📚🎶 𝐕𝐢𝐯𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫𝐚́ 𝐚𝐬 𝐋𝐞𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐬 𝐜𝐮𝐧 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝟏𝟓 𝐚𝐨 𝟏𝟕 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨
O Concello de Viveiro desenvolverá unha programación especial con motivo das Letras Galegas que incluirá obradoiros, música, teatro, conferencias e propostas de animación cultural en distintos espazos do municipio.
📅 A programación arrancará o venres 15 de maio cun obradoiro de lettering na Biblioteca Municipal, as II Xornadas de Violoncello no Conservatorio e unha homenaxe a Hernán Naval no Teatro Pastor Díaz.
🎶 O sábado 16 haberá actuacións musicais na Praza Maior, concerto de violonchelos e teatro coa representación de “Oficina de Emprego”, a cargo do Grupo de Teatro de Aspanane.
📖 O domingo 17 celebrarase a interpretación do himno galego e a actuación da Coral Alborada na Praza Maior, ademais da presenza de librarías na rúa e da representación teatral “Begoña Caamaño. O transgredir das ondas".
✨ Un programa pensado para promover a lingua e a cultura galegas a través da música, da literatura, da escena e da participación cidadá.
🚧 𝐎 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐯𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐢𝐦𝐩𝐮𝐥𝐬𝐚 𝐚𝐬 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐪𝐮𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐯𝐢𝐫 𝐢𝐧𝐮𝐧𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬
As obras de reforma no barrio da Xunqueira para minimizar o risco de inundacións no río Fontecova xa están en marcha. A actuación, iniciada esta semana, conta cun investimento de preto de 800.000 euros financiados pola Xunta (Augas de Galicia), a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro.
A alcaldesa, Mariña Gueimunde, destacou que o Goberno local priorizou a tramitación das expropiacións necesarias para desbloquear un proxecto “fundamental para a seguridade da veciñanza” e poder iniciar canto antes os traballos.
🌧️ O obxectivo da intervención é mellorar a capacidade hidráulica do río Fontecova e reducir o risco de inundacións nunha zona especialmente afectada polas riadas de 2018.
🏗️ A actuación permitirá avanzar na protección e seguridade do barrio da Xunqueira a través dunha obra considerada estratéxica para o municipio.
⚠️ Ademais, desde o luns cortarase temporalmente o acceso polo Camiño de Fontecova para avanzar nos traballos de demolición e construción de novos muros dentro das obras da Xunqueira. O acceso peonil ás vivendas estará garantido en todo momento.
#ConcellodeViveiro #Viveiro #Xunqueira #Obras
📢 𝐀𝐯𝐢𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞𝐧 𝐂𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐨
Informamos de que se están levando a cabo tarefas de limpeza na rede de sumidoiros da Rúa do Porto. 🛠️
Este tipo de labores preventivos son esenciais para manter as nosas rúas nas mellores condicións. Grazas pola vosa colaboración e comprensión.
#Viveiro #Celeiro #ConcellodeViveiro
✨ 𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐨 𝐧𝐨𝐬𝐨 𝐞𝐧𝐭𝐨𝐫𝐧𝐨: 𝐧𝐨𝐯𝐨𝐬 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐧𝐨 𝐏𝐚𝐫𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐞 𝐏𝐚𝐫𝐪𝐮𝐞𝐦𝐚𝐫
Continuamos traballando para que os espazos públicos de Viveiro estean nas mellores condicións. Recentemente, levamos a cabo diversas actuacións de mellora e posta a punto do mobiliario urbano na zona do Parque de Parquemar. Estes traballos teñen como obxectivo garantir que as nosas veciñas e veciños poidan gozar de espazos de lecer cómodos, coidados e seguros. 🛠️🌳
#ConcellodeViveiro #Viveiro #Parquemar
📅 𝐀𝐱𝐞𝐧𝐝𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨́𝐱𝐢𝐦𝐨𝐬 𝐝𝐢́𝐚𝐬 𝐞𝐧 𝐕𝐢𝐯𝐞𝐢𝐫𝐨
🎨📚 𝐄𝐱𝐩𝐨𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 “𝐃𝐞𝐬𝐞𝐧̃𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐚”
📍 Sala multiusos do Concello
🔹 Xoves 14 | 18:30 h
Obradoiro de Palitroques, a cargo do CEP Lois Tobío.
