
O venres 6 do 6, ás 6 da tarde, a praza do Ghato vai arder.
Pero tranquilas: desta vez non queiman a María Soliña.
Máis de 50 músicxs do Morrazo tocando versións de heavy e rock en directo.
Anota no calendario:
🗓️ Sábado 6 ás 18h e de balde!
Guitarras, baterías e cervexa fría
#OGhatoDeMar #666 #HeavyNoMorrazo #beerrinchos #morrazica #xirin #windral
Querid@s amantes da música,
seguimos medrando e traendo novidades ao Estudio Xirín 🚀
🔔 Este curso 2025 chega con algo moi especial: engadimos clases de TROMBÓN! 🎺
Un novo instrumento únese á nosa familia musical, a cargo de @danibasslanga xunto ás xa consolidadas clases de batería, guitarra e baixo.
💡 Tanto se partes de cero coma se xa tes experiencia, atoparás un espazo dinámico, divertido e adaptado ao teu nivel para mellorar e gozar coa música.
🕐 Horarios segundo dispoñibilidade. Contacta connosco.
💰 Tarifas curso 2025:
• Clase de 45”/semana → 50€/mes
• Clase de 60”/semana → 60€/mes
• Clase solta → 20€/h
🎶 Este curso promete moita aprendizaxe, ilusión e boa vibra musical.
Se queres formar parte da banda, reserva xa a túa praza e comeza a facer ruído con nós! 🔥🎺🥁🎸
O 1 de outubro arranca con moitísima ilusión o 4º curso no Estudio Xirín cunha nova incorporación! 🚀
Se che apaixona a música e buscas un espazo onde aprender, mellorar e gozar, este é o lugar perfecto.
📌 Oferta de clases 2025
✨ NOVIDADE!
🎸 Clases de guitarra → individuais, os martes de mañá (10:00–14:00).
Imparte: Berto, baixista de @thekaraokeexperience e guitarrista en @thelellikellys e @pataghulhos
🥁 Tambor tradicional → clases grupais os venres de tarde (horario segundo demanda).
🥁 Batería → clases individuais.
⚡ Só quedan prazas en horario de mañá (luns a xoves).
📚 Tarifas
Clase individual 45”/semana → 50€/mes
Clase individual 60”/semana → 60€/mes
Clase grupal de tambor tradicional 60”/semana → 20€/mes
👀 Info importante
Pagamento do 1 ao 7 de cada mes (aconsellamos domiciliación bancaria 💳).
As clases non se recuperan en caso de falta.
A praza perderase se hai ausencias reiteradas (lista de espera activa).
🔥 Prazas limitadas!
Contacta canto antes para reservar o horario que mellor se adapte a ti.
— Equipo de Estudio Xirín
Este sábado terá lugar a primeira Xan Session co-organizada entre Beerrinchos e Morrázica nas inmediacións de @o.ghato e coa imprescindible batuta de @estudioxirin
Ven a desfrutar dunha tarde do mellor Rock / Metal a cargo de músicos da contorna. Non é por fardar pero temos un nivelaso… 🤘🏻😎🤘🏻
#kanekasmetalfest #beerrinchos #arockearacangas
🔥#aprimeiradoveran é unha festa do pobo para a pobo e se para nós hai un proxecto especial é a PACHAJAM que se convirte na primeira confirmación deste 2025.
🥺 Emociona ver como as persoas que soben ao escenario son as fillas, netos, primos, veciñas das que brincan nas primeiras filas. Xuntamos diferentes xeracións: desde persoas que teñen a música como profesión ata persoas que viven a música como afición. Longa vida á música e ao Hío!
#ohio #queimada #musica #cultura #cangas
E como sempre intento facer todos os anos en conmemoración do 8M, día internacional da muller, e agradecendo ao @estudioxirin por acompañarme nestas miñas tolerías musicáis, aquí vos deixo esta divertida canción de Liliana Felipe, cantada en galego, adicada a todas vós. As Histéricas!
XIRÍN (serinus serinus)
A música está en todo o que nos rodea e forma parte do noso día a día, non so nos aparatos electrónicos ou actuacións de artistas en directo, se non na propia natureza, coma o canto tan característico deste paxariño, que me acompaña xe dende fai moito tempo, parte del sin eu sequera valorar que estaba ahí, e que descubrín gracias a @davi.carra nas xornadas de traballar na horta na casa na que me criei.
Tanto me marcou o son que produce este paxaro, que lle puxen nome ó meu gran proxecto na súa honra @estudioxirin