Edicións Embora

@edicionsembora

30 anos editando libros para grandes e pequenxs. Coñece todas as nosas coleccións na páxina web. Venda online.
Followers
1,983
Following
214
Account Insight
Score
28.21%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
9:1
Weeks posts
Urso recomenda… Nariz Vermello ❤️ Un conto repletiño de maxia editado por Edicións Embora Fai unhas semanas Urso 🐻 recibíu no seu bosque un paquete moi especial, un libro escrito por Cristina Arias e ilustrado por Laura de Cibreiro, Nariz Vermello. A historia que vos presentamos hoxe está protagonizada por unha nena moi curiosa que ten a sorte de convivir cos seus avós. E como xa sabedes, se no conto aparecen uns avós a Urso xa o ten conquistado 😊 Esta avoa ademais era a mellor contando historias e a que lle conta á súa neta ten que ver cun feito acontecido na súa familia fai moitos anos. Non digades nada pero… parece ser que un trasno estivo amolando ao seu avó de moitas manieras distintas. Os trasnos son así, cambian as cousas de sitio, fan que escache a louza… todo para conseguir que lles fagan caso. E vaia se o conseguiu o que lle pasou a este avó foi máis que impresionante, pero non o imos contar todo, iso teredes que descubrilo lendo o contiño. Só vos diremos que teñades coidado co voso nariz 😂 Agradamos que vos guste tanto como a nós, e que vos riades moito con esta historia tan divertida!
62 20
25 days ago
‼️NOVIDADE‼️ Xa á venta o novo libro de @xosemanuelvarelavarela @iciavarela e @nereagoc para celebrar a Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas #LetrasGalegas2026 “Begoña Caamaño” é unha experiencia visual e pedagóxica que percorre a vida, a obra e a acción social dunda das voces máis singulares e necesarias da nosa literatura do século XXI. Non o perdas! #librogalego #ilustracion
72 1
1 month ago
Xa á venta “A Muller do veo gris” Volve @peretobaruela cunha nova e misteriosa historia da man de Matilde e o comisario logo de O asasinato da profesora de xeografía. Uns misteriosos roubos de cadáveres, o preludio dunha nova investigación que levará a Matilde e o comisario a enfrontarse a outro estraño caso en que se mesturan a realidade, os soños e as lendas e onde nada nin ningúen é o que parece. ilustración de portada: @daniipadron #Matildeeocomisario #Amullerdoveogris #PereTobaruela #misterio #librogalegoxuvenil
27 0
3 months ago
📷 Crónica fotográfica do nosso companheiro Edu Mera da apresentaçom de "Contos de lama e alcatrám" com Diego Bernal (autor) e Carlos Taibo o passado 25 de janeiro. Colabora @culturadadeputaciondacoruna
28 0
3 months ago
NOVIDADE “Queda moito que sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos” pecha a triloxía sobre autores e outros protagonistas da literatura galega desde a Longa Noite de Pedra ata a actualidade, que abriron os libros Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias e Ósos de santo. A memoria literaria de Xosé Manuel del Caño reflicte o traballo e a heroicidade de homes e mulleres decididos a botar o mundo a andar, a abrir camiño sorteando atrancos. #Quedamoitoquesachar #xosemanueldelcaño
13 0
5 months ago
Por moito ou pouco que te prepares, por moitas ou poucas que sexan as túas expectativas, por moitos ou poucos casos que coñezas, non podes facer unha idea exacta do que é converterse en nai. Glòria Vives cóntanos (como mellor sabe: debuxando) a súa experiencia; como son os días cun bebé, as noites; que pasa coa parella, coa decoración do salón, como cambian as túas lecturas, a túa forma de vestir... todo. É un libro próximo, cun gran sentido do humor, moi tenro. Se es nai, serache imposible lelo sen que non se che escape un sorriso. Se non es nai, é unha boa forma de coñecer a realidade. En outubro... nas librarías galegas. #Mama #GloriaVives #maternidade
28 2
7 months ago
Marchamos de vacacións, pero deixamos na imprenta algunhas sorpresas para os próximos meses. Deixámosvos aquí a capa dunha delas para que vaiades facendo oco nos vosos andeis. #unhacidadeenmarte
9 0
9 months ago
Xa está nas librarías a cuarta edición (primeira na nosa editora) dun libro singular, un clásico no campo da divulgación da nosa literatura de tradición oral. 352 textos que constitúen pegadas indelebles da nosa cultura popular.
17 0
1 year ago
❗️FEIRA DO LIBRO DE FERROL❗️ Calendario de firmas para esta fin de semana. Dende o venres e ata o domingo, participamos na Feira que terá lugar no Cantón. Achégate! Haberá unha morea de actividades para todas as idades e desconto do 10% en todos os libros. @librariasgal #FeiradoLibro #OndeFlorecenOsLibros
16 0
1 year ago
🪰 “Palabras como moscas”, de Antón Cortizas xa nas librarías! É un conxunto de narracións de temática e tamaño variados, todas elas obra de Antón Cortizas, polo que este libro tamén podería ter o título de “Antonloxía”. Estes relatos foron escritos ao longo do tempo en diversas circunstancias e por diferentes motivos. Uns estiveron gardados na gabeta ata seren incorporados a este libro; outros, porén, foron xa divulgados endiferentes publicacións, acompañando case sempre historias doutrasmans, e algúns deles recibiron recoñecemento nalgunhas convocatorias literarias. Portada ilustrada por @elgafernandezlamas #Palabrascomomoscas #antóncortizas #relatos #narrativa #librogalego
21 0
1 year ago
«A Noiteboa sempre é boa coa miña avoa» aquí tendes o novo videoclipe desta canción que está incluída no noso novo disco «O Nadal coa avoa Fina» e que fala desas avoas que deberan ser eternas 💘. ○ 📹@laparrochaestudio 🎵@agramolagominola
87 15
1 year ago
Estrea de Nadal da @agramolagominola . Vémonos nestas datas rockeiras para festexar a vida, a avoa Fina, as badalas, o Rei Vago e a todas vós!. Grazas! Vindeira parada no Carballiño!
136 4
1 year ago