Concello Sada

@concellosada

👥 Conta oficial do Concello de Sada .. 📍Infórmate, participa, cóntanos!
Followers
7,862
Following
220
Account Insight
Score
33.64%
Index
Health Rate
%
Users Ratio
36:1
Weeks posts
🔶DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026🔶 A gran festa da cultura galega naceu en 1963. A Real Academia Galega elixiu como homenaxeada para aquela primeira edición a Rosalía de Castro, a autora fundacional das letras galegas contemporáneas, cadrando co centenario da publicación de Follas novas. Un ano despois nacía en Vigo Begoña Caamaño, a protagonista deste 17 de maio. 🔹Como escritora, o seu debut foi tardío, aos 45 anos de idade, e a súa carreira viuse truncada polo seu prematuro falecemento por mor dun cancro cando acababa de facer os 50. Pero as dúas novelas que publicou, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), merecen un lugar destacado nas letras galegas contemporáneas, tanto polo seu talle literario e lingüístico e a súa amenidade coma pola capacidade de reflexión sobre os grandes temas universais, dende o amor, a liberdade e a morte ata cuestións éticas, políticas e sociais. 🔹Dende o Concello de Sada celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS lembrando á homenaxeada e tamébn lembrando que a nosa lingua é a nosa alma, é o que nos une, é a voz que nos define.
23 0
1 hour ago
🔶A VERBENA GALEGA ENCHE A CASA DA CULTURA DE SADA🔶 A Casa da Cultura viviu esta tarde unha desas citas nas que a música conecta con todo o público. O concerto da Banda de Música de Sada polo Día das Letras Galegas, “Homenaxe á verbena en galego”, reuniu a centos de persoas arredor dun repertorio cheo de cancións, lembranzas e música popular galega. 🔹Dirixido por Miguel Brea Seoane e coa participación de Alberto Dopico, o concerto fixo que máis dun e dunha acompañase as cancións desde a butaca, seguindo o ritmo e mesmo cantando algunhas das pezas. 🔹“Para min vir a Sada é xogar na casa. A verbena é patrimonio da nosa cultura”, destacou Alberto Dopico durante unha actuación na que tamén houbo lembranzas para figuras como Pucho Boedo ou Los Tamara.
47 1
14 hours ago
🔶DÍA DAS LETRAS GALEGAS SADA 2026 - FESTIVAL MÚSICA TRADICIONAL🔶 Dentro dos eventos programados pola concellería de Cltura para o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026 mañá domingo 17 de maio ás 17:00 na Praza Suárez Picallo terá lugar o FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL coas agrupacións Nova Troula, Queiroa e A Meda do Castro e concerto remate fin de festa coa formación de pandereteiras Bouba. ℹ ENTRADA LIBRE. En caso de tempo desfavorable, a actividade se trasladará ao Auditorio da Casa da Cultura
24 0
21 hours ago
🔶DÍA DAS LETRAS GALEGAS - CONCERTO HOMENAXE Á VERBENA EN GALEGO A CARGO DA BANDA DE MÚSICA DE SADA🔶 Dentro dos eventos programados pola concellería de Cultura con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS o sábado 16 de maio ás 19:30 na Casa da Cultura terá lugar o CONCERTO HOMENAXE Á VERBENA EN GALEGO a cargo da BANDA DE MÚSICA DE SADA. 🔹Cantante: Alberto Dopico. 🔹DIRIXE:,Miguel Brea Seoane 🔹Música de Reveriano Soutullo, Simón Couceiro,Prudencio Romo. 🥹 LEMBRANDO A PUCHO BOEDO E "LOS TAMARA
13 0
23 hours ago
🔶ORGULLO DO DEPORTE SADENSE🔶 Mañá domingo 17 de maio as 18:00 no campo de fútbol municipal As Mariñas-AndrésPena temos unha cita importantísima. O @sada_cf pode voltar a PRIMEIRA FUTGAL !!!! O encontro será contra o MARINO DE MERA CF e unha victoria so SADA CF aseguraría o ascenso matemáticamente. Dende o club piden o apoio da afición para que vaian vestidos de COR BRANCO e encher o Municipal de As Mariñas-Andrés Pena para apoiar ao equipo. Ademáis haberá unha homenaxe ao fítbol base na previa do partido. 💪💪💪 FORZA SADA!!!
