CMUS/ESMU Tui

@conservatoriotui

Followers
532
Following
568
Account Insight
Score
23.03%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
1:1
Weeks posts
O pasado venres 8 de maio, o alumnado de 4º de Grao Profesional do Conservatorio Profesional de Música de Tui desfrutou dunha enriquecedora excursión ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Foi unha xornada para aprender, descubrir e conectar coa nosa historia e coa nosa identidade cultural! O noso agradecemento ao Concello de Tui polo seu apoio constante, e moi especialmente á profesora de Historia da Música, Dna. Sofía García, pola excelente organización e polo compromiso que amosa cada día co centro e co noso alumnado. Unha experiencia que seguiremos lembrando!!
62 0
6 days ago
🎶 ¿Tes entre 8 e 14 anos? A música pode ser para ti! No Conservatorio Elemental de Música de Tui abrimos o prazo para anotarse ás PROBAS DE ACCESO a 1º de Grao Elemental, e queremos que todas as familias e nen@s o saiban: NON é necesario saber nada de música para presentarse. Trátase dunha proba de aptitude, moi sinxela, que dura arredor de 10 minutos e na que só se valoran habilidades musicais básicas: escoita, ritmo, memoria… Nada máis. E ademais: As probas son TOTALMENTE GRATUITAS no noso centro. 🎼 Elixe o instrumento que máis che guste Os aspirantes poden escoller entre unha ampla variedade de instrumentos: Clarinete · Frauta travesa · Gaita · Guitarra · Guitarra eléctrica · Oboe · Percusión · Piano · Saxofón · Trombón · Trompa · Trompeta · Tuba · Viola · Violín · Violoncello Se tes dúbidas, non sabes por cal decidirte ou simplemente queres probar… 👉 Podes achegarte ao conservatorio e experimentar cos instrumentos antes de matricularte. Encantaríanos acompañarte nesa descuberta. 📅 Datas importantes Probas de acceso: 8 e 9 de xuño Período de matrícula para as probas: ata o 26 de maio (incluído) Podes inscribirte: 📍 Presencialmente no centro 📞 Por teléfono: 687 24 99 57 🌐 A través do formulario web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/558 🌟 Por que estudar música? A música axuda aos nenos e nenas a desenvolver: a creatividade a concentración a memoria a disciplina a sensibilidade artística a autoestima o traballo en equipo É unha das mellores ferramentas educativas para o seu futuro, tanto persoal como académico. 🎵 Se tes entre 8 e 14 anos, este pode ser o teu momento. Achégate, proba, pregunta, experimenta… No Conservatorio Elemental de Música de Tui estaremos encantados de acompañarte nos teus primeiros pasos musicais. A música está agardando por ti!
16 0
12 days ago
O pasado xoves, no concerto Fin de Grao dos alumnos de 6º de Grao Profesional despedíronse con orgullo e fonda emoción catro alumnos que, ao longo destes anos, fixeron do Conservatorio Profesional de Música de Tui un lugar máis vivo, máis humano e máis musical. Chegaron ao final Carlos Santamarina Costas (piano), Patricia Dacosta González (guitarra eléctrica), Rubén Ricón Viana (percusión) e Sara Quesado Pérez (clarinete), e con eles culmina unha etapa chea de esforzo, constancia e ilusión. Cada un, desde a súa especialidade, deixou unha pegada fonda nos corredores, nas aulas e nos escenarios do noso centro. Foron anos de aprendizaxe, de escenarios, de nervios e de aplausos. Anos nos que medraron como músicos, pero tamén como persoas. E iso é, sen dúbida, o maior legado que deixan no noso conservatorio. Grazas por todo o que nos destes. Grazas por facer deste centro un lugar mellor. O voso camiño continúa, e estamos seguros de que a música seguirá sendo unha parte esencial da vosa vida, acompañándovos e abríndovos portas. Aquí quedará sempre a vosa historia, e aquí teredes sempre unha casa!
50 0
12 days ago
18 0
17 days ago
6 0
23 days ago
¡BRILLANTE ARRANQUE DE SAN TELMO EN EL CONSERVATORIO DE TUI! Ayer, miércoles 8 de abril, el alumnado del Conservatorio (Elemental y Profesional) y de la Escuela de Música Municipal nos regaló un primer concierto inolvidable. Fue una muestra de puro talento y versatilidad. Disfrutamos de una calidad interpretativa excepcional recorriendo un abanico de estilos increíble: desde la elegancia de la música clásica y la magia de las bandas sonoras, hasta el ritmo del jazz. El broche de oro lo puso la orquesta de vientos y percusión, que hizo vibrar a todo el auditorio con una actuación final cargada de energía. ¡Enhorabuena a todos los artistas y docentes por este gran nivel! Tui suena mejor que nunca.
