🎶 Está tarde, no Auditorio Municipal, temos unha cita coa música e co grupo The Crass.
Vinde a desfrutar do folk a partir das 20:30 e con entrada de balde!!!
A música de Galicia e en galego soou como nunca no Auditorio Municipal da man do Festivalga, unha gran celebración organizada polo CRA e coa que as escolas rurais de Valga se sumaron ás celebracións do Día das Letras Galegas.
Foron cantidade as candidaturas musicais que se presentaron ao festival e do heteroxéneo: dende cancións tradicionais que todos cantaruxamos nalgunha ocasión, coma a Rianxeira, Xirarei de Xil Ríos, o Galo de Pili Pampín ou o Pirimpimpín; ata propostas más actuais con artistas coma Ortiga, Fillas de Casandra, Mondra ou 9Louro. E, por suposto, unha boa dose de cancións da xeneración Xabarín Club.
Algunhas delas interpretáronas en directo os alumnos das escolas de Valga, que subiron ao escenario caracterizados ao máis puro estilo galego. As nenas de Chenlo bailaron A Rianxeira; os cativos de Campaña berraron alto o “Churras, churras” de Heredeiros da Crus; e os de Ferreirós interpretaron “Quero Xamón” de Aerolíneas Federales. En Vilarello apostaron por “Mazarocas”, de Mondra e Baiuca; os rapaces do Forno dérono todo con “Estou na lavadora”, do Caimán do río Tea, e, por último, Xanza cantou “Kiwis”, de Brais das Hortas.
A concelleira Malena Isorna asistiu como representante do Concello á entrega de agasallos aos participantes, entre os que estiveron representantes doutros colectivos e entidades valguesas coma a asociación Asdivalu, o colexio Xesús Ferro Couselo ou o Centro de Día.
Unha explosión de cores invade durante este mes o Auditorio da man da exposición “Vidro con arte” de Sonia Carbia. Son as diferentes tonalidades de cada peza de cristal e o reflexo da luz neles o que provocan esta mestura cromática que chama á vista.
Todas son artesanais e 𝙛𝙚𝙞𝙩𝙖𝙨 𝙖 𝙢𝙖𝙣 coa técnica Tiffany, na que se empregan 𝙥𝙚𝙦𝙪𝙚𝙣𝙤𝙨 𝙖𝙣𝙖𝙘𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙫𝙞𝙙𝙧𝙤 de diferentes cores que despois se unen mediante 𝙨𝙤𝙡𝙙𝙖𝙙𝙪𝙧𝙖 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙧 𝙪𝙣 𝙢𝙤𝙨𝙖𝙞𝙘𝙤. Sonia Carbia Torres, nada en Pontecesures pero con moita relación con Valga, é unha experta nesta técnica. Tanto que é a mestra do curso que dende fai anos desenvolve a asociación de Mulleres Rurais Albor. Moitas das súas alumnas acompañárona onte nunha visita á exposición na que tamén participaron 𝙤 𝙖𝙡𝙘𝙖𝙡𝙙𝙚, 𝙅𝙤𝙨𝙚́ 𝙈𝙖𝙧𝙞́𝙖 𝘽𝙚𝙡𝙡𝙤 𝙈𝙖𝙣𝙚𝙞𝙧𝙤, 𝙚 𝙖𝙨 𝙘𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙚𝙞𝙧𝙖 𝘾𝙖𝙧𝙢𝙚𝙣 𝙂𝙤́𝙢𝙚𝙯 𝙚 𝙈𝙖𝙡𝙚𝙣𝙖 𝙄𝙨𝙤𝙧𝙣𝙖.
Sonia é capaz de facer con vidro case de todo: bixutería, obxectos decorativos, flores, xoieiros, bolsos, figuras, farois, agasallos para vodas ou aniversarios, marcos para fotos, espellos, decoración de Nadal, vidreiras ou lámpadas. Precisamente 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙙𝙖𝙨 𝙥𝙚𝙯𝙖𝙨 𝙢𝙖́𝙞𝙨 𝙚𝙨𝙥𝙚𝙘𝙩𝙖𝙘𝙪𝙡𝙖𝙧𝙚𝙨 da mostra é 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙡𝙖́𝙢𝙥𝙖𝙙𝙖 𝙘𝙪𝙣 𝙥𝙚́ 𝙛𝙚𝙞𝙩𝙤 𝙖 𝙥𝙖𝙧𝙩𝙞𝙧 𝙙𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙫𝙚𝙡𝙡𝙖 𝙨𝙪𝙡𝙛𝙖𝙩𝙖𝙙𝙤𝙧𝙖. En creacións coma esta, Sonia conta coa colaboración do seu home, Jorge Oliveira, que lle axuda cos acabados, bases, enganches e outros detalles.