🔹 Venres 15 | 18:30 h
Clausura da exposición organizada pola Microrrede Plambe da Mariña.
🗣️ 𝐂𝐡𝐚𝐫𝐥𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐬: “𝐀𝐝𝐨𝐥𝐞𝐬𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞 𝐨𝐜𝐢𝐨 𝐧𝐨𝐜𝐭𝐮𝐫𝐧𝐨”
📍 IES María Sarmiento
📅 Venres 15 | 17:00 a 19:00 h
Con Martín Camba Conde, Policía Local de Santiago. Un encontro para abordar cuestións relacionadas co consumo de alcohol, os botellóns e a educación no ámbito familiar.
📚🎶 𝐋𝐞𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐬 𝟐𝟎𝟐𝟔
🔹 Venres 15
✏️ Obradoiro de lettering na Biblioteca Municipal
🎻 II Xornadas de Violoncello no Conservatorio
🎭 Homenaxe a Hernán Naval no Teatro Pastor Díaz
🔹 Sábado 16
🎶 Actuacións musicais na Praza Maior
🎼 Concerto de violonchelos
🎭 Teatro: “Oficina de Emprego”, a cargo de Aspanane
🔹 Domingo 17
👉🏻 Interpretación do himno galego na Praza Maior
🎶 Actuación da Coral Alborada
📚 Librarías na rúa
🎭 Representación de “Begoña Caamaño. O transgredir das ondas”
⚽ E tamén partido de fútbol o sábado e domingo no campo Marcos Gómez.
#ConcellodeViveiro #Viveiro #Axenda
𝐂𝐡𝐚𝐫𝐥𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐬: 𝐀𝐝𝐨𝐥𝐞𝐬𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞 𝐨𝐜𝐢𝐨 𝐧𝐨𝐜𝐭𝐮𝐫𝐧𝐨 🗣️🛑
Tes fillos/as adolescentes? Este venres 15 de maio tes unha cita importante no IES María Sarmiento para aprender a abordar temas clave:
🔹 Nova normativa sobre alcohol e límites de idade.
🔹 Botellóns e responsabilidades.
🔹 Consellos sobre como falalo na casa.
👉 Con Martín Camba Conde (Policía Local de Santiago). De 17:00 a 19:00h no Salón de actos do IES María Sarmiento.
Organiza a ANPA e o IES María Sarmiento.
#Viveiro #ConcellodeViveiro #Prevencion
𝐏𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚 𝐧𝐮𝐧 𝐞𝐬𝐭𝐮𝐝𝐨 𝐬𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐡𝐚́𝐛𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚
A Universidade de Vigo está a realizar unha enquisa sobre hábitos, motivacións e necesidades deportivas da poboación silver en Galicia. A túa participación é fundamental para axudar a crear servizos deportivos máis accesibles, inclusivos e adaptados ás necesidades reais das persoas de 50 a 65 anos.
✅ Enquisa anónima e confidencial
⏱️ Só che levará 10 minutos
📍 Investigación desenvolvida polo Grupo de Investigación GIES10 da Universidade de Vigo
📲 Escanea o código QR do cartel e participa!
💙 Cada resposta conta para mellorar o deporte en Galicia.
#ConcellodeViveiro #Viveiro #Enquisa #Deporte
🎨📚 𝐕𝐢𝐯𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐚𝐜𝐨𝐥𝐥𝐞 𝐚 𝐞𝐱𝐩𝐨𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 “𝐃𝐞𝐬𝐞𝐧̃𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐚”
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, e a concelleira Saray Ventura asistiron á inauguración da exposición “Deseñando a Mariña”, organizada polas bibliotecas escolares PLAMBE que integran a Microrrede da Mariña.
🖼️ A mostra reúne dez obras elaboradas polos centros participantes, ademais dunha creación colaborativa.