29 0
1 day ago
🔶LETRAS GALEGAS SADA 2026 - OBRADOIRO MUSICAL ESPECIAL BEGOÑA CAAMAÑO🔶 Dentro dos eventos programados pola concellería de Cultura con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS hoxe sábado 16 de maio ás 12:30 na Casa da Cultura terá lugar un Obradoiro Musical coa cantante Sheila Patricia para nen@s a partir de 3 anos. 🔹Trátase dun proxecto escénico e educativo no que a música en directo se fusiona coa narrativa e os recursos audiovisuais, creando unha atmosfera envolvente pensada especialmente para o público infantil. A través desta proposta, as crianzas poderán achegarse á figura homenaxeada no ano 2026 desde unha perspectiva adaptada á súa idade, lúdica e accesible. 🔹A cantante Sheila Patricia interpreta pezas orixinais e propias, guiando ao público nun percorrido biográfico arredor da persoa homenaxeada, así como sobre o significado e a orixe do Día das Letras Galegas. 🔹Como elemento inovador, o espectáculo incorpora dinámicas e recursos interactivos que fomentan a participación activa das crianzas, converténdoas en parte esencial da experiencia. 🔹Público destinatario: a partir de 3 anos 🔹Duración: 60 minutos ℹ ENTRADA LIBRE
4 0
1 day ago
🔶DÍA DAS LETRAS GALEGAS SADA 2026🔶 A Concellería de Cultura programa este fin de semana diversos eventos para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026 PROGRAMA 🔹 Hoxe sábado 16 de maio ás 12:30 na Casa da Cultura: Obradoiro "Letras Galegas Pequeniñas" especial Begoña Caamaño. Espectáculo narrativo-musical coa artista Sheila Patricia deseñado para achegar a figura da homenaxeada nas Letras Galegas 2026 ao público infantil (recomendado +3 anos). Duración aproximada de 60 minutos. 🔹Hoxe sábado 16 de maio ás 19:30 na Casa da Cultura: Concerto da Banda Municipal polo Día das Letras Galegas: "Homenaxe á Verbena en Galego". Cantante Alberto Dopico, Entrada libre ata completar aforo. 🔹Mañá domingo 17 de maio ás 17:00 na Praza Suárez Picallo: Festival de música tradicional coas agrupacións Nova Troula, Queiroa e A Meda do Castro. Concerto remate fin de festa coa formación de pandereteiras Bouba. En caso de tempo desfavorable, a actividade será trasladada ao Auditorio da Casa da Cultur
9 0
1 day ago
🔶CURSOS DE FORMACIÓN EN SADA🔶 A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora con diversas institucións e estamentos para ofertar distintas accións formativas 🔹O pasado 11 de maio comezou o curso de INTRODUCIÓN Á XESTIÓN ADMINISTRATIVA E FINANCEIRA DIXITAL dirixido a persoas que se atopen entre os 45 e 60 anos (inclusive) e que se atopen en situación de desemprego ou inactividade laboral co obxetivo de adquirir os coñecementos crave para traballar no ámbito administrativo e desenvolverte con certeza en contornas de oficina actuais. 🔹Próximamente celebraranse os seguintes cursos e talleres nas dependencias formativas de Sada. - CURSO GRATUITO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS - TALLER COMO USAR AS REDES SOCIAIS PARA CONSEGUIR CLIENTES - PROBAS LIBRES PRESENCIAIS PARA A OBTENCIÓN DO COMDIX INICIACIÓN ℹMÁIS INFORMACIÓN NA WEB MUNICIPAL DE EMPREGO - https://www.aedlsada.gal/gl/actualidad/
53 0
1 day ago