A exposición recolle unha selección de traballos realizados dende que, en 2019, comezou a afeccionarse á técnica Tiffany, que require moita dedicación. “É moi traballosa porque 𝙘𝙖𝙙𝙖 𝙥𝙚𝙯𝙖 𝙝𝙖𝙞 𝙦𝙪𝙚 𝙘𝙤𝙧𝙩𝙖𝙡𝙖, 𝙥𝙪𝙡𝙞𝙡𝙖, 𝙚𝙣𝙘𝙞𝙣𝙩𝙖𝙡𝙖 𝙚 𝙨𝙤𝙡𝙙𝙖𝙡𝙖. Pero o resultado paga a pena. Cada peza que remato namórame”, explica a artista. Unha das súas favoritas é a figura da Bella Otero. Tamén cita á Geisha, que “foi unha das que máis me custou porque ten peciñas moi pequenas”.
O alcalde destacou, tralo percorrido pola mostra, que “𝙨𝙤𝙣 𝙥𝙚𝙯𝙖𝙨 𝙣𝙖𝙨 𝙦𝙪𝙚 𝙨𝙚 𝙥𝙚𝙧𝙘𝙞𝙗𝙚 𝙦𝙪𝙚 𝙝𝙖𝙞 𝙢𝙤𝙞𝙩𝙤 𝙩𝙧𝙖𝙗𝙖𝙡𝙡𝙤".
O Auditorio Municipal recibe 𝙚𝙨𝙩𝙚 𝙨𝙖́𝙗𝙖𝙙𝙤, 𝙖 𝙥𝙖𝙧𝙩𝙞𝙧 𝙙𝙖𝙨 𝟮𝟬:𝟯𝟬 𝙝𝙤𝙧𝙖𝙨 e con 𝙚𝙣𝙩𝙧𝙖𝙙𝙖 𝙜𝙧𝙖𝙩𝙪𝙞́𝙩𝙖, ao grupo “The Crass”, que ofrecerá un concerto que promete ser unha “festa rachada” liderada por Álvaro e Suso Costas, que esta mañá estiveron no Auditorio Municipal, para presentar a súa actuación en Valga, que marcará o arranque da súa xira nacional.
“The Crass” é, en palabras dos seus fundadores, “unha aposta polo folk e a 𝙢𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖 𝙙𝙚 𝙧𝙖𝙞́𝙯 𝙥𝙚𝙧𝙤 𝙖𝙙𝙖𝙥𝙩𝙖𝙙𝙖 𝙖𝙤𝙨 𝙩𝙚𝙢𝙥𝙤𝙨 𝙚 𝙖𝙤 𝙥𝙪́𝙗𝙡𝙞𝙘𝙤 𝙖𝙘𝙩𝙪𝙖𝙡”. Destacan, ademais, que a súa é unha 𝙢𝙪́𝙨𝙞𝙘𝙖 “𝙨𝙚𝙣 𝙢𝙖𝙦𝙪𝙞𝙣𝙞𝙡𝙡𝙤𝙨, un folk manufacturado ao instante, pero co mesmo poder que dan os aparellos que agora están de moda”. “Power folk” é a definición que empregan para referirse ao seu repertorio, que recolle músicas das diferentes nacións celtas (𝘽𝙧𝙚𝙩𝙖𝙣̃𝙖, 𝙀𝙨𝙘𝙤𝙘𝙞𝙖, 𝙄𝙧𝙡𝙖𝙣𝙙𝙖, 𝘼𝙨𝙩𝙪𝙧𝙞𝙖𝙨 𝙚 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖) para levar aos espectadores a 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙫𝙞𝙖𝙭𝙚 𝙨𝙤𝙣𝙤𝙧𝙖 𝙘𝙝𝙚𝙖 𝙙𝙚 𝙚𝙣𝙚𝙧𝙭𝙞́𝙖.