📍 Salón Multiusos do Concello de Viveiro
🕡 De 18:30 a 20:00 horas
Poderá visitarse ata o 15 de maio
Desde o Concello quérese poñer en valor esta iniciativa cultural e educativa que promove a creatividade, o traballo colaborativo e a dinamización da lingua galega entre a comunidade escolar da comarca.
#ConcellodeViveiro #Viveiro #Exposición
🚱 𝐀𝐯𝐢𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐚𝐮𝐠𝐚 𝐞𝐧 𝐯𝐚𝐫𝐢𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐯𝐞𝐢𝐫𝐨
O Concello informa de que mañá se producirá un corte no subministro de auga con motivo das obras de abastecemento que se están a executar en Landrove.
🕘 A interrupción do servizo está prevista entre as 9:00 e as 15:00 horas aproximadamente.
📍 As parroquias afectadas serán:
▪️ Chavín
▪️ San Pedro
▪️ Valcarría
▪️ Landrove
▪️ Galdo
▪️ Magazos ata Ruanova
👉 Recoméndase á veciñanza tomar as medidas oportunas durante esa franxa horaria.
Desde o Concello agradécese a comprensión ante as molestias ocasionadas por esta actuación necesaria para seguir mellorando a rede de abastecemento municipal.
#ConcellodeViveiro #Viveiro #Corte #Auga
📢 𝗡𝗼𝘃𝗮 𝗰𝗵𝗮𝗿𝗹𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝗲𝗻 𝗩𝗶𝘃𝗲𝗶𝗿𝗼!
Dende o Centro de Formación e Recursos de Lugo e o Concello de Viveiro, convidámosvos a participar nunha nova sesión do noso ciclo de charlas pensado para o benestar das nosas familias.
Desta volta, trataremos un tema fundamental para a saúde e o futuro dos nosos fillos e fillas: a prevención de adiccións.
🗓️ Datos do evento:
👦🏽👧🏼Tema: Prevención de adiccións na mocidade.
👩🏼🏫Relatora: Mª Teresa Lanza (Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela).
🗓️Cando? Mañá, martes 12 de maio.
⌚Hora: ás 19:00 h.
📍Onde? Conservatorio de Música de Viveiro.
💡 Información importante:
🎟️ Entrada: De balde e gratuíta.
⚠️ Aforo: Limitado ata completar os sitios dispoñibles.
Non faltedes!
#Viveiro #Formación #Familias #Prevención #Mocidade #ConcelloDeViveiro #Lugo
🐴¡𝗚𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗼 𝗗𝗶́𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗠𝗮𝘂𝗹𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟲!
Dende o Concello de Viveiro queremos agradecer o esforzo de todas as persoas e entidades que converteron esta xornada nun éxito de tradición e convivencia:
👉🏼Á Xunta de Galicia e á Conselleira do Medio Rural pola súa presenza e apoio.
👉🏼A ASOPROCEL e Nando pola exquisita degustación de Porco Celta.
👉🏼A Luis Pérez pola excelente organización do partido feminino.
👉🏼A Darío e á Brigada de Obras polo seu traballo indispensable.
👉🏼A Ponte de Pau, Casa Fanego e a todos os colaboradores e veciños que sumastes o voso gran de area.
🙏🏼Grazas por manter vivas as nosas raíces. ¡Viva o Día das Maulas! 🥂✨
#Viveiro #DíaDasMaulas #Galicia #Tradición #ConcelloDeViveiro
⚽️ ¡𝗚𝗿𝗮𝗻 𝘁𝗮𝗿𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗳𝘂́𝘁𝗯𝗼𝗹 𝗳𝗲𝗺𝗶𝗻𝗶𝗻𝗼 𝗻𝗼 𝗧𝗿𝗮𝘀𝘃𝗶́𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗱𝗼!
Onte vivimos un derbi emocionante no marco do Día das Maulas. O Trasvías levou a vitoria fronte ao Internacional de Galdo nun partido cheo de talento e deportividade. 🏆
Ao rematar, celebramos a entrega de premios para recoñecer o esforzo de todas as xogadoras. Grazas a Luis Pérez, o panadeiro de Galdo, pola organización e a todos os que viñestes animar dende a banda!
#Viveiro #FútbolFeminino #Galdo #DíaDasMaulas2026 #DeporteLocal