37 0
1 month ago
Música e Talento nas Festas de San Telmo! Este mércores e xoves, Tui énchese de melodías co alumnado do noso Conservatorio Elemental e Profesional e da Escola de Música Municipal. Non hai mellor plan para estas festas que vir apoiar aos novos talentos da nosa cidade! Apunta ben os detalles para non perder nada: 📍 Onde? Edificio Cultural (Rúa Camilo José Cela). 🗓️ Cando? Hoxe, mércores 8, e mañá, xoves 9 de abril. 🕕 Hora: Ás 18:00 h. 🎟️ Entrada: De balde (ata completar a capacidade do espazo). Vén desfrutar de dous concertos únicos cargados de ilusión e traballo. O esforzo destes mozos e mozas merece o noso aplauso! 👏✨ Agardámoste para vivir a música en directo! 🎵🙌
19 0
1 month ago
🎵 El talento y la reivindicación se dieron la mano en Tui 💜 El pasado viernes 6 de marzo, el Teatro del Edificio Francisco Sánchez se llenó de música y significado para conmemorar el Día de la Mujer. Fue una jornada inolvidable donde parte del protagonismo recayó en el alumnado del Conservatorio Profesional y Elemental de Música de Tui. Queremos destacar la brillantez de todas las actuaciones. Nuestros músicos interpretaron con una sensibilidad exquisita obras de mujeres compositoras, rescatando del olvido piezas fundamentales y dándoles la voz que merecen. 🎹🎻 Más allá de la técnica, este acto es el reflejo de la labor que realizamos día a día en el centro. En el Conservatorio de Tui no solo formamos músicos; trabajamos con el compromiso firme de ofrecer una educación integral basada en valores, donde la igualdad y el reconocimiento del talento femenino son pilares fundamentales. ¡Enhorabuena a todo el alumnado y profesorado por el excelente trabajo realizado! Gracias por hacernos vibrar y por demostrar que la música es una de las herramientas más potentes para cambiar la sociedad!
26 0
2 months ago
Orgullo e música no noso Conservatorio! 🎶 Temos o inmenso pracer de convidarvos ao concerto que ofrecerá a nosa querida exalumna María Fernández Iglesias o vindeiro mércores 11 de marzo ás 20:30h na Sala de Audicións do CMUS Profesional de Tui. Para nós é unha alegría constante seguir os seus pasos agora que continúa a súa formación no Conservatorio Superior de Música de Vigo. María sempre foi unha alumna excepcional, e hoxe é unha realidade ver nela a unha clarinetista de altísimo nivel. Quen se achegue poderá gozar dunha interpretación marcada por unha madurez interpretativa fóra do común, unha técnica brillante e, sobre todo, esa sensibilidade musical que sempre a fixo destacar dende o primeiro día que entrou polas nosas portas. 📍 Lugar: Sala de Audicións do CMUS Profesional de Tui. 📅 Data: Mércores, 11 de marzo. 🕗 Hora: 20:30hs. 🎟 Entrada: De balde (ata completar aforo). Non perdades a oportunidade de escoitar a unha das nosas grandes promesas. Agardámosvos!
67 1
2 months ago
7 0
2 months ago
UN ADIÓS DESDE EL CORAZÓN DEL CONSERVATORIO DE TUI! Hoy nuestras aulas y pasillos guardan un silencio que duele. El pasado viernes nos dejó Severino Novas, y con él se va una parte de la alegría y el alma de nuestro Conservatorio Profesional de Música de Tui. Hablar de Seve es hablar de una calidad humana excepcional. Quienes tuvimos la suerte de compartir clases, ensayos y charlas con él, sabemos que su presencia iluminaba cualquier rincón. Pero, por encima de todo, recordaremos su talento innato para la gaita: tenía ese don especial de hacer hablar al instrumento, de transmitir nuestras raíces con una sensibilidad que solo los grandes poseen. Lo que más nos conmueve y nos queda como lección de vida es su fuerza inagotable. Afrontó cada día con una energía y un optimismo admirables, manteniendo esa chispa hasta el último momento. Su coraje es, desde hoy, un ejemplo para todos los que formamos esta familia musical. Este es un golpe durísimo para su familia y también para nuestro centro. La comunidad educativa, profesores y compañeros estamos desolados, pero nos comprometemos a mantener vivo su recuerdo en cada nota que suene en este conservatorio. Descansa en paz, compañero! Que el sonido de tu gaita resuene siempre en lo más alto!!
55 0
2 months ago
O concerto de celebración do 14º aniversario da Eurocidade Tui–Valença, celebrado o pasado sábado 7 de febreiro, converteuse nun auténtico escaparate de talento, sensibilidade artística e profesionalidade. A programación, coidada ao detalle, amosou unha vez máis a capacidade da Eurocidade para unir culturas a través da música e para ofrecer ao público experiencias memorables coa colaboración do alumnado da Academia de música de Valença e do Conservatorio de música de Tui. Un dos momentos máis destacados da xornada chegou da man do alumnado do Conservatorio Profesional e Elemental de Música de Tui, que brillou cun nivel interpretativo extraordinario. A súa presenza no escenario foi unha demostración clara de que a formación musical na comarca vive un momento de esplendor. O "Conxunto de Gaitas do Grao Profesional" encheu o espazo cun son poderoso, elegante e profundamente enraizado na tradición galega. As súas interpretacións, cheas de matices e dunha afinación impecable, emocionaron ao público e puxeron en valor a riqueza do noso patrimonio musical. Cada peza foi executada cunha madurez sorprendente, deixando patente o rigor e o traballo constante do grupo. Pola súa banda, a "Big Band do Grao Elemental" achegou frescura, modernidade e unha enerxía contaxiosa. A súa interpretación de repertorio moderno, con arranxos dinámicos e unha cohesión sonora admirable, fixo vibrar ao auditorio. Resultou especialmente destacable a seguridade coa que o alumnado afrontou estilos complexos, demostrando unha versatilidade pouco habitual en formacións tan novas. Ambas agrupacións deixaron claro que o Conservatorio de Tui é un referente na formación musical, capaz de combinar tradición e innovación cun nivel artístico excepcional. En conxunto, o concerto foi unha celebración perfecta: emotiva, profesional e chea de talento. Un aniversario á altura da importancia cultural e humana da Eurocidade Tui–Valença. NORABOA A TOD@S OS PARTICIPANTES!
29 0
3 months ago