O dos irmáns Costas é un proxecto xa consolidado que se remonta a 2010, cando se proclamaron gañadores do concurso Runas, para grupos emerxentes, no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira para grupos emerxentes. No ano 2011 publicaron “Crastañazo”, un álbum co que foron nominados ao mellor directo nos premios “40 Principales” e, despois duns anos de maduración, agora presentan o seu novo traballo “Mushroom Problem”, co mesmo concepto creativo pero cunha posta en escena renovada, “explosiva e moderna” na que introducen novos instrumentos coma o violín.
O 𝙘𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙚𝙞𝙧𝙤 𝙙𝙚 𝘾𝙪𝙡𝙩𝙪𝙧𝙖, 𝙋𝙚𝙙𝙧𝙤 𝘾𝙖𝙡𝙫𝙤, participou esta mañá na presentación do espectáculo e animou a todos os valgueses a achegarse o sábado ao Auditorio para gozar “con este grupo punteiro da música celta en versión do século XXI”. O edil sinalou que esta actuación chega a Valga a través do programa +Música da Deputación de Pontevedra. “Grazas a iniciativas coma esta e a entidades coma a Deputación concellos pequenos coma o noso poden contar con grupos deste nivel”.
ℹ️ Máis información en www.valga.gal
As xornadas “𝘾𝙤𝙣 𝙘𝙤𝙞𝙙𝙖𝙙𝙤”, un programa formativo dirixido a 𝙘𝙤𝙞𝙙𝙖𝙙𝙤𝙧𝙚𝙨 𝙙𝙚 𝙥𝙚𝙧𝙨𝙤𝙖𝙨 𝙙𝙚𝙥𝙚𝙣𝙙𝙚𝙣𝙩𝙚𝙨 promovido polo 𝘾𝙚𝙣𝙩𝙧𝙤 𝙈𝙚́𝙙𝙞𝙘𝙤 𝙙𝙚 𝙑𝙖𝙡𝙜𝙖, coa colaboración do Concello, deron comezo onte no Auditorio coa participación dunhas vinte e cinco persoas, a maioría coidadoras non profesionais que están ao cargo de familiares maiores ou dependentes, pero tamén algunhas traballadoras de axuda a domicilio.
O obxectivo é que aprendan e se formen, pero tamén que saian, por momentos, dese rol de coidadoras e atopen ocos para as relacións sociais, para desafogarse e para sentirse apoiadas e acompañadas.
Esta actividade, que é gratuíta, desenvolverase en catro sesións, os martes pola tarde ata comezos do mes de xuño. A xornada inaugural incluíu dinámicas de presentación dos participantes, reflexións sobre o 𝙦𝙪𝙚 𝙨𝙞𝙜𝙣𝙞𝙛𝙞𝙘𝙖 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙚𝙡𝙚𝙨 𝙤 𝙚𝙣𝙫𝙚𝙡𝙡𝙚𝙘𝙚𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙚 𝙖 𝙙𝙚𝙥𝙚𝙣𝙙𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙚 𝙚𝙭𝙥𝙡𝙞𝙘𝙖́𝙧𝙤𝙣𝙨𝙚, 𝙩𝙖𝙢𝙚́𝙣, 𝙤𝙨 𝙧𝙚𝙘𝙪𝙧𝙨𝙤𝙨 𝙙𝙤𝙨 𝙦𝙪𝙚 𝙙𝙞𝙨𝙥𝙤́𝙣 𝙤 𝘾𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙤 𝙚𝙣𝙛𝙤𝙘𝙖𝙙𝙤𝙨 𝙖 𝙨𝙚𝙘𝙩𝙤𝙧 𝙥𝙤𝙗𝙤𝙖𝙘𝙞𝙤𝙣𝙖𝙡
. O traballador social municipal Francisco Javier Gómez foi o encargado desta presentación.
O vindeiro martes centrarase na 𝙖𝙡𝙞𝙢𝙚𝙣𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙚 𝙣𝙪𝙩𝙧𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 de persoas dependentes, tratando problemáticas coma a disfaxia e o afogamento, entre outras. Tamén se abordarán os 𝙘𝙤𝙞𝙙𝙖𝙙𝙤𝙨 𝙙𝙖 𝙥𝙚𝙡 (cueiros e incontinencia; úlceras e a súa prevención) cunha enfermeira.
O 26 de maio terá lugar a penúltima xornada sobre 𝙥𝙧𝙚𝙫𝙚𝙣𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙘𝙖𝙞́𝙙𝙖𝙨, dispositivos de apoio á deambulación e a importancia da actividade física tanto para as persoas dependentes coma para os propios coidadores. Esta sesión estará impartida por un fisioterapeuta e un adestrador.
Para clausurar o programa, a doutora do Centro de Saúde de Valga Ana Bravo falará sobre 𝙥𝙧𝙞𝙢𝙚𝙞𝙧𝙤𝙨 𝙖𝙪𝙭𝙞𝙡𝙞𝙤𝙨 e unha psicóloga ofrecerá consellos de autocoidados.
ℹ️ Máis información en www.valga.gal
A biblioteca Padre Isorna, no Auditorio Municipal, abriu as súas portas aos xornalistas de La Voz de Galicia, que quixeron escudriñar entre os máis de 15.000 volumes que o franciscano valgués, falecido en 2016, doou ao Concello para abrir a primeira biblioteca pública de Teoloxía de Galicia.
Foi no ano 2009 cando José Manuel Isorna, Fillo Predilecto de Valga, legou ao Concello a súa biblioteca privada. Ademais de numerosísimos libros e traballos sobre teoloxía ou filosofía, tamén incluía literatura histórica, libros de poesía e arte, bibliografías, publicacións propias, enciclopedias, dicionarios, mapas e diverso material audiovisual.
Todo pasou a formar parte do patrimonio cultural valgués e, dende 2011, cando se inaugurou a Biblioteca Padre Isorna, é de acceso público.
Agora, ao cumprirse, o décimo aniversario do pasamento do Padre Isorna, o Concello está a impulsar unha iniciativa para que a súa figura sexa recoñecida nunha das próximas edicións do Día das Letras Galegas.
𝙀𝙎𝙋𝙀𝘾𝙏𝘼́𝘾𝙐𝙇𝙊 𝙄𝙉𝙁𝘼𝙉𝙏𝙄𝙇 𝙉𝙊 𝘼𝙐𝘿𝙄𝙏𝙊𝙍𝙄𝙊 𝙈𝙐𝙉𝙄𝘾𝙄𝙋𝘼𝙇
📅 𝘿𝙖𝙩𝙖: Venres, 15 de maio
🕡 𝙃𝙤𝙧𝙖𝙧𝙞𝙤: 18:30 horas
🎟️ Entrada de balde
Volven os dinosauros 🦖 aos nosos días!
O malvado Katraska e os seus malfeitores quérense apoderar dun misterioso ovo descuberto na Patagonia 🇦🇷 Arxentina. Ariadna e o profesor Florentino Ameghino loitarán por protexer a Xuri, un dinosauro moi peculiar que se mantivo oculto aos ollos 👀 do mundo.
Monifates de gran tamaño e música 🎶 en directo nesta singular e trepidante aventura.
Este espectáculo, a cargo da compañía Teatro Escena, forma parte do programa de animación á lectura 📖 Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Arredor 8️⃣0️⃣ persoas asistiron o venres, no Auditorio Municipal á charla-coloquio sobre a fibromialxia, organizada por doentes que padecen esta enfermidade crónica, que contaron coa colaboración do Concello.
Maite Carrillo, doutora en Neurociencia e Dor; Noelia Samartín, especialista en Psicoloxía Clínica e na abordaxe da dor persistente; e Alejandra Soto, nutricionista; falaron sobre cuestións coma a dor crónica, saúde mental, nutrición e benestar.
Os asistentes, moitos de Valga, pero tamén outros chegados dende Catoira, Pontecesures, Caldas de Reis e incluso Santiago, recibiron un agasallo dos organizadores: un abano 🪭 de encaixe de bolillos confeccionado por Lourdes Conde, presidenta e profesora da Asociación de Palilleiras "A Bella Otero" de Valga.
🤔 𝙎𝘼𝘽𝙄́𝘼𝙎 𝙌𝙐𝙀...
O novo 𝙉𝙤𝙢𝙚𝙣𝙘𝙡𝙖́𝙩𝙤𝙧 𝙙𝙚 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 introduce algunhas 𝙢𝙤𝙙𝙞𝙛𝙞𝙘𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙣𝙖 𝙩𝙤𝙥𝙤𝙣𝙞𝙢𝙞𝙖 𝙙𝙚 𝙑𝙖𝙡𝙜𝙖. As máis salientables, o cambio de denominación dos lugares de Parafita (Xanza) e A Gándara (Cordeiro).
O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega explica os motivos:
👉 𝙋𝙖𝙧𝙖𝙛𝙞𝙩𝙖 (recollido como Pedrafita na anterior versión do Nomenclátor de 2003):
Unha académica do propio Seminario de Onomástica, Ana Boullón, e outros usuarios da plataforma Galicia Nomeada advertiron sobre o 𝙪𝙨𝙤 𝙘𝙤𝙢𝙪́𝙣 𝙙𝙖 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖 𝙋𝙖𝙧𝙖𝙛𝙞𝙩𝙖 para denominar a esta aldea de Xanza e tamén á fervenza do lugar.
Na investigación realizada polo Seminario comprobouse que na documentación antiga dos 𝙨𝙚́𝙘𝙪𝙡𝙤𝙨 𝙓𝙄𝙓 𝙚 𝙓𝙓 𝙖𝙥𝙖𝙧𝙚𝙘𝙚𝙣 𝙨𝙚𝙢𝙥𝙧𝙚 𝙖 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖 𝙋𝙚𝙙𝙧𝙖𝙛𝙞𝙩𝙖 e o castelanismo Piedrafita.
Pero Parafita é actualmente a dominante entre os veciños, na prensa, nas sinais e letreiros das estradas e incluso nalgunha cartografía.
Tendo en conta que 𝙋𝙖𝙧𝙖𝙛𝙞𝙩𝙖 𝙚́ 𝙖 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖 𝙢𝙖𝙞𝙤𝙧𝙞𝙩𝙖𝙧𝙞𝙖 𝙣𝙖 𝙤𝙧𝙖𝙡𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 e que aparece tamén nalgunha da documentación consultada, considerouse oportuno modificar o nome do lugar, quedando oficialmente establecido como Parafita.
👉 𝘼 𝙂𝙖́𝙣𝙙𝙖𝙧𝙖 (recollido como A Gandra no Nomenclátor de 2003).
Foi posto en revisión debido a unha 𝙖𝙡𝙚𝙜𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝘾𝙤𝙣𝙘𝙚𝙡𝙡𝙤, na que comunicaba que o nome da aldea é A Gándara. Nas consultas realizadas pola RAG a 𝙫𝙚𝙘𝙞𝙣̃𝙤𝙨 do lugar rexistráronse 𝙖𝙨 𝙙𝙪́𝙖𝙨 𝙥𝙧𝙤𝙣𝙪𝙣𝙘𝙞𝙖𝙨: 𝘼 𝙂𝙝𝙖𝙣𝙙𝙧𝙖 𝙚 𝘼 𝙂𝙝𝙖́𝙣𝙙𝙖𝙧𝙖 (sempre con gheada).
Nos nomenclátores antigos dos séculos XIX e XX aparece sempre a forma plena, Gándara, sen artigo. E tamén maioritariamente na cartografía consultada.
𝘼𝙤 𝙘𝙤𝙣𝙫𝙞𝙫𝙞𝙧 𝙖𝙨 𝙙𝙪́𝙖𝙨 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙨, o criterio aplicado polo Seminario de Onomástica é 𝙘𝙤𝙣𝙨𝙚𝙧𝙫𝙖𝙧 𝙖 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖 𝙥𝙡𝙚𝙣𝙖, A Gándara, por ser a etimolóxica. A forma Gandra presenta a perda da vogal postónica propia da oralidade.
ℹ️ Consulta o novo Nomenclátor de Galicia: https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/461/467/746
🪴 𝙄𝙉𝙏𝙀𝙍𝙀́𝙎𝘼𝙉𝘾𝙃𝙀 𝘼 𝘼𝙂𝙍𝙊𝙓𝘼𝙍𝘿𝙄𝙉𝘼𝙍𝙄́𝘼 𝙀 𝘼 𝙁𝙇𝙊𝙍𝘼𝙍𝙄́𝘼?