🔶LETRAS GALEGAS - CONCERTO HOMENAXE Á VERBENA EN GALEGO A CARGO DA BANDA DE MÚSICA DE SADA🔶 Dentro dos eventos programados pola concellería de Cultura con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS mañá sábado 16 de maio ás 19:30 na Casa da Cultura terá lugar o CONCERTO HOMENAXE Á VERBENA EN GALEGO a cargo da BANDA DE MÚSICA DE SADA. 🔹Cantante: Alberto Dopico. 🔹DIRIXE:,Miguel Brea Seoane 🔹Música de Reveriano Soutullo, Simón Couceiro,Prudencio Romo. 🥹 LEMBRANDO A PUCHO BOEDO E "LOS TAMARA"
12 0
1 day ago
🔶TALLER EN SADA: COMO USAR AS REDES SOCIAIS PARA CONSEGUIR CLIENTES🔶 A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) colabora co Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol na organización do obradoiro práctico de cómo utilizar as redes sociais para gañar clientes. 🔹Tes un negocio ou unha idea emprendedora e non sabes como darte a coñecer en redes sociais? Este taller é para ti. Formación 100% práctica e pensada para persoas sen experiencia previa, onde aprenderás a usar as redes sociais dun xeito sinxelo e eficaz para facer medrar o teu proxecto. Aprende a usar Instagram, Facebook e outras redes sociais de forma estratéxica. 🔹Aprenderás a mostrar o teu negocio de forma atractiva, saberás que contido publicar e como facelo funcionar e descubrirás como converter publicacións en clientes reais. Non necesitas coñecementos previos. Só ganas de facer medrar o teu proxecto. ℹMáis información e inscripcións neste ENLACE - https://acortar.link/80wCf7
6 0
1 day ago
🔶LETRAS GALEGAS SADA 2026 - OBRADOIRO MUSICAL ESPECIAL BEGOÑA CAAMAÑO🔶 Dentro dos eventos programados pola concellería de Cultura con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS mañá sábado 16 de maio ás 12:30 na Casa da Cultura terá lugar un Obradoiro Musical coa cantante Sheila Patricia para nen@s a partir de 3 anos. 🔹Trátase dun proxecto escénico e educativo no que a música en directo se fusiona coa narrativa e os recursos audiovisuais, creando unha atmosfera envolvente pensada especialmente para o público infantil. A través desta proposta, as crianzas poderán achegarse á figura homenaxeada no ano 2026 desde unha perspectiva adaptada á súa idade, lúdica e accesible. 🔹A cantante Sheila Patricia interpreta pezas orixinais e propias, guiando ao público nun percorrido biográfico arredor da persoa homenaxeada, así como sobre o significado e a orixe do Día das Letras Galegas. 🔹Como elemento inovador, o espectáculo incorpora dinámicas e recursos interactivos que fomentan a participación activa das crianzas, converténdoas en parte esencial da experiencia. 🔹Público destinatario: a partir de 3 anos 🔹Duración: 60 minutos ℹ ENTRADA LIBRE
8 0
1 day ago
🔶CURSO GRATUITO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS🔶 A Concellería de benestar social e igualdade e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de emprego e desenvolvemento local (AEDL) organiza no marco do Plan de Formación Municipal para o Emprego (FORME) un curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, de 370 h. de duración, na modalidade de teleformación, para realizar a acreditación das competencias profesionais de cara a súa inserción ou mellora laboral neste sector. 🔹Dirixido preferentemente ás persoas empadroadas en Sada e usuarias inscritas na AEDL e que cumpran os requisitos para o procedemento da acreditación. 🔹Datas: do 01/06/2026 ao 15/10/2026 🔹Modalidad: Teleformación 🔹Plazas: 20 🔹Prazo de inscrición: ata o miércoles 27 de maio ás 14 h. ℹ Máis información na AEDL, no móbil ou WhatsApp 620 765 150 Se lle interesa, pode inscribirse neste ENLACE - https://acortar.link/27fF3t
8 0
1 day ago