No IES Plurilingüe de Valga podes formarte nestes sectores a través dos seus ciclos de FP da rama agraria:
𝘾𝙞𝙘𝙡𝙤 𝘽𝙖́𝙨𝙞𝙘𝙤 𝙙𝙚 𝘼𝙜𝙧𝙤𝙭𝙖𝙧𝙙𝙞𝙣𝙖𝙧𝙞́𝙖 𝙚 𝘾𝙤𝙢𝙥𝙤𝙨𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙁𝙡𝙤𝙧𝙖𝙞𝙨
🌺 Que se aprende a facer? Elaborar composicións con flores e plantas; realizar operacións auxiliares en cultivos e produción en invernadoiros ou en centros de xardinaría; preparación de terreo e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.
𝘾𝙞𝙘𝙡𝙤 𝙈𝙚𝙙𝙞𝙤 𝙙𝙚 𝙓𝙖𝙧𝙙𝙞𝙣𝙖𝙧𝙞́𝙖 𝙚 𝙁𝙡𝙤𝙧𝙖𝙧𝙞́𝙖
🥀 Que se aprende a facer? Instalar, conservar e restaurar xardíns de exterior e interior, así como pradarías para uso deportivo; realizar actividades de produción de planta e de floraría.
Modalidade DUAL, con prácticas remuneradas dende o 1º curso en empresas da contorna‼️
𝙈𝙖́𝙞𝙨 𝙞𝙣𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙚 𝙢𝙖𝙩𝙧𝙞́𝙘𝙪𝙡𝙖:
☎️ 886 151 980
💻 www.iesdevalga.gal
O @iesdevalga dispón das seguintes 𝙞𝙣𝙨𝙩𝙖𝙡𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 para o desenvolvemento destes ciclos:
✓ Aulas polivalentes e zona TIC
✓ Almacéns dotados de ferramentas e maquinaria de agroxardinaría, fitosanitarios e outros utensilios
✓ Zona de cultivo con parcelas destinadas á produción agraria e de xardinaría, invernadoiro e viveiro.
✓ Zonas de xardín para realizar accións de mantemento
✓ Taller de floraría e maquinaria
✓Campo de prácticas para instalación de xardíns
Remataron as obras de 𝙥𝙖𝙫𝙞𝙢𝙚𝙣𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙚𝙨𝙩𝙧𝙖𝙙𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙩𝙞𝙩𝙪𝙡𝙖𝙧𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙢𝙪𝙣𝙞𝙘𝙞𝙥𝙖𝙡 nas que o Concello investiu 𝟯𝟲𝟬.𝟱𝟭𝟬'𝟯𝟱 𝙚𝙪𝙧𝙤𝙨 do plan +Provincia da Deputación Provincial.
✓ Gándara
✓ Balleas
✓ Porto Piñeiro
✓ Outeiro
✓ Vilarello
✓ Baño
✓ Campo-Xanza
✓ A Torre
✓ Parque empresarial
✓ O Coto
✓ Pumariño
✓ Belén
✓ Devesa - Quinteiro
✓ Fontenlo
✓ Outeiriño
✓ Sisto
✓ Pavillón - Monte de Beiro
Estes son os lugares nos que se executaron as melloras, que afectaron a 𝙢𝙖́𝙞𝙨 𝙙𝙚 𝟰 𝙦𝙪𝙞𝙡𝙤́𝙢𝙚𝙩𝙧𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙥𝙞𝙨𝙩𝙖𝙨 𝙚 𝙚𝙨𝙩𝙧𝙖𝙙𝙖𝙨 que se atopaban en condicións deficientes para a circulación, sendo preciso o seu acondicionamento para reforzar a seguridade tanto para vehículos coma para peóns.
As obras incluíron a limpeza do terreo e das marxes e a 𝙙𝙤𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙣𝙤𝙫𝙤 𝙛𝙞𝙧𝙢𝙚 𝙖𝙨𝙛𝙖́𝙡𝙩𝙞𝙘𝙤 𝙙𝙚 𝙘𝙞𝙣𝙘𝙤 𝙘𝙚𝙣𝙩𝙞́𝙢𝙚𝙩𝙧𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙚𝙨𝙥𝙚𝙨𝙤𝙧 con mestura bituminosa en quente. Nalgúns tramos tamén se actuou nas 𝙘𝙪𝙣𝙚𝙩𝙖𝙨 e repuxéronse 𝙘𝙖𝙣𝙖𝙡𝙞𝙯𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙙𝙚 𝙨𝙚𝙧𝙫𝙞𝙯𝙤𝙨 e outros elementos complementarios coma 𝙥𝙤𝙯𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙧𝙚𝙭𝙞𝙨𝙩𝙧𝙤, 𝙖𝙧𝙦𝙪𝙚𝙩𝙖𝙨 𝙤𝙪 𝙨𝙪𝙢𝙞𝙙𝙤𝙞𝙧𝙤𝙨.
ℹ️ Máis información en www.valga.gal
A 𝙘𝙪𝙗𝙚𝙧𝙩𝙖 𝙙𝙤 𝙥𝙖𝙩𝙞𝙤 𝙚𝙭𝙩𝙚𝙧𝙞𝙤𝙧 𝙙𝙤 𝙘𝙤𝙡𝙚𝙭𝙞𝙤 𝙋𝙡𝙪𝙧𝙞𝙡𝙞𝙣𝙜𝙪̈𝙚 𝙓𝙚𝙨𝙪́𝙨 𝙁𝙚𝙧𝙧𝙤 𝘾𝙤𝙪𝙨𝙚𝙡𝙤 𝙙𝙚 𝘾𝙤𝙧𝙙𝙚𝙞𝙧𝙤 𝙨𝙚𝙧𝙖́ 𝙧𝙚𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙙𝙖 para 𝙖𝙘𝙖𝙗𝙖𝙧 𝙘𝙤𝙖𝙨 𝙛𝙞𝙡𝙩𝙧𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙙𝙚 𝙖𝙪𝙜𝙖 que se producen debido ao deterioro da actual estrutura e que limitan o emprego da pista en xornadas de chuvias.
As obras foron 𝙡𝙞𝙘𝙞𝙩𝙖𝙙𝙖𝙨 𝙖 𝙘𝙤𝙢𝙚𝙯𝙤𝙨 𝙙𝙚𝙨𝙩𝙖 𝙨𝙚𝙢𝙖𝙣𝙖 𝙥𝙤𝙡𝙖 𝘾𝙤𝙣𝙨𝙚𝙡𝙡𝙚𝙧𝙞́𝙖 𝙙𝙚 𝙀𝙙𝙪𝙘𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que realizará un investimento de case 280.000 euros. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o día 20 de maio para as empresas que queiran optar á adxudicación.
A 𝙘𝙪𝙗𝙚𝙧𝙩𝙖 𝙖𝙘𝙩𝙪𝙖𝙡 da pista polideportiva e de recreo do colexio está formada por 𝙘𝙝𝙖𝙥𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙖𝙘𝙚𝙞𝙧𝙤 𝙜𝙖𝙡𝙫𝙖𝙣𝙞𝙯𝙖𝙙𝙤, ancoradas directamente á estrutura de soporte, composta de viguetas prefabricadas de formigón. Nos laterais e na zona de marquesiña o cerramento é de 𝙥𝙡𝙖𝙘𝙖𝙨 𝙩𝙧𝙖𝙣𝙨𝙡𝙪́𝙘𝙞𝙙𝙖𝙨. A cobertura atópase bastante deteriorada, con presenza dalgunhas pezas rotas, o que produce as citadas filtracións de auga.
A actuación prevista pola Consellería consiste na retirada do actual material de cobertura e na demolición de baixantes e canlóns. Substituiranse por 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙣𝙤𝙫𝙖 𝙘𝙤𝙗𝙚𝙧𝙩𝙪𝙧𝙖 𝙙𝙚 𝙥𝙖𝙣𝙚𝙡 𝙨𝙖́𝙣𝙙𝙬𝙞𝙘𝙝 de 50 mm e por placas translúcidas planas de policarbonato celular. Os 𝙣𝙤𝙫𝙤𝙨 𝙘𝙖𝙣𝙡𝙤́𝙣𝙨 𝙚 𝙗𝙖𝙞𝙭𝙖𝙣𝙩𝙚𝙨 colocaranse de chapa de aceiro galvanizado.
ℹ️ Máis información en www.valga